Saving page now... https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180907/AnuncioG0177-290818-0002_gl.html As it appears live August 10, 2020 12:26:14 PM UTC
Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2018 Páx. 40309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de coordinación tecnolóxica avanzada para o fomento das actuacións de desenvolvemento dixital de Galicia, no marco da Axenda Dixital de Galicia 2020 (expediente AMT-2018-0003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo para o asesoramento estratéxico á coordinación e desenvolvemento das diferentes actuacións no marco da Axenda Dixital de Galicia 2020.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 3.1.2018.

DOUE: 6.1.2018.

BOE: 10.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 926.100,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 308.700,00 €, máis 64.827,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 373.527,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28.5.2018.

b) Data de formalización do contrato: 2.7.2018.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 313.777,20 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2018

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
P.D. (Delegación de sinatura do 10.8.2018)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia