Especial A negra sombra do Prestige: Fomento contra Fomento
NUNCA MÁIS
Contacto domingo, 23 de novembro 2003 











 

De novo estamos ante os seus 365 dias de incompeténcia
O Defensor del Pueblo afirma que nunca houbo información obxectiva por parte do governo galego e español sobre o Prestige
19/11/2003 Ante unha queixa apresentada polo Movimento polos Direitos Civís o Defensor del Pueblo traslada através dun escrito o seu desalento pois tanto o governo español como o galego non tiveron en conta as recomendacións que o Defensor del Pueblo lles fixo chegar para mellorar a información, a seguridade marítima e un extenso informe do Defensor del Pueblo que como escrebe Enrique Múgica Herzog "pasará a un definitivo olvido, es decir no serán escuchadas"


As voces que se xuntaron o 16-N
Celtia e Cecilia, Luis Tosar e Manuel Rivas, e Francisco Iglesias, leron os manifestos de NM no Obradoiro
17/11/2003 Duas nenas, unha dun coléxio de Muxia, outra de Caldas de Reis; o manifesto das nove ondas de Manolo Rivas, desta vez acompañado pola forza de Luis Tosar, e o mar traido polo patrón maior da confraria de Ogrobe. Para os que non chegaron a tempo ao Obradoiro aqui están os manifestos que se leron ao final da manifestación.

Queren calar as nosas conciéncias!
Unha circular da Xunta do 12 de novembro pedia que se retirarán cartaces e que se evitara a mobilización no cabodano do Prestige
17/11/2003 Desde aqui podedes coñecer o texto integro da circular da Xunta de Galiza onde se afirma " a firme vontade de evitar que se repitan como o ano pasado actividades promovidas por plataformas de mobilización social que alteren o normal funcionamento dos centros de traballo" e tamén di "dispoña as medidas necesárias que eviten actividades non autorizadas ou a colocación de carteis alusivos"; tamén solicita a retirada dos mesmos se os houbera e tendo en conta que era o 12 de novembro solicita tamén vixiancia prévia!!!


Máis de 150.000 persoas ateigan o Obradoiro
A dignidade galega volta encher Santiago do berro de Nunca Máis
16/11/2003 A plataforma Nunca Máis felicita a sociedade galega pola sua demostración, polo seu esforzo que un ano despois voltou encher o Obradoiro, despois de campañas de criminalización da Plataforma, propaganda de praias esplendorosas e moito máis. Todos e todas os que enchemos o Obradoiro e berramos Nunca Máis somos o futuro deste país, somos unha revolución civica que continúa a vencer.


Vencella o estudo de Freire da Coruña con NM
A Xunta tenta desmobilizar ao sector pesqueiro para que non acuda a manifestación do 16-N de Nunca Máis
14/11/2003 A Plataforma Nunca Máis ten constáncia polos seus contactos cos traballadores e traballadoras do mar que a consellaria de Pesca da Xunta de Galiza está a vencellar interesadamente o informe realizado polo grupo de Freire da Universidade da Coruña ñá Plataforma Nunca Máis, para de este xeito voltar falar de alarmismo e que Nunca Máis non apoia aos produtos galegos nen aos sectore produtivos, e tentar-se aproveitar de novo do sector pesqueiro e deste xeito tentar impedir que o 16 de novembro volten apoiar a manifestación de Nunca Máis convocada para este domingo.


Máis de 100.000 persoas nas 25 concentracións
Éxito da xornada de mobilización de Nunca Máis este 13 de novembro
13/11/2003 Na xornada de hoxe, os centros de ensino durante a mañá e a cidadania galega nas concentracións e actos organizados pola Plataforma Nunca Máis a partir das oito da tarde voltou amosar a dignidade e memória do povo galego. Fronte a tentativa de bloqueo e desmobilización do Partido Popular, ou coa frase de Fraga "se van a tragar todas las movilizaciones", a sociedade galega voltou demostrar a sua vitalidade e conciéncia activa, memória civil contra o esquecemento que voltará sair a rua en Santiago de Compostela este 16 de novembro na manifestación convocada pola Plataforma Nunca Máis. Todos e todas a Santiago este domingo!


As nosas reivindicacións un ano despois!
A sociedade galega voltará berrar Nunca Máis este domingo ás 12 en Santiago
14/11/2003 O povo galego voltará amosar este domingo a conciéncia viva e memória, a dignidade demostrada durante todo este ano frente a sua incompeténcia. Desde estas liñas queremos animar e convidar a cidadania galega a que acuda masivamente a Santiago de Compostela este domingo.


Máis de 20.000 persoas pola mañá
O mundo do ensino enche as ruas contra a desmemória en toda Galiza
13/11/2003 Máis de 20.000 estudantes e traballadores e traballadoras do ensino mobilizan-se en toda Galiza contra o esquecemento e a incompeténcia no cabodano do Prestige. A máis salientábeis foron as concentracións que se convertiron en manifestacións de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

Ver anteriores





Colabora


2003
NOVEMBRO
L M M X V S D
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30