Especial A negra sombra do Prestige: Tres mil vertidos ilegais cada ano nos mares europeos
NUNCA MÁIS
Contacto mércores, 17 de decembro 2003 











 


Respostamos ao seu desprezo orzamentário
Concentracións este xoves ás 20.30 en Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra
16/12/2003 A Plataforma cidadá Nunca Máis convoca concentracións este xoves 18 de decembro ás 20.30 en Santiago, Pontevedra, Ferrol, Lugo e Ourense. Baixo o lema “O Plan Galicia non aparece reflectido nos Orzamentos do Estado. Non é plan”, este xoves NM amosará o seu rexeitamento a estes primeiros orzamentos após a catástrofe do Prestige.

Documento de analise e propostas de NM
A Plataforma Nunca Máis ante os Orzamentos Xerais do Estado
16/12/2003 A Plataforma cidadá Nunca Máis apresentou este luns 15 de decembro no Senado un documento onde se analisa desde unha visión critica os primeiros orzamentos despois da catástrofe do Prestige e as propostas no plano da seguranza marítima, rexeneración e recuperación do litoral e medidas sociais de Nunca Máis e que deberian estar recollidas nestes orzamentos.


Onde está o "Plan Galicia"?
Nunca Máis acude ao Senado para apresentar as suas propostas aos orzamentos
12/12/2003 Ás 10.30 da mañá esta delegación de NM manterá unha reunión cos grupos parlamentares do Senado, para achegar as propostas de NM e facer unha analise dos orzamentos e a presenza do Plan Galicia nos mesmos. Ás 11.30 NM dará unha rolda de prensa para facer unha avaliación do encontro e aportar a visión de Nunca Máis ao debate dos orzamentos

Non á navegación dos monocascos!
Mañá pasará por diante das costas galegas o Geroi Sebastopolya, petroleiro monocasco
12/12/2003 Nunca Máis considera inaceptábel que petroleiros monocascos como o Geroi Sebastopolya continúen a navegar e transportar fuel, e fai un chamamento ao Governo español para que nas institucións internacionais nas que esté presente presione para mudar a actual lexislación internacional


Desde estas liñas animan á participación
A Burla Negra apresenta-nos o proxecto do Foro Negro que terá lugar o 13 e 14 deste mes
02/12/2003 Xa está en marcha a proposta da Burla Negra de debate e reflexión: é o Foro Negro, que terá lugar en Santiago de Compostela o 13 e 14 de decembro. Un encontro de denúncia e alternativas culturais. Queres saber máis? Pois continúa a ler!


A nosa comisión xurídica pon-se a traballar!
NM apresenta unha petición no xulgado para que o Governo español impida o paso do Fret Moselle
28/11/2003 Como comunicamos na nota de prensa do xoves 27 de novembro a Plataforma Nunca Máis, através da sua comisión xurídica, apresentou no dia de hoxe unha petición ante o governo español. O obxecto da presente petición é que se prohíba a entrada no territorio do Estado e a súa zona marítima económica exclusiva ao buque 'Fret Mosselle', cargado de produtos tóxicos e contaminantes.


Petroleiros monocascos, barcos con uránio...
NM esixe un seguimento e control ao petroleiro que pasará por diante das costas galegas
02/12/2003 O governo español debe garantir que non imos ter outro acidente convertido en catástrofe polo que todos os mecanismos de alerta e prevención deben estar preparados. Non podemos esquecer que tamén a primeiros deste mes o Fret Moselle, cargado con sustáncias tóxicas e contaminantes pasará por augas galegas, a menos de 200 millas


Un barco con uranio pasará polas nosas costas
Nunca Máis esixe ao Governo que non permita ao Fret Moselle pasar polas nosas augas polo seu perigo e deficiencias
27/11/2003 A Plataforma Nunca Máis esixe do Governo Español unha posición firme para que impida o paso na zona económica exclusiva do “Fret Moselle”, e que como o governo arxentino obrigue a este barco a modificar o seu rumo para defender ao noso litoral. NM estuda tomar medidas xurídicas ante o paso do “Fret Moselle” e expresa o seu rexeitamento e quere deste xeito informar a cidadania.

Ver anteriores





Colabora


2003
DECEMBRO
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31