Páxina principal
  Que é a AELG?
  Como asociarse?
  Actividades
  Informacións varias
  Ligazóns
  Contacto

 

 

 
 

2003

  19 e 20 de decembro
    "Clave sónica" - Xornadas de intercambio entre música e poesía
     
   

Os días venres 19 e sábado 20 de decembro celebrouse, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, "Clave Sónica" Xornadas de intercambio entre música e poesía, evento coorganizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación de Músicos en Lingua Galega (AMELGA).

Clave Sónica construíuse arredor de tres grupos de traballo (A, B e C) nos que traballaron, man a man, músicos e poetas do panorama galego máis actual. Estes grupos de traballo estaban concibidos como "obradoiros experimentais" onde fusionar ambas as linguaxes desne diferentes estilos, instrumentación e rexistros (pero sempre orientados cara á actualidade da música e a literatura galegas), e operaron en tempo repartido dende a tarde do venres.
Celebráronse tamén, como contrapunto e de xeito simultáneo, dúas mesas redondas (o venres ás 19:00 hs. e o sábado ás 12:00 hs.) nas que participaron músicos, escritores, letristas e editores que, dende diferentes ópticas, tentaron actualizar o discurso teórico ao respecto, mediante o diálogo, enfrentando as necesidades de letristas musicais e escritores, definíndoas por contraste, e, en todo caso, incentivando o coñecemento e a interacción de ambos os colectivos.
Estas xornadas remataron cun FESTIVAL CONCERTO , o sábado ás 22:00 hs. no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde os tres grupos de traballo amosaron os resultados prácticos do encontro. Estes traballos está previsto tamén que sexan editados en formato CD. Este festival foi abierto ao público e de entrada gratuíta e participaron nel músicos da talla de Guadi Galego (Berrogüeto), Uxía Pedreira (Conservatorio de música tradicional de Lalín), Xavier Díaz (Nova Galega de Danza), D.J. Nathan Carter, Davide Salvado, Filipa Sava, Pepa Yáñez, Quim Fariña, Héctor Lourenzo, Pedro Pascual, Xurxo Troncoso ... entre outros, e poetas como Estevo Creus, María do Cebreiro, Lucía Aldao, Lino Braxe, Chus Pato, Raúl G. Pato e Paco Souto. Tamén interpretaron breves pezas poético-musicais Cesar Morán, Luísa Villalta e Estíbaliz Espinosa.

 
[volver ao índice de actividades]   [arriba]
 
Páxina principal | Que é a AELG? | Como asociarse? | Actividades
Informacións varias | Ligazóns | Contacto