Rota dos Mu??os

Rehabilitación de vivendas

A Oficina municipal da cidade histórica e de rehabilitación ten encomendadas todas as funcións precisas para facilitarlles aos interesados a rehabilitación das súas vivendas, edificios ou locais:

Ofrece información de carácter urbanístico, sobre subvencións do IGVS e sobre préstamos de entidades financeiras. Realiza a tramitación das axudas municipais, de licenzas de obra e arqueolóxica.

Funcións:

  • Xestión e tramitación das solicitudes de licenzas urbanísticas e, en xeral, de calquera tipo de actividade que precise autorización municipal.
  • Tramitación de expedientes de protección da legalidade urbanística e expedientes sancionadores, ordes de execución e de ruína.
  • Tramitación administrativa das axudas á rehabilitación.
  • Elaboración e execución de proxectos de actuacións singulares, en espazos públicos.
  • Coordinación das actuacións promovidas por outros organismos públicos.
  • Realización de estudos específicos relativos ao patrimonio cultural da cidade.
  • Difusión e posta en valor do patrimonio cultural.
  • Promoción de novas áreas de rehabilitación.