Consellaria de Vivenda
Open Vieiros

Vieiros

Relato Marilar Aleixandre
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de
LOGO DA POLÉMICA

Educación tranquiliza a Rajoy: non vai haber himno nas galescolas

A socialista Laura Sánchez Piñón contradí a Vicepresidencia e di que non se contempla no temario.

Redacción - 10:20 25/08/2007
Sánchez Piñón terzou na polémica

Sánchez Piñón terzou na polémica

Que os nenos e nenas aprendan o noso himno nas galescolas estase a converter nunha das polémicas políticas do verán. Poucas horas despois de que Vicepresidencia confirmara a inclusión do himno no ensino para os máis cativos, a conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón turroulle das orellas aos seus socios nacionalistas. O departamento socialista sinala que os contidos pedagóxicos das galescolas son competencia súa e que en ningún momento se contempla a aprendizaxe dos símbolos de Galiza.

Sánchez Piñón entreba así na liorta entre nacionalistas e populares. Os conservadores, co propio Mariano Rajoy á cabeza, acusaron a Vicepresidencia de tentar influir ideoloxicamente nos menores e rexeitaron a aprendizaxe do himno.


3,56/5 (9 votos)

Comentarios (26)

afonsoriscos #1 hai 2 dias afonsoriscos

Xa era o que me faltaba, agora sae esta a dicir que ela é a xefa do cotarro. Que se note dunha PU... vez, xa esta ben de que grazas as politicas do anterior goberno e agora tamén desta tipeja, nas nosas escolas cada vez os nenos e nenas cada vez aprenden máis a renegar do seu. E ademais, cando alguén propón algo, encheselles a boca para reclamar as súas supostas competencias no asunto que non aplican. Ó final vanseme inchar os Co... con estes tipos. Dende o BNG hai que tomar cartas rápidamente diante destes desprezos, darlles un toque de atención xá antes de lles mexen nas barbas.

El_pastorrr #2 hai 2 dias El_pastorrr

Se teñen eles as competencias téñennas, e min non me parece mal que non llo ensinen, a esas idades o que teñen que aprender é a saia da Carolina, ou un elefante se balanceaba.... o himno pra cando sexan algo máis grandiños.

Gaias #3 hai 2 dias Gaias

Xa vai sendo hora que o BNG lle lembre o PSOE que se gobernan na Xunta e gracias o apoio do BNG. Isto seria impensabel en Catalunya.
Xa vale de desprezo pola nosa lingua, hino,etc.

Sheamais #4 hai 2 dias Sheamais

"Isto seria impensabel en Catalunya"

En Cataluña, o PSE acabou botando fora do tripartito a ERC por ser o único partido consecuente co acordado no Parlament e non tragar coa trapallada de estatuto argallado polo PSOE e por CIU...

Desgraciadamente para eles... alí tampouco se libran destas merdas.

guillerme #5 hai 2 dias guillerme

Este é o perigo de pactar con españois.

redaccion #6 hai 2 dias redaccion

"A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate."

ulo #7 hai 2 dias ulo

Ou o BNG se sae da Xunta ou vai caer pior que o PSOE o e PP, pois esta facendo o inconsecuente.
Non se pode nadar e gardala roupa.

Gaias #8 hai 2 dias Gaias

O BNG parece que lle deu un cheque en branco o PSOE a cambio de participar do poder.Pareceme ben que apoien a Touriño, pero non a calquer prezo, debe ser lembrandolles que estan ahi grazas en parte os votos nacionalista, e que teñen que aceptar propostas nacionalistas.
De momento nin estatuto,nin retirada da simboloxia fascista de Galiza (empezando polo pazo de Meiras), nin estudo do hino galego,nin cumplir a lei en canto os toponimos galegos, nin defensa da nosa lingua no ensino e en todolos ambitos da vida publica.

Muxo #9 hai 2 dias Muxo

Comparado cos ditos do señor Rajoy -nacido en Galicia-, presidente do Partido Popular e, coa actuación, neste caso, impresentábel da ministra de Educación da Xunta de Galicia, Laura Sánchez Piñón -nacida en Buenos Aires-, o do escuro -non asinou o artigo- xornalista de "El Mundo", que seguramente non naceu en Galicia, coido, non é merecente da crítica que lle fixen.
Como me retorce o bandullo, nesta mañá de inverno porteño, a mestura de rabia, mágoa e impotencia.

ichavinho #10 hai 2 dias ichavinho

Isto é o que pasa por termos no governo galego os españois de turno,mais na enquisa da voz un 55% das opinións son contrarias a que os picar@s estuden o himno.Dunha vez por todas os galeg@s non queremos ser mais ca ninguen pero nos mesmos nos sentimos inferiores o sermos culpabeis de ignhorar a nosa cultura

norberto #11 hai 2 dias norberto

E dalle, seguen coa teima de ser mais papistas que o papa,ou mais españois que o pp. Federacions independentes? donde en Pernambuco.Aquí xa se veu en Navarra,e por desgracia vemolo en Galiza todolos dias. Estan tranquilos os do pp,total xa lles fai o psoe o traballo sucio. Nada amigos como dicia meu avó "escopeta e o monte"

OBSERVADOR #12 hai 2 dias OBSERVADOR

Então a língua não é um símbolo da GAliza????

Então não vão aprender as crianças símbolos da Espanha?????

Venha, hom, era o que faltava. Que caralho espera o Quin para reagir perante as declarações da pEsoeira??? (Loli, que te vejo)

eugalego #13 hai 2 dias eugalego

XA dixestes moito, companheiros. É umha vergonha. O BNG têm que facer-se respeitar, nom podemos seguer assim.

Piñón que se vaia da Galiza, a León ou a Guadalajara, ou que regresse a Argentina. É umha situaçom terrivel.

Concordo que é intoleravel que nos mexem na cara.

jujolor #14 hai 2 dias jujolor

coma que siguen igual son partidos nacionalistas españoles, e nunca consentiran unhas autonomias, lexos dos poderes centralistas, seguimos co mesmo conto de sempre.

SEMPRE EN GALIZA, dinos o que vai pasar e xa pasou.

non son partidos galegos son "centralistas españoles"

BonKarallan #15 hai 2 dias BonKarallan

Pero que falta de "Educación"

galicecos #16 hai 2 dias galicecos

Non entendo como vos alporizades polo que dín os políticos se, sexan da cor que sexan, son todos a mesma cousa( bueno, poderíamos escoller algún). A súa teima é acadar canto antes unha poltrona e cobrar ben. Se queredes podo darvos algún exemplo significativo. Eu xa non confío en ninguén, alomenos dos que teño máis preto.

Gaviotero #17 hai 1 dia Gaviotero

He leído vuestros comentarios y aunque son más o menos lógicos y consecuentes con la mentalidad de un nacionalista gallego, creo que hay algo que deberíais valorar. Es cierto que el PSdeG se mantiene en el gobierno gracias al BNG. Pero no es menos cierto que el BNG es el partido con menos apoyos del Parlamento y por lo tanto puede influir en la acción de gobierno, pero difícilmente puede imponer nada cuando en el gobierno es minoritario y en el Parlamento mucho más.

Pero sobre todo...esto es política, y si bien es cierto que el PSdeG se apoya en el BNG para estar en el gobierno, no es menos cierto que también el BNG se apoya en el PSdeG para estar ahí en el gobierno chupando de la borrega...coches oficiales, sueldazos, secretarias y fiestas con los mayores incluidas todo a cargo del erario público.

No hace mucho tiempo me decía un simpatizante de ERC que la mejor forma de desactivar los nacionalismos en España, en el sentido de desactivar sus ansias independentistas y aburguesarlos, era su integración en los gobiernos autonómicos. Porque en todos los casos se producía un aburguesamiento tal que les empezaba a hacer renegar de la independencia, adquiriendo una moderación que los hacía casi indistinguibles de sus socios de gobierno.

En fin, aunque os repatee mucho, la postura de Rajoy es consecuente con la ideología del Partido Popular. Qué le vamos a hacer...

C29 #18 hai 1 dia C29

O único hino nom importante é o galego, para estes senhores/as. Durante umha viagem de intecâmbio a Italia, os nenos/as e profes do meu instituto tivemos que "aturar" que nos cantassem o hino italiano sete ou oito vezes numha manhá, como homenage cara nós e símbolo de bem-vinda. Considerei-no um detalhe curioso, e o menos que se me ocorreu foi pensar que fossem fascistas, totalitarios ou excluíntes. Iso só o somos os galegos quando queremos recuperar os nossos símbolos. Que vergonha de PSOE, que vergonha de PP.

fanecabrava #19 hai 1 dia fanecabrava

Está claro que os símbolos teñen a súa importancia á hora de facer país, pero non hai que tolear por iso. Hai anos que en educación se aplican certos principios psicopedagóxicos entre os cales están a chamada aprendizaxe significativa. Como alguén dicía por aí enriba, entre os 0 e 3 anos poida que "a saia da Carolina" sexa máis axeitada. A min de neno aprendéronme o padrenuestro á forza e, en canto puiden, reneguei do catolicismo porque, simplemente, todo aquilo carecía de significado (era mero significante).

Gaviotero #20 hai 1 dia Gaviotero

fanecabrava, estoy bastante de acuerdo en el sentido de que cuando algo se impone por la fuerza se suele crear rechazo...y a los 3 meses, a ver quién es el guapo que le enseña el himno gallego a los bebés, eso sí, como "exaltación de la patria galega", que es el sentidiño que según el vicememo hay que darle...

anton #21 hai 1 dia anton

Que cante o himno galego para saber o que é.

Bardo-do-vinho #22 hai 1 dia Bardo-do-vinho

O himno galego tan só é unha poesia máis das tantas que deberian coñecer e que se deberian ensinar na escola, os nosos cativos aprenden de memoria os acontecementos e politicas da coroa española pero sen embargo non teñen nen idea da historia do seu país.
O que pasa é que os castelans teñen medo de que a educación atravese o escuro velo tanto se empeñan en tecer, un pano groso de esparto tinxido do máis oscuro negro que nos quere faces esquecer de que como todo pobo temos unha historia, unha fala, unha bandeira e por suposto un himno o tratar de quitarnos o noso himno e facer que caia no do olvido non están máis que continuando a doma e castración que levamos sufrindo dende o século xv.

NON O XUGO CASTELÁN

ulo #23 hai 1 dia ulo

E o BNG tranquiliza o PP, non se vai facer unha investigacion do que se gastou na Cidade da Cultura.
Moi ben, entre uns, o PSOE, co seu españolismo, e os outros, o BNG, co seu acercamento o PP, as "ilusions" de cambio de milleiros de galegos e galegas pola borda.

Gaviotero #24 hai 22 horas e 39 minutos Gaviotero

El club de los rumorosos

ÁLVARO OTERO

Hay pocas cosas que se parezcan menos a un país que su himno. Los himnos suelen nacer con la intención de armar cuatro o cinco elementos simbólicos con los que todos los supuestos patriotas se identifiquen, y por ello siempre acaban convertidos en un pozo de retórica patriotera y, normalmente, hortera. Pocas creaciones chirrían más por su extemporaneidad, hoy en día, que los himnos. Los himnos son una suerte de extraños reductos del pasado, como el tricornio de la Guardia Civil. En el caso del himno gallego, su letra viene firmada por Eduardo Pondal, uno de los poetas cuya obra peor ha envejecido con el paso de los años.

Para empezar, la base, el sustento mitológico del himno de Pondal es falso, falso en el sentido de que toda su mitología de una Galicia celta se ha venido abajo, hace ya tiempo, a golpe de pala y certidumbre arqueológica. Por tanto, la emoción céltica de don Eduardo, fruto, a buen seguro, de sus paseos por el Pindo, no tiene fundamento histórico alguno. A pesar de esa evidencia, durante todos estos años no se han alzado voces críticas porque la gente es educada y, además, todo ese delirio de la nación de Breogán queda muy bonitiño y con cuatro toques de gaita hasta emociona, pero conviene recordar, a la vista de ciertas declaraciones, que Galicia es más castrexa, romana o sueva que celta, y que por tanto la letra de Pondal dista mucho de ser una vía de conocimiento de nuestra esencia cultural.

El vicepresidente de la Xunta declaraba estos días, para defender su intención de enseñarle el himno gallego a los párvulos, que la efervescencia pondaliana "oficializa los sentimientos de Galicia como país", y que, "mientras haya himno, habrá país". Me he frotado los ojos varias veces para asegurarme de que estaba leyendo correctamente. Cuando los primeros escarceos estatutarios, ya Quintana había amenazado con su propuesta de Nazón de Breogán para definir a Galicia, y ahora comprobamos que su fiebre pondaliano-mesiánica, lejos de haber remitido, aumenta.

Si ya la propia imagen de unos niños de tres años siendo instruidos en la letra de un himno, de cualquier himno, produce escalofríos, los argumentos pleistocénicos con los que Quintana pretende defenderlos dan ganas de salir huyendo. Se ve que el ridículo de la diferencia horaria no salió de cualquier chistera, sino de un mejunje nacional-simbólico que, sin duda, nos seguirá regalando curiosas perlas en el futuro.

Algunos creíamos que las banderas, los himnos rimbombantes, las alusiones a la Heroica Historia Patria, eran ya, apenas, el refugio de la ultraderecha americana y de cuatro espabilados del tercer mundo. Un dudoso club al que algunos, por estos pagos, quieren sumarse a toda costa. Para seguir siendo rumorosos. Rumorosos de ronco son, pero con himno. Ya lo decía don Quijote: cosas veredes, querido Sancho, que te harán caer del caballo.

http://www.farodevigo.es/secci...

teixugo #25 hai 18 horas e 1 minuto teixugo

Resumo:

-Espana!
-Arriba.
-Obispo.
-Castidad.
-Putas.

NINHADA DE RATOS!

Druida #26 hai 17 horas e 22 minutos Druida

Nunca me gustaron os simbolos se son a unica maneira de unir a un pais. Non me gustan demasiado as bandeiras nen os himnos. Sentirse galego non estara nunca representado por unha musica ou un trozo de tela.

Por suposto, aplico o mesmo aos simbolos espanhois que durante moito tempo foron introducidos a forza nas escolas.

Ademais diso, falar de ensinar un himno a nenos e nenas de 3 anos, pareceme absurdo e manipulador. Outra cousa seria introducir no curriculo de primaria mais contidos sobre o significado de Galicia no contexto espanhol e europeo.

Creo que Quintana equivocase dando carnaza a mais reaccionaria dereita (nacionalista espanhola). E eu, neste caso, non lle dou a razon na sua teima co himno. Outra cousa e' o problema da lingua (porque ao contrario que os himnos, as linguas si que son imprescindibles para o desenvolvemento das persoas no contexto social).

P.D. Non podo escreber tildes ou a famosa letra espanhola que vai despois do n, porque estou fora de Espanha. :-)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: