Vieiros Algo especial

CONTACTA CON VIEIROS
NOVAS
HOXE AO COMPLETO
OPINIÓN
NO ESCÁNER
GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
ALGO ESPECIAL
ANTERIORES
COMUNIDADE
AXENDA
CHAT-CHAT-CHAT  
FOROS
ENQUISAS
POSTAIS
TENDA
LIGAZÓNS
BUSCADOR
NOVIDADES
TOP100
DOSSIERS
PUBLICIDADE
QUE É VIEIROS

 

A actualidade informativa, as citas electorais, o espacio para a experimentación literaria, o entroido, o nadal, o compromiso coa lingua... moitos son os momentos en que deixamos o guión diario a un lado para dedicarlle a un tema atención especial. Facemos arqueoloxía cibernética para recuperar algúns dos máis significativos que ao longo destes anos nutriron as páxinas de Vieiros. Pero esta é unha sección con vocación de ampliarse e aquí iranse recollendo as actuacións especiais de Vieiros, conforme se vaian producindo.


 INFORMATIVOS

Lingua e cultura
O compromiso coa cultura galega de Francisco Fdez. del Riego xa ten o seu espacio de homenaxe na rede. Ademais, publicamos o manifesto a prol da lingua do ensino, atendemos ao entroido galego, organizamos o primeiro congreso galego na rede e reparamos na polémica Galicia/Galiza.
Xente
Setembro trae a volta á escola, cada marzo é tempo de lembrar a muller traballadora. Bogamos virando o milenio, lembramos a longa noite de pedra franquista, manifestámonos pola liberdade de prensa e mandamos botellas virtuais a ambos lados do Atlántico.
Deporte
Galegos nas Olimpíadas e a primeira Liga para país.
Galicia, Europa, Mundo
Cavilamos coma mudar o mundo, informamos do desastre das Pías, celebramos na rede o día da Patria, e examinamos ao detalle o sector lácteo.


 OCASIÓNS ESPECIAIS

DÍA DAS LETRAS
O 17 de maio de 1996 Vieiros publicaba o espacio "Mil primaveras máis" en homenaxe ás nosas Letras, co texto de Álvaro Cunqueiro traducido a máis de 30 linguas. Dende aquela non faltamos á cita na rede coa nosa lingua.
- Especiais Día das Letras (1996-2005)
ESCOLMA DO ANO
O que aconteceu en Galicia, no mundo e na internet. Así o contou Vieiros ano a ano.
- Cousas: Anos 1997, 98 e 99
- Ano 1999
- Ano 2000
- Ano 2001
ELECCIÓNS
As lexislativas do 96 e as autonómicas do 97 saían á rede con Vieiros e constituían unha iniciativa pioneira ao levar os comicios galegos por primeira vez á internet. Dende ese ano cada cita electoral foi seguida e analizada nas nosas páxinas. Nas municipais do 99, os candidatos tamén se achegaron aos cidadáns dende o noso chat.
- Lexislativas 96
- Autonómicas 97
- Europeas e Municipais 99
- Lexislativas 2000
- Autonómicas 2001
- Municipais 2003
- Lexislativas 2004
- Europeas 2004
- Autonómicas 2005
NADAL
No Nadal de 1996, Vieiros recuperou a tradición do "cepo de Nadal" coa colaboración de internautas galegos de todo o mundo. Cada ano por esas datas, panxoliñas, receitas de pratos típicos, postais ou cantos de Reis.
- Nadal 1996
- Nadal 1997
- Nadal 1998
- Nadal 1999
- Nadal 2000
- Nadal 2001
- Nadal 2002
- Nadal 2003


 CREACIÓN

Por conto alleo
Iniciativa literaria de Camilo Franco e de Vieiros, na que o escritor inventaba un conto diario a partir de parellas de palabras fornecidas polos internautas, durante 50 xornadas.
A familia feliz
Experimentamos cunha nova forma de creación: os relatos colaborativos. O escritor lugués Jaureguizar propuña cada semana un conto que os lectores podían ampliar ou contrastar por medio de ligazóns, vencellando palabras a webs.
Necesariamente X
Experiencia de literatura en rede en reflexión sobre o que é pornográfico. Os internautas enviaron imaxes de pornografía sexual a Vieiros. De entre todas as recibidas escolleuse diariamente unha arredor da que Camilo Franco creaba un relato.
Os peores poemas para Laura
"No inverno vai frío, no verán vai calor". Así comeza o poema gañador do concurso de rexouba poética co obxectivo de compoñer os peores poemas a Laura. A setentena de composicións recibidas debían cumprir dous únicos requirimentos: a súa maldade, e conter entre os seus versos 3 palabras xa empregadas por Bush: francés, portaavións e vulto.
Crónicas desde a India
As colaboracións literarias realizadas por María Reimóndez entre xullo e setembro do 2004, durante a súa estadía na cidade de Tiruchy, no sur da India, onde traballa desde hai dez anos nun proxecto de desenvolvemento. Un esforzo por "revisar criticamente os prexuízos e as categorías que nos impiden non só observar o mundo tal como é, senón participar activamente na creación doutro estado de cousas posíbel".
Na túa lingua, nas túas orellas
Manuel Lugrís foi o primeiro en usar o idioma galego nun discurso público e político. Neste especial das Letras queremos facer especiais as voces, os fonemas, a lingua falada. E facémolo en forma de podcast. Risoterapia, Farruco, Xabier Docampo ou Paula Carballeira achégannos as súas pezas para este día en formato mp3.
A polo ghit
A Radio Galega e Vieiros colaboraron na posta en marcha do primeiro concurso para elixir unha canción do verán galega. Finalmente competiron un total de 38 cancións, que aínda se poden descargar nesta páxina.



PUBLICIDADE
Concerto SONS

PUBLICIDADE

Ciclo: Os encontros do Club


Concurso de Viñetas. Dia Internacional da Muller

PUBLICIDADE
Xornal electrónico en Pontevedra

PUBLICIDADE
Novidades Xerais

Vieiros da escola
Vieiros da escola 15

Nova entrega de Vieiros da Escola: noticias e recursos educativos sobre o "Comercio xusto".


© Vieiros