Pecha Aduaneiros Sem Fronteiras baixo ameaza do avogado de Yolanda Castaño

"Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, baixo ameaça de demanda judicial por delitos de injurias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa (...), vimos de decidir fechar o nosso site em quanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fóra de lugar".
144 comentariostags: aduaneiros, asf, humor, yolanda castañoen gráfica karma: 350.00
votos de usuarios: 96, votos anónimos: 125

comentarios

  1. #1    AVISO: no caso de habelos, borrarei todos os comentarios que sexan inxuriosos, que despois xa vedes o que pasa...
    escrito por berto hai 2 dias 11 horas 36 minutosberto
  2. #2    :-O :-O :-O :-O :-O :-O

    Estou flipando.
    escrito por lourixe hai 2 dias 11 horas 35 minutoslourixe
  3. #3    que barbaridade...
    escrito por Toxo hai 2 dias 11 horas 34 minutosToxo
  4. #4    Pois xa quedei sen fondo de escritorio, que quería baixar un de ASF. A última vez que estiven en casa tiven a oporunidade de ver á señorita Castaño facendo un papelazo co compañeiro de cifras e letras e o presentador que presenta o mesmo formato en Telemadrid. O programa estaba adicado a César Antonio Molina e pasaron todo o tempo louvando ao novo Ministro de Cultura do Gobierno de España. O espectáculo foi do máis lamentable e noxento que vin en TV en moito tempo.
    escrito por avisionperiferica hai 2 dias 11 horas 34 minutosavisionperiferica
  5. escrito por avisionperiferica hai 2 dias 11 horas 28 minutosavisionperiferica
  6. #6    O peor é que nese comercio, hai 15 dias merquei un agasallo e ao envolvelo a etiqueta da tenda puña no enderezo "Rúa Real, La Coruña".

    P.D. O comentario relacionado "xugoso" é o deste link: http://www.xornal.com/commentShow.php3?sid=20070309102100&pid=27
    escrito por lourixe hai 2 dias 11 horas 26 minutoslourixe
  7. escrito por Modesto hai 2 dias 11 horas 16 minutosModesto
  8. #8    por delitos de injúrias com publicidade ?!
    escrito por one2 hai 2 dias 11 horas 14 minutosone2
  9. escrito por berto hai 2 dias 11 horas 13 minutosberto
  10. #10    Um passo por diante: este comentário foi apagado antes de se escrever para evitar ser apagado após a sua escritura.
    escrito por Sal hai 2 dias 11 horas 13 minutosSal
  11. escrito por berto hai 2 dias 11 horas 9 minutosberto
  12. #12    Isto non ten moita diferencia co rapto da edición de El Jueves por parte daquel xuiz.

    Síntocho moito berto. Pero máis o a de sentir a liberdade de expresión neste país, á que lle acaban de dar unha boa patada na entreperna :-(
    escrito por Spaviladiyo hai 2 dias 11 horas 9 minutosSpaviladiyo
  13. escrito por berto hai 2 dias 11 horas 8 minutosberto
  14. #14    Semella que está de (perversa) moda meterse cos debuxantes, xa sexa por facer debuxos de Mahoma, por debuxar ós prícipes de Borbón fodendo, ou a unha inculta literata.

    Imos mal.
    escrito por anxo hai 2 dias 11 horas 1 minutoanxo
  15. #15    Que fuerrrrrte!!

    O primeiro que me veu á cabeza foi rir ata escachar... despois parei e pensei: que chungo, tío!

    http://uk.youtube.com/watch?v=xWzkJzDwBE0
    escrito por ifrit hai 2 dias 11 horasifrit
  16. #16    Que vai ser dos blogomillonanistas agora, pordiós!!!
    escrito por nozzilla hai 2 dias 10 horas 54 minutosnozzilla
  17. #17    Os mitos caen... Liberdade de qué?

    Efectivamente, isto ten que ver co dos debuxos de mahoma porque os mesmos que agora censuran un debuxo antes censuraron a outros por "tomarse tan violentamente" un debuxo...
    escrito por Kandpalleiro hai 2 dias 10 horas 53 minutosKandpalleiro
  18. #18    eu polo de pronto teño o html desa páxina gardado e salvado, antes de que desaparecera. fódeme non ter feito o mesmo con todo o blog dos aduaneiros. ánimo, compañeiros. o vóso humor "fundará dinastías"!!
    escrito por tolemicas hai 2 dias 10 horas 49 minutostolemicas
  19. escrito por berto hai 2 dias 10 horas 48 minutosberto
  20. #20    Lamentable.

    Aduaneiros, Descansen no Bar
    escrito por Ghanito hai 2 dias 10 horas 46 minutosGhanito
  21. #21    E digo eu sin acritú, era necesario pechar o blog enteiro ou con eliminar (temporalmente ate novo aviso) esa entrada chegaria?
    escrito por suevo hai 2 dias 10 horas 43 minutossuevo
  22. #22    #21 a resposta a esa pregunta está en esta liña: "questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar."
    escrito por berto hai 2 dias 10 horas 41 minutosberto
  23. #23    QUE!?
    escrito por martinho hai 2 dias 10 horas 34 minutosmartinho
  24. #24    Non lin nin o requirimento nin os comentarios que o motivaron, pero ASF estaba sen moderar comentarios nin eliminar o spam desde hai moitísimo tempo (cando menos así era cando se publicou aquela chuzada da desaparición do dominio). Podía haber aí calquera cousa.

    Se había, que non o sei, algún comentario que denigraba a honra de calquera persoa coido que é evidente que a persoa afectada está no dereito de esixir a súa retirada e unha rectificación, nesta web ou en calquera outra.

    Se o que pasa é que o administrador pasa de moderar e xestionar iso xa é outro cantar. A liberdade de expresión ten límites até nos podereosos media tradicionais. Así que moito me temo que o que toca (e nos toca) é o que di medio en coña medio en serio Berto en #1.

    Se non hai medios ou recursos para controlar o que publicas, ou para evitar o abuso que terceiros fan da túa páxina, non queda outra que modular o que se di, botar o pecho ou afrontar as consecuencias.
    escrito por Calidonia hai 2 dias 10 horas 33 minutosCalidonia
  25. escrito por ifrit hai 2 dias 10 horas 31 minutosifrit
  26. #26    este comentario poñia o mesmo que #25
    escrito por berto hai 2 dias 10 horas 31 minutosberto
  27. #27    #24 Oquei ao dos comentarios, baixo ningún concepto a gráfica.

    A risco de que me denuncien por lincar a caxé de google (anque primeiro deberían denunciar a google por gardar a caxé das cousas malas):

    http://64.233.183.104/search?q=cache:kmi29eqBLl0J:www.aduaneirossemfronteiras.org/blog.php%3Fid%3D88+tu+quoque+iolanda&hl=gl&ct=clnk&cd=1&gl=es&client=firefox-a
    escrito por orsinia hai 2 dias 10 horas 27 minutosorsinia
  28. #28    #27 Si, completamente de acordo, por descontado. Tampouco me parece mal tirar proveito victimista en plan Jueves, pero eu deixaría o google ad-sense aí ao lado do comunicado :-D
    escrito por Calidonia hai 2 dias 10 horas 24 minutosCalidonia
  29. #29    Consoante o lido neste artigo, queremos engadir unhas cifras e letras:

    6728742845789

    Aduaneiros Sen Fronteiras, presos poéticos

    Estamos con La-peña

    O de Yolanda pasa de Pardo a Castaño

    Yolanda Castaño, castelanismo

    http://www.arredemo.info/arredrupal/node/90
    escrito por martha hai 2 dias 10 horas 21 minutosmartha
  30. #30    Treme Archive.org!
    escrito por Calidonia hai 2 dias 10 horas 15 minutosCalidonia
  31. #31    As ameazas de Yolanda Castaño pechan os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’

    http://galiciaconfidencial.com/?p=2056

    (con foto do censurado)
    escrito por osusinho hai 2 dias 10 horas 14 minutososusinho
  32. #32    ui!, con esta reacción non tardarán en lle dedicar a festa hortera da radio Kalimera o ano que vén...
    escrito por tolemicas hai 2 dias 10 horas 6 minutostolemicas
  33. escrito por berto hai 2 dias 10 horas 3 minutosberto
  34. #34    Meu Deus!, agora o avogado de YC vai pechar o meu blogue!! :-D xD
    escrito por Ghanito hai 2 dias 10 horas 1 minutoGhanito
  35. escrito por ifrit hai 2 dias 9 horas 58 minutosifrit
  36. #36    como pode ser?????????????

    (non podo entendelo)
    escrito por oko hai 2 dias 9 horas 57 minutosoko
  37. #37    En vista da dimensión que seguramente colla o asunto, eu de ser Yolanda Castaño despediría xa o avogado. Non a aconsellou nada ben.
    escrito por orsinia hai 2 dias 9 horas 56 minutosorsinia
  38. #38    #37 é que con eses titulares que fas, é ir provocando un algo :-D
    escrito por ascarida hai 2 dias 9 horas 55 minutosascarida
  39. #39    #38 joer, hai quen se sinte provocado con calquera cousa :-P
    escrito por orsinia hai 2 dias 9 horas 45 minutosorsinia
  40. #40    Primeiro começamos com unhas caricaturas de nada... e assí acavamos!
    escrito por peeler hai 2 dias 9 horas 44 minutospeeler
  41. #41    Que dispón de blog debería reproducir a imaxe e o texto que aparecía en aduaneiros. Que nos denuncie a todos. Si non é por iso, nos denunciarán por outra cousa.
    escrito por lampiao hai 2 dias 9 horas 22 minutoslampiao
  42. #42    A ver, sentidiño. Alguén non ten claro que a censura é polos comentarios e non polo deseño de Aduaneiros? Obxectivamente falando, non me entrar en disquisicións sobre que molestou máis a YC...

    É mexar fóra do testo falar de atentado contra a liberdade de expresión cando o que hai é unha autocensura do autor ou autores, pois un requirimento dun avogado non significa que haxa unha decisión xudicial nin que a xustiza estea por medio.

    Se eu estivese convencido de que me censuran un deseño, o publico igual e a xuízo. Se non coñecéramos aos aduaneiros até cabería falar de victimismo interesado en todo isto (ou de comodidade vamos).
    escrito por Calidonia hai 2 dias 9 horas 19 minutosCalidonia
  43. #43    #42 É uma suposiçom tua ou conheces o texto do requerimento que enviou o advogado de Yolanda?
    escrito por postscriptum hai 2 dias 9 horas 17 minutospostscriptum
  44. #44    #42 Para deixalo claro: ofreceuselle borrar os comentarios inxuriosos e deixar a gráfica e a resposta foi que ou se quitaba todo ou ia a xuizo.

    sentidiño, si... :-)
    escrito por berto hai 2 dias 9 horas 14 minutosberto
  45. #45    Berto, eu deixaría o deseño e a xuízo, téñoo claro. Se precisas financiamento para un avogado conta(de) comigo. Total, estaría gañado.
    escrito por Calidonia hai 2 dias 9 horas 12 minutosCalidonia
  46. #46    O deseño orixinal, aquí:

    http://astuasbalas.com/2007/10/16/gila/
    escrito por Cesare hai 2 dias 9 horasCesare
  47. escrito por mourullo hai 2 dias 8 horas 57 minutosmourullo
  48. #48    #46, pois veña, contra-campaña no blogomillo! :-)
    escrito por suevo hai 2 dias 8 horas 55 minutossuevo
  49. escrito por berto hai 2 dias 8 horas 54 minutosberto
  50. #50    #46 autobombo. Votación nos comentarios xa :-D
    escrito por aluguer hai 2 dias 8 horas 54 minutosaluguer
  51. escrito por mourullo hai 2 dias 8 horas 46 minutosmourullo
  52. #52    Unha cousa é criticar a alguén, que é completamente lexítimo e é algo que toda personaxe pública debe asumir como parte do seu traballo, e outra moi distinta aldraxar, humillar e soltar estupideces sobre calquera.

    Os comentarios da páxina eran ofensivos e ninguén os eliminou, e iso pasaba tamén noutras páxinas de Aduaneiros. Non sei por que carallo a xente atopa divertido insultar e espallar historias falsas sobre as persoas, e non creo que (se como di Berto, foron requeridos para eliminar eses comentarios e se negaron a facelo) haxa ningún atentado contra a liberdade de expresión.

    Ás veces este chuza parece un club de machos nacionatas, dígoo por moitos comentarios que vexo aquí e por outros que se poñen con noticias (?) sobre "galegas espidas" e temas do estilo.
    escrito por Lidor hai 2 dias 8 horas 43 minutosLidor
  53. #53    #52 lee ben o que dixen... cando o avogado se puxo en contacto pediu eliminar os comentarios e a gráfica e o primeiro que se fixo foi responder ofrecendo a eliminación dos comentarios pero a ameaza xudicial non vairou, querian a eliminación de todo, ou denunciaban...
    escrito por berto hai 2 dias 8 horas 41 minutosberto
  54. #54    Con aduaneiros. Únome á campaña.
    escrito por chimpin hai 2 dias 8 horas 41 minutoschimpin
  55. #55    #52 Lidor, aconsélloche que leas dúas veces o comentario #44. Entendíchelo ao revés.

    E que teñen que ver as galegas espidas (por outra parte admirábeis) con este asunto?
    escrito por orsinia hai 2 dias 8 horas 38 minutosorsinia
  56. #56    #53 E déronse conta agora de que os comentarios eran impublicables? Vaia concepto de liberdade...
    escrito por Lidor hai 2 dias 8 horas 37 minutosLidor
  57. escrito por besbellinha hai 2 dias 8 horas 32 minutosbesbellinha
  58. #58    #52 Lin os comentarios na caché do Google e non atopei ningún que merecera a contratación dun avogado... E despois de ler #44 é visto que ou o dos cometarios é unha excusa ou YC está mal aconsellada.
    escrito por ifrit hai 2 dias 8 horas 31 minutosifrit
  59. escrito por mourullo hai 2 dias 8 horas 27 minutosmourullo
  60. #60    #55 Pois mira, teñen que ver que se o deseño de Aduaneiros podía ter ou non a súa coña, que aí nin me vai nin me vén, os comentarios eran machistas. Ninguén se mete nunca con Manuel Rivas nin con outros "bollos" machos da literatura, marquen paquete ou gasten en perruqueiros ou na estética que lles dea a gana. As galegas espidas non sei se son admirabeis, o que é pouco admirábel é que todo isto lle caia encima a unha muller por insistir, é cousa dela, nunha determinada estética. Daquela todo o mundo se cre autorizado a pasar do "está boísima" ou "é un callo" (unha apreciación persoal) a comentarios insultantes. Se a ti non che parece de machotes reprimidos, ti mesm@. Ocorre...

    » ver todo o comentario
    escrito por Lidor hai 2 dias 8 horas 24 minutosLidor
  61. #61    #58 Dubido que o avogado discernira entre borrar os comentarios e deixar o deseño, ou quitar todo. Polo tanto, é evidente que está mal aconsellada.
    escrito por Calidonia hai 2 dias 8 horas 23 minutosCalidonia
  62. #62    #55 Pregunta: ¿Porqué non espuxeches este razoamento nos comentarios dispostos a tal uso no post que había en Aduaneiros? ¿E que gostas de facer ferida agora que pasou isto?
    escrito por Spaviladiyo hai 2 dias 8 horas 22 minutosSpaviladiyo
  63. #63    #55 chamarlle 'cambiachaquetas' a YC por aceptar un traballo en Sargadelos despois de apoiar a Díaz Pardo non sei eu que teña que ver co machismo. E se o que querían era a retirada de todo, incluindo o deseño, o poblema non era de inxurias, senon de pouco sentido do humor, ou de YC ou do seu avogado.
    escrito por Ghanito hai 2 dias 8 horas 18 minutosGhanito
  64. escrito por ifrit hai 2 dias 8 horas 16 minutosifrit
  65. #65    Por certo, se tes pasado por aquí algunha vez, seguro que leerias máis dalgún comentario meténdose con Suso de Todo ou Manolito Rivas...Pero o dito, tentar facer leña do árbol caído agora é bastante deleznable, ruín, patético...

    Alguén que avise a YC para que me chive algún sinónimo máis
    escrito por Spaviladiyo hai 2 dias 8 horas 15 minutosSpaviladiyo
  66. #66    #63 Non desvíes a cuestión, aquí ninguén fala de críticas lexítimas, senón de insultos. E repito que é unha irresponsabilidade abrir unha páxina e non controlar as babosadas que solta a xente sen poñer o seu nome debaixo.
    escrito por Lidor hai 2 dias 8 horas 15 minutosLidor
  67. #67    #65 lamentabel: 10 letras
    escrito por Ghanito hai 2 dias 8 horas 14 minutosGhanito
  68. #68    #66 Querer limitar a liberdade de expresión por vía xudicial (e non falo de permitir inxurias) é moi grave. O dereito penal é a última medida legal.

    O que plantexou ese requerimento queda claro que vai contra a crítica, ó pedir que se retire todo e non só que se apaguen os comentarios en maior ou menor medida inxuriosos (como conta Berto que aceptaron facer).
    escrito por Ghanito hai 2 dias 8 horas 11 minutosGhanito
  69. #69    #60 Eu o que penso é que os insultos só definen a quen os fai. E a maneira de levalos define o insultado. Fronte ás aldraxes en internet as escritoras galegas están tan desprotexidas como calquera, haberá a quen lle afecten moito e haberá a quen lle dean igual. Pero da súa propia metedura de pata ao contratar un avogado de todoacen para que a defendera da peor maneira, diso quen a defende?
    escrito por orsinia hai 2 dias 8 horas 5 minutosorsinia
  70. #70    #69 prégolle que retire ese comentario de avogado de todoacen que considero inxurioso, dona Orsinia :-D xD
    escrito por Ghanito hai 2 dias 8 horasGhanito
  71. #71    #60 Se algo caracterizou de sempre ao feminismo foi o nom usar da censura para se defender. A censura só foi usada para o atacar. Há armas que as pessoas que defendemos a igualdade de gênero deveriamos renunciar a utilizar, sobre todo quando afectam a algo tam básico como a liberdade de expressom. É certo que muitos comentários sobre a Yolanda som sexistas, mas ela tem o dom da palavra e o acesso a meios de comunicaçom de massas para lhes responder como outras nom podemos. Recorrer a medidas de tipo judicial -ou ameaçar com fazê-lo- é o mais fácil mas também o mais perigoso: a arma pode revirar-se e acabar por danar a quem a empunhou.
    escrito por farangulha hai 2 dias 7 horas 50 minutosfarangulha
  72. #72    #70 Vaia por diante que non coñezo de nada a Pedro Carvajal, que os seus bos euros cobrará. A Yolanda si e cáeme ben, por iso me fastidia que se metera neste berenghenal que non a beneficia para nada. É o que ten matar moscas a canonazos.
    escrito por orsinia hai 2 dias 7 horas 49 minutosorsinia
  73. escrito por chimpin hai 2 dias 7 horas 49 minutoschimpin
  74. #74    Máis autobombo, xa que estamos niso: http://chantosnachaira.blogspot.com/2007/10/sangue.html

    xD xD
    escrito por lourixe hai 2 dias 7 horas 45 minutoslourixe
  75. escrito por suevo hai 2 dias 7 horas 43 minutossuevo
  76. #76    Poñede, poñede, que eu vou actualizando os lazos do meu blog. :-)

    Estou a poñervos a todos, non vos queixar.
    escrito por chimpin hai 2 dias 7 horas 42 minutoschimpin
  77. escrito por ifrit hai 2 dias 7 horas 27 minutosifrit
  78. #78    Non pode ser certo!!. É o día dos inocentes?

    E esta Yolanda quen se cre que é a Raiña de Galicia??
    escrito por xonas hai 2 dias 7 horas 26 minutosxonas
  79. escrito por mourullo hai 2 dias 7 horas 23 minutosmourullo
  80. escrito por zerovacas hai 2 dias 7 horas 10 minutoszerovacas
  81. escrito por petopitopato hai 2 dias 7 horas 5 minutospetopitopato
  82. #82    Eu xa o porei no blogue mañá, que agora estou na cama e non me apetece poñerme con esas lerias... :-D

    Avante Alfandegarios!!! http://www.culturagalega.org/imaxes/edicion/tem_4795.jpg
    escrito por Galegoman hai 2 dias 7 horas 2 minutosGalegoman
  83. #83    #81 duplicada :-D #47
    escrito por ifrit hai 2 dias 7 horas 2 minutosifrit
  84. #84    ifrit... ben se che da o searching :-) so é para os que non gosten de ler toda-las entradas... ;)
    escrito por petopitopato hai 2 dias 6 horas 53 minutospetopitopato
  85. #85    #84 teño memoria para cousas estúpidas e irrelevantes :-D
    escrito por ifrit hai 2 dias 6 horas 51 minutosifrit
  86. #86    Pois eu estou coa poeta. Se nom quer aparecer em Aduaneiros, pois já com isso chega.

    O de fechar a totalidade do website nom era preciso; eu vejo-o mais como umha desculpa para deixar de actualizar algo que já andava bastante morto. Em qualquer caso, Aduaneiros foi grande!
    escrito por malpocado hai 2 dias 6 horas 49 minutosmalpocado
  87. #87    #86 Facédenos rir pero non molestedes, ou algo así, non? puf!
    escrito por ifrit hai 2 dias 6 horas 45 minutosifrit
  88. #88    #87 Nom, melhor deixade que me chamem putinha, mas nom se passa nada... era brincadeira, nom? puf! :-P
    escrito por malpocado hai 2 dias 6 horas 42 minutosmalpocado
  89. #89    #88 que os Aduaneiros chamaron 'putinha' a YC?! coido que non te estás enterando de nada... non serás ti o avogado dela ou un dos seus conselleiros?
    escrito por ifrit hai 2 dias 6 horas 37 minutosifrit
  90. #90    #89 A ver, te ex-pli-co las co-sas. Lo de pu-ti-nha no e-ra li-te-ral...

    Pois sim, se calhar nom me entram as cousas tam facilmente, é que devo ser parvo por discrepar. Ainda assim, lembro a tónica dos comentários que ali havia e nom eram precisamente exemplo de respeito.

    E havia que fechar todo o site, ou é que somos mártires e impacta mais o de "Pechado por pré-ordem judicial"...
    escrito por malpocado hai 2 dias 6 horas 30 minutosmalpocado
  91. #91    Concordando com #90. Som simpáticos estes de Aduaneiros. Sabiamos que nom estavam com vontade de trabalhar muito mais no projecto (algo absolutamente respeitável e até lógico, pois é sempre dificil manter a imaginaçom e criatividade ad eternum). Mas, o que fazem agora, aproveitam essa ameaça (que nom entro a valorar) para culpar a outros dum feche anunciado há meses e da falta de ganas de continuar com o chiringuito. Sejamos honestos caralho. Fechamos porque queremos fechar e ponto!!! Típico galaico botar a culpa aos outros dos nossos problemas.
    escrito por MaisUm hai 2 dias 6 horas 15 minutosMaisUm
  92. #92    Tudo o capital simbólico ganhando por esse projeto ao longo do tempo ficou diluído agora dum dia para outro com essa absoluta falta de honestidade.
    escrito por MaisUm hai 2 dias 6 horas 7 minutosMaisUm
  93. escrito por pinheiro hai 2 dias 5 horas 54 minutospinheiro
  94. #94    Ese avogado é un tollemerendas e un pingalasverzas. Que contrate a Rodríguez Menéndez xa!!
    escrito por Cesare hai 2 dias 3 horas 30 minutosCesare
  95. #95    tollemerendas: 13 letras

    pingalasverzas: 14 letras
    escrito por Cesare hai 2 dias 3 horas 29 minutosCesare
  96. #96    #91 Mellor dito, que despida a este avogado e tamén a Rodríguez Menéndez e que contrate a MaisUm: a apoteose do delirio...
    escrito por Cesare hai 2 dias 3 horas 27 minutosCesare
  97. #97    Xa falan disto na galipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Yolanda_Casta%C3%B1o
    escrito por Ghanito hai 2 dias 41 minutosGhanito
  98. #98    Non sei quen dixera que a categoría obituarios (que por certo, esta nova non está, pero coma se estivera) era un un karma-maker, pero o caso é que moita razón ten... máis de 114 chuzadas en pouco máis de 12 horas... e subindo...
    escrito por Toxo hai 1 dia 23 horas 1 minutoToxo
  99. escrito por berto hai 1 dia 22 horas 48 minutosberto
  100. #100    ah... 100!!!

    #92 poderemos vivir con iso :-D:-D:-D
    escrito por berto hai 1 dia 22 horas 25 minutosberto
  101. #101    Pero con todo isto hai publicidade a esgalla tanto para Iolanda coma para os Aduaneiros. Agora só hai que rendibilizala.
    escrito por spider hai 1 dia 22 horas 23 minutosspider
  102. escrito por berto hai 1 dia 22 horas 3 minutosberto
  103. #103    Mágoa.
    escrito por gerardinho2000 hai 1 dia 21 horas 51 minutosgerardinho2000
  104. #104    #91 MaisUm tem razom, isso foi o que me pareceu de primeiras, mais a verdade é que eu nom tenho seguido moito aduaneiros, polo que nom sei exatamente como ia a cousa :-P
    escrito por one2 hai 1 dia 21 horas 41 minutosone2
  105. escrito por berto hai 1 dia 21 horas 39 minutosberto
  106. #106    #85 ... pois ben mal que a usas... :-)
    escrito por petopitopato hai 1 dia 20 horas 45 minutospetopitopato
  107. #107    #106 ei! eu non che teño culpa, eu non a elexín, xa viña así de fábrica :-P
    escrito por ifrit hai 1 dia 20 horas 40 minutosifrit
  108. escrito por choutos hai 1 dia 20 horas 13 minutoschoutos
  109. escrito por zerovacas hai 1 dia 19 horas 28 minutoszerovacas
  110. escrito por petopitopato hai 1 dia 18 horas 50 minutospetopitopato
  111. escrito por Toxo hai 1 dia 18 horas 45 minutosToxo
  112. #112    A Yolanda Castaño actúa de mala fé porque non se pode ameazar nin con avogados nin doutra maneira con denunciar a un web por publicar contidos orixinais. Por outra parte, a actitude de Aduaneiros sem Fronteiras semella un pouco victimista, autopecharse por unha ameaza duns avogados é demasiado.. esperemos que o peche sexa temporal e non se aproveite a cousa para pechalo site e dicir que foi culpa da Yolanda. Que volvan a actividade xa e que lle resten importancia ás ínfulas da Yolanda ou loiten nos xulgados, pero se queren pechar que non o fagan deste xeito, xa que sería indigno para a calidade deste web.
    escrito por Cleoninha hai 1 dia 18 horas 41 minutosCleoninha
  113. #113    #112 penso o mesmo ca ti cleoninha, era o que queria expresar en #21.

    A decisión é bastante radical e poderia ter outro trasfondo como di maisun en #91, tamén é certo que se fose eu o "demandado" igual facia o mesmo por evitar historias xudiciais (xulgados e todo iso)
    escrito por suevo hai 1 dia 17 horas 8 minutossuevo
  114. #114    #113 , #112 e #21 Eu coido que é a mellor solución que puideron dar. Se o manteñen aberto de seguro que se caían axiña os avogados de Fraga, os de Lego, a xente que represtenta a película de Piratas do Caribe, Fadesa... (ou tantos outros cos que fixeron humor).

    O feito de pechar o site non creo que fose só pensado en forma de protesta, senón seguramente tamén como precaución. ;)
    escrito por Spaviladiyo hai 1 dia 17 horas 2 minutosSpaviladiyo
  115. #115    E digo eu.. pregunto, que houbera pasado si en lugares de ameazar cunha demanda houbera demandado directamente?
    escrito por charamelas hai 1 dia 16 horas 48 minutoscharamelas
  116. #116    Eu penso que a Yolanda ten moi pouca vergonza, sendo unha poetisa, creadora.. e que lles intente impedir aos Aduaneiros que fagan a súa laboura creativa! A vergonza para este país é que haxa personaxes de relevancia pública coma Yolanda e fagan este tipo de cousas.

    #113 #114 Por outra banda, non sei se os Aduaneiros teñen capacidade para meterse en xuízos... En todo caso, eu apoio aos Aduaneiros en canto a súa indignación porque a Yolanda fixera iso.. en canto as medidas que tomaron e todo iso.. non sei... o tempo dirá.
    escrito por Cleoninha hai 1 dia 16 horas 42 minutosCleoninha
  117. #117    se agardassem á sentenza a coissa tería máis glamour "yolandiano" e dende logo que bastante máis repercussiom, dende logo que é umha putada perder o resto dos posts por, a o meu parecer, umha arroutada divadiana da Casatanho mal aconselhada...co pulo que isto lhe dará á súa imagem...:-);)...eu deixo patente tambem o meu apoio na rede a o dereito a facer humor sem coaccçom...

    http://paraxedoincordio.blogspot.com/2007/10/et-tu-yolanda.html
    escrito por txari hai 1 dia 16 horas 12 minutostxari
  118. #118    O meu modesto grão de areia, um formulário-protesta:

    http://caminhos.gzpt.org/index.php/liberdade-para-os-aduaneiros/
    escrito por gerardinho2000 hai 1 dia 14 horas 26 minutosgerardinho2000
  119. #119    #30 Interessadas/os, já sabeis: a saquear a saco http://web.archive.org/web//http://www.aduaneirossemfronteiras.org

    Treme! Treme!
    escrito por gerardinho2000 hai 1 dia 14 horas 16 minutosgerardinho2000
  120. #120    Nas páxinas de Aduaneiros propuñan boas ideas, humor e reflexión .Respondíase co mesmo e con baba, envexa, ignorancia e falta de educación. Faltaba edición ou administración dos comentarios (censura e autocensura precisas cando se entra na casa dos outros sin respetar). Si triste é pensar que se precisa a censura máis triste é ver até que nivel se pode reducir a intelixencia humana, abusando da hospitalidade e deitando insultos e mexericos sen conto para suxar aos outros.

    A Yolanda Castaño sóbralle espello e embigo e parece que diñeiro para advogados, pero ten dereito a defenderse como millor lle pareza até penso que puido ser ruín e por denuncia na mesma.
    escrito por xisbe hai 1 dia 13 horas 26 minutosxisbe
  121. #121    #118 Gerardo, non dou comentado no teu blog: penso que non é unha boa idea pregarlle a YC que permita o regreso dos aduaneiros, porque ela non lle obrigou a pechar o blog a ninguén. Se vos pareceu moi drástica a medida dos aduaneiros protestádelles a eles, convencédeos de que si que paga a pena facer humor en GZ. Con Yolanda ou sen ela. Non creo que deades, pero polo menos se queredes que a interesada vos tome en serio non a acusedes de algo que non fixo.
    escrito por orsinia hai 1 dia 13 horas 2 minutosorsinia
  122. #122    Isto é como envolver peixe nun xornal. Para os aduaneiros a súa páxina perdeu o interese, coma un xornal que xa liches e do que cansaches. Así atópanlle unha nova utilidade. Inmólanse coma no seu día fixera a Va-Ca.

    Mágoa, porque o resto ainda non cansaramos do seu proxecto.

    E neste caso a actitude de Iolanda é coma o peixe: fede. Ten un cheiro a falta de humor que bota pra atrás.
    escrito por Ghanito hai 1 dia 12 horas 51 minutosGhanito
  123. #123    #121 Bom, dela foi a ideia de mandar o advogado. Aos AsF não creio que seja necessário pedir-lhes nada, já que se eles vissem que o monte não tem cancelas, ali poderiam seguir. Mas se a Sra. YC lhe-las colocou, terá de ser ela quem as retire, digo eu.

    Em Código Cero devem pensar mais ou menos o mesmo, já que também comentam de que o facto pode ter repercussões na imagem da 'musa'.

    http://www.codigocero.com/spip.php?article2572

    Parece así que a busca dunha musa para o Blogomillo vai ter que volver a comezar, dado que o incidente que levou ó peche voluntario de Aduaneiros podería ensombrecer a imaxe pública da poeta, máis coñecida actualmente pola súa labor como presentadora dun concurso da TVG.
    escrito por gerardinho2000 hai 1 dia 12 horas 46 minutosgerardinho2000
  124. #124    Nova marca de chuzadas, no entanto...
    escrito por Calidonia hai 1 dia 12 horas 39 minutosCalidonia
  125. escrito por Galegoman hai 1 dia 12 horas 9 minutosGalegoman
  126. #126    Aduaneiros Sem Fronteiras... outra vaca no paraíso dos mártires do humor! Os meus pêsames, os meus parabéns e o meu mais sincero obrigado a Bertez e Panchez por tudo! :-)
    escrito por osanma hai 1 dia 12 horas 1 minutoosanma
  127. #127    #124 e achegandose a grande velocidade ó número de comentarios da fuga de Ugio
    escrito por Ghanito hai 1 dia 11 horas 54 minutosGhanito
  128. #128    En resposta a algún comentario que vin por aquí contra os aduaneiros, como se fosen os culpábeis en vez das vítimas, pego o que puxen no meu blog:

    "Coido que nin os aduaneiros nin ningún blogueiro ten a obriga de postear periodicamente se non o desexa (e falo por min, está claro :-D). Supoño que a medida tomada polos responsábeis do blog de pechalo non se debe nin ás poucas ganas de traballar, nin á pasividade, nin aos morritos, senón que é, en si mesma, outra medida de presión".
    escrito por Modesto hai 1 dia 11 horas 15 minutosModesto
  129. #129    Deveriam dar umha rolda de prensa as partes implicadas.
    escrito por peeler hai 1 dia 11 horas 2 minutospeeler
  130. #130    o que está claro é que o país perde un dos seus máximos referentes do deseño gráfico e do humor.

    o que me extraña é que sexa agora cando este avogado poña os aduaneiros entre a espada e a parede, tendo sido publicado o gráfico fai ben tempo.

    evidentemente, a creatividade destes artistas non remata por decidiren pechar a web. creo que iso é o único bo, xunto coa enteireza e a testa ben erguida de poren eles o fin ante ese ataque á intelixencia por parte do letrado e da "ofendida".

    confío en que o peche sexa temporal e que nos sorprendan con algunhas das súas pérolas ben pronto. (tamén sei que é difícil)

    non sei se recollo o sentir de moitas e moitos galegos e...

    » ver todo o comentario
    escrito por araldeira hai 1 dia 10 horas 39 minutosaraldeira
  131. #131    O Clube de Fans de Os da Ría tamén se solidarizou cos Aduaneiros (presos poéticos)

    http://clubedefansdosdaria.blogspot.com/
    escrito por martha hai 1 dia 10 horas 17 minutosmartha
  132. escrito por tolemicas hai 1 dia 10 horas 12 minutostolemicas
  133. #133    inseminario dixit: "super a prol de Io Landa" http://inseminario.blogspot.com/
    escrito por tolemicas hai 1 dia 10 horas 9 minutostolemicas
  134. #134    Voltarán

    Aduaneiros Aurrera! :-D
    escrito por xurxo hai 1 dia 9 horas 46 minutosxurxo
  135. #135    "cando deixo de ser flor molesto/que eu contraese unha grave doenza favoreceria grandemente a miña proxección literaria/como non teña traballo/ marcho para Las Vegas/ nos Estados Unidos son máis guapa que en ningún sitio/pero teño sido agre e pretenciosa/teño sorrido por interese propia/a axetreada capitalista sexy/ser é o difícil/ cando falei só contemplaron os meus labios/se me tomo un descanso iso farame irresponsable/se son vulnerable serei pisoteada/se me fosen peor as cousas quereríadesme máis?... segue aquí:http://bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=%28R++++++1&alias=Yolanda+Casta%F1o&id_edicion=%28R++++++1001&formato=video&pagina=1&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3D%28R++++++1%26alias%3DYolanda+Casta%F1o%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3E%28Re%29ser%28vado%29++%28Polifon%EDas%29%3C%2Fa%3E&maxpagina=2&minpagina=1
    escrito por tolemicas hai 1 dia 9 horas 45 minutostolemicas
  136. escrito por chimpin hai 1 dia 9 horas 30 minutoschimpin
  137. #137    a paciencia dos usuarios ten un límite, isto evidente non ó entenden os web(on) master. Os usuairos debemos aceptar ser insultados e ameazados sen que fagan ren. Mesmo en chuza hai usuarios que foron ameazados e insultados sen que bertiño mova un dedo pra defendelo

    Ben pola iniciativa de Yolanda, está no dereito de defender os seus intereses. Non ten porque aguantar nen permitir crítica algunha da súa persoa. Non é unha política nen unha persoa que estea na polémica diaria Podemos ou non estar de acordo con ela. Pero é o seu nome o que se cita nese blog e iso dalle dereito a defenderse

    Paréceme que moitos dos que aquí falan sen cancelas non din ren cando é outra persoa a atacada. É bertiño, se non fose o web(on) master de chuza candos se posicionarían do seu lado?

    Xa che digo eu a resposta: NENGÚN

    Ah, e lembremos que foi BERTIÑO quen pechou aduaneiros NON Yolanda
    escrito por Nemigo hai 1 dia 7 horas 27 minutosNemigo
  138. #138    A culpa é de Ibarretxe!!
    escrito por superxis hai 1 dia 6 horas 18 minutossuperxis
  139. #139    E se nemigo fechara o seu bló por presións doutro troll quen o defendería? Voltaire?
    escrito por ifrit hai 1 dia 5 horas 38 minutosifrit
  140. #140    #137 tes algo de razón, Nemigo. Ás veces aturar os trolls sen que ninguén faga nada por moderalos é unha cruz.

    Pero iso non é o mesmo que aceptar críticas realizadas dun xeito correcto por moito que nos amolen. O deseño non era insultante. Chamarlle cambiachaquetas por cambiar de idea en tan pouco tempo non lle tiña que parecer tan mal. Se ela cre que a súa decisión foi correcta debería aceptar as críticas sen mais e non darlles importancia. Igual o que pasa é que lle amola porque non ten a conciencia tranquila de todo e no fondo, moi fondo sabe que levan razón os que a critican. Ou igual é por algo completamente diferente. ¿Por que non fala ela para aclararnos a súa postura?
    escrito por Ghanito hai 1 dia 26 minutosGhanito
  141. #141    #137 Que os Aduaneiros fechassem por pressão do advogado da Castaño é quase o mesmo que dizer que a YC em pessoa forçou o feche, já que o advogado em si não pinta nada.

    E a YC não será um político, mas é um personagem público e, como tal, deve assumir as críticas, mormente quando no caso aduaneiro serviam para retratar (de forma algo estrambótica) a sua incoerente mudança de posições na esfera pública.

    Decerto que o feche foi uma medida apresurada, já que com o actual enquadramento legal não havia muitas possibilidades de uma demanda prosperar (existe jurisprudência que permite as paródias e que ampara a liberdade de expressão).

    Claro que após questões como o...

    » ver todo o comentario
    escrito por gerardinho2000 hai 20 horas 31 minutosgerardinho2000
  142. #142    creo que non paga a pena pechar todo o 'site' por un problema puntual cunha persoa en concreto. o proxecto non merece morrer así.
    escrito por alema hai 20 horas 30 minutosalema
  143. escrito por besbellinha hai 17 horas 44 minutosbesbellinha
  144. #144    E agora que vai ser das aduaneiras??? :-D:-D
    escrito por Kiko_das_leiras hai 4 horas 37 minutosKiko_das_leiras


quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]