O LAMENTO DA FROUXEIRA : O romance popular



O castelo da Frouxeira foi un castelo senlleiro. Unha atalaia defensiva que era o berce e o corazón das moitas propiedades daquel Pardo de Cela (vencellada ó seu señor) e que protagonizou directa ou indirectamente un dos momentos cruciais da nosa historia. 

Foi unha fortaleza mítica que sufriu a praga de asolamento imposta polos Soberanos Católicos e executada por Fernando de Acuña, na que tantos castelos do país foron derrubados. E foi a protagonista tamén dun dos lamentos máis célebres da nosa lírica: o choro polo seu dono e polo seu destino. 

Hai unha poesía popular, da que hoxe só se conservan algúns fragmentos: O Lamento da Frouxeira.

É unha das xoias literarias dos chamados séculos escuros da literatura galega, e lembra a tradición dunha lírica de caracter épico. Este romance trátase do mesmo castelo, que láiase da traizón sufrida polos seus e chora amargamente a morte do seu señor, O Marechal Pardo de Cela. É de fermosa traza e apaixonado contido e foi herdada pola tradición oral.


O lamento continúa a ser —en xustiza— o mellor epitafio para a historia contradictoria e suxestiva do Mariscal Pardo de Cela: 

 



"A min chaman Todomira, 
señora do gran tesouro; 
por estrela clarecida
xago neste Valedouro.

Mais traidor foi que un mour 
o vilán que me vendeu
que de Lugo a Ribadeu
todos me tiñan tremour.

De min, a triste Frouxeira
que por traición foi vendida
derrubada na ribeira,
que xamais se veu vencida. 

Por traición tamén vendido 
Xesús noso Redentor,
e por aquestes traidores
Pero Pardo, meu señor. 

Vintedous foron chamados
os que vendido lo han,
non por fame de sustento, 
de carne, viño nin pan.

Nin por outro menester
que falsean de bondade
senón por súa vilancia
e mais por mala intención. 

Eles quedan por traidores 
e o seu amo por leal, 
pois os reis á súa filla
as súas terras mandan dar. 

A Deus darán contadelo, 
que lles queira perdoar, 
co que acabou a Frouxeira 
e a vida do Mariscal...

 

www.geocities.com/galiciaespallada

1