Ferrín apoia o “bueno”

Esclarecedora, moi esclarecedora foi unha mesa redonda que se organizou o xoves pasado en Vigo en que participaron Xosé Luís Méndez Ferrín, Camilo Nogueira e Xosé Manuel Beiras. O título do encontro era “presente e futuro da esquerda nacionalista”, pero a cousa (como non) foi derivando a materias lingüísticas. Desde logo, o máis destacado da mesa redonda foi o apoio claro e explícito de Xosé Luís Méndez Ferrín á galeguidade do “bueno”, tan defendida nestas páxinas e tan criticada noutros foros.

(more…)

8 comentarios 20/Decembro/2008

Luchi non se aclara coa ‘pelu’

A miña amiga Luchi ten un establecemento de beleza en Boqueixón, e este Nadal precisamente vai facer dez anos de traballo no seu humilde local. Pode dicirse que o seu chiringo é unha mostra do correr do tempo. Pero hai algo que non cambia. A Luchi gústalle atender a súa clientela en galego, idioma que ela fala habitualmente, igual ca a maioría das clientas. Pero publicitar o seu establecemento como é debido cústalle algunha que outra complicación (mental e económica, claro).

Cando a Luchi se instalou no local, e a pesar de que as clientas empregaban o castelanismo ‘peluquería‘, animouse a poñer o rótulo do establecemento en correcto galego, para dar exemplo e “normalizar”.

En correcto galego… daquela. Porque isto foi hai sete anos, pero como hai cousa de cinco os cambios da normativa aconsellaban trocos… pois ela non se cortou un pelo e cambiou ela tamén… pola súa militancia lingüística e con spray, como fan os reintegratas.

O caso é que pasou o tempo e chegou aos seus oídos que o de “perruquería” nin o de “perrucaría” son válidos agora en galego, e que ela xa non pode ser “perruqueira”. O último look na moda lingüística é “salón de peiteados” e a súa profesión, “peiteadora”, aínda que ela di que máis que peitear fai de todo: corta, pon mechas, etc. Pero en fin, traga… pero xura que será a última vez.

…Porque tres cambios de cartel en dez anos xa parecen demasiados… Con todo, ela é escéptica. Teme que en breve lle digan que “salón” xa non é, e que acabe por ser outra cousa: ata “salom“… ou “salão“… ou “saloon“… ou xa directamente “cabeleireira“, inspirado no feito de que en en Portugal os que van cortar o pelo van a unha tenda chamada “cabeleireiro“, que pode ser “cabeleireira” sendo unha muller quen a rexenta.

(more…)

12 comentarios 19/Decembro/2008

Ciberdúvidas deséxache boas festas… recordándoche claramente que galego e portugués son linguas diferentes

Existe unha páxina estupenda para resolver dúbidas arredor do portugués da que xa vos falei nunha ocasión. É ciberdúvidas da língua portuguesa. Pois ben, para que non queden dúbidas (ou dúvidas) de que galego e portugués son linguas diferentes, velaquí o que ve nada máis se abre a páxina. Un “Feliz Natal” acompañado dun “Bon Nadal” (sic) algo máis abaixo. Si, si, señores… Un Nadal cun “d” coma unha casa e un “bon” con “n” final precioso, nada de “bom”.

(more…)

40 comentarios 18/Decembro/2008

Embarazos que embarazan

Temos outra fonte de separación entre o galego e o portugués por culpa dos “embarazos”. Porque, a pesar de que tanto aquí como alá está permitido o uso da palabra “gravidez”, alá ninguén di “embaraço” para referirse ao estado no que están as grávidas, nin aquí se emprega habitualmente “gravidez” para referirse ao “embarazo”, termo que aparece como máis científico nos dicionarios galegos.

(more…)

23 comentarios 17/Decembro/2008

Coñecido activista anti-bueno, sorprendido usando ‘boeno’ no seu blog (antes de ver ‘a luz’, por suposto)

Moito se meteu o blogueiro e chuceiro reintegracionista Fer cos partidarios do recoñecemento da interxección “bueno” como plenamente galega. A min, como principal promotor, chamoume de todo… ata “friki”. E en Facebook mesmo se sumou a unha campaña -de moi pouco éxito, por certo- denominada “o sea é galego”, co único obxectivo de ridiculizar a galeguidade de “bueno”. Pero para que están as hemerotecas? Para consultalas. Velaquí a proba de que o Fer empregaba “bueno” (escrito con “o”) no seu blog (Facíao Castelao, como non o ía facer el?!). Tachán!!

Image and video hosting by TinyPic

(more…)

8 comentarios 16/Decembro/2008

Outro síntoma de auto-odio:
‘Bueno’ non pero ‘Bué da fixe’ si

É absolutamente flipante a incoherencia dalgúns dos que rexeitan con vehemencia a galeguidade da expresión ‘bueno’ pola súa orixe castelá. Refírome sobre todo a aqueles que, agora que coñecen o carácter público desta polémica, evitan por todos os medios dicir ‘bueno’ e din (máis do que dicían) ese ‘bom‘ tan artificial e tan alleo. E aseguro que son incoherentes porque se escandalizan co uso de ‘bueno’ pero logo non din nada e/ou fomentan o uso de expresións tan portuguesas (e tan pouco galegas, por outra parte) como ‘bué de fixe.

(more…)

24 comentarios 15/Decembro/2008

‘Cachorro’ do NH

Grazas á expansión das novas tecnoloxías, e sobre todo da Internet, o reintegracionismo está chegando a xente cada vez máis nova. Tal é o caso do protagonista da entrevista de hoxe, un rapaz de 16 anos que foi “recrutado” -como el mesmo di- á causa reintegracionista mentres buscaba na rede respostas arredor da lingua… ‘Paulo’ -nome ficticio deste menor de idade- virou reintegrata cando tiña só 14 anos. Foi a opción lingüística que máis o convenceu despois de volver ao galego tras unha longa etapa como castelanfalante. O que menos lle gusta é que se identifique o reintegracionismo con certas tendencias políticas, pero aínda así velle futuro a escribir con nh: “A menos galego-falantes na Galiza mais reintegracionismo, estou certo“. Así opina Paulo, un dos ‘cachorros’ do NH.

(more…)

16 comentarios 14/Decembro/2008

Proximamente…
A outra cara (a máis chunga)
do reintegracionismo

Un intenso traballo de investigación vai desvelar en alema.org un aspecto do que ninguén quere falar entre as “autoridades” do reintegracionismo. É a minoría dentro da minoría, pero preocupa… e moito. De momento son os únicos detalles que vos podo ofrecer, pero prometo mantervos informados. Permanecede atentos ao voso blog favorito. Non quedaredes indiferentes ante as revelacións que se aproximan…

20 comentarios 13/Decembro/2008

A arte de organizar “debates”
sen posturas antagónicas

Os amigos da Gentalha do Pichel invitáronme a un “debate” ao que finalmente non puiden asistir pero do que me informei, como non podía ser doutro xeito, a través do PGL. E o de “debate” vai entre comiñas porque xa polo título (”Porque nom recebemos as TVs portugueses na Galiza? Obstáculos técnicos ou políticos?”) era máis que previsible a resposta: “Por obstáculos políticos”. É dicir, parto da base que os da Gentalha, pillabáns eles, sabían de antemán que o seu pretendido “debate” ía ser máis ben unha xuntanza de amigos onde todos din exactamente o mesmo discurso pero con palabras distintas. Eis o “debate”.

(more…)

13 comentarios 12/Decembro/2008

Existe un acento galego neutro?
E se o hai, quen carallo o ten?

A raíz do último artigo no que Marina Castaño comentaba as técnicas que se empregaban (e se empregan) para “pulir” o acento galego dun castelanfalante para convertelo en neutro, xurdiume unha reflexión: acontecerá o mesmo co galego? Eu parto da base de que todos os idiomas teñen un acento neutro, unha casa común onde se ven recoñecidas todas as variedades dunha lingua. Hai acento neutro en español internacional de España, en catalán internacional de Cataluña, en portugués internacional de PortugalComo non o vai haber en galego internacional de Galicia?

(more…)

8 comentarios 11/Decembro/2008

Documento aterrador: técnicas para “pulir” o acento galego

Eu non son de escoitar moito a radio, pero esta tarde cadroume de poñer a Cadena Ser e escoitei por puro azar un documento aterrador. Teño que recoñecer que me custou moito traballo recoñecer a convidada do programa La Ventana‘, onde tamén interviña o showman galego-venezolano Boris Izaguirre, a quen tanto se bota en falta na tele. Pero bueno, o de menos é a persoa. Fixádevos o tratamento de reprogramación de acento ao que eran sometidos os xornalistas e locutores hai algúns aniños. Seguirá facéndose aínda hoxe? :-O

(more…)

17 comentarios 10/Decembro/2008

Ascárida: “Consólame pensar que o 99,9% dos reintegratas acaban de funcionarios”

Hai veces en que un avatar di moito dunha persoa. É o caso de ascárida. Fixádevos nesa cara entre altiva e de desprezo coa que vos mira… Non vos parece apaixonante e aterrador ao mesmo tempo? :D A min ese toque medio croco que ten sempre me pareceu que tiña un punto. É unha tipa que non se corta un pelo, esta ascárida. E nunha visita guiada por alema.org non podía ser unha excepción. Sinceridade e borderío en estado puro.

(more…)

16 comentarios 9/Decembro/2008

Artigos anteriores


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Thu, 00:28

alema: xa sabe llik que canta máis massa mellor se passa :D

llik: Por certo, menuda expectacion xD

llik: A prioridade será cousa de alema... alema,estaste a convertir nun mass media xD

Modesto: llik, xa hai lista de espera

llik: akimbo18@hotmail.com

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta