Arquivo de 2 Decembro 2008

Tijolismo reintegrato-reunificacionista

Un comunicante anónimo púxose en contacto con alema.org para denunciar as prácticas de spam que practican os membros (ou debería de dicir “o membro”?) da Comissão para a Reunificação Nacional da Galiza e Portugal ás portas da sede da Bazán en Ferrol. Os pobres traballadores, despois dunha dura xornada de curro, reciben coitados este tipo de tijolos (ou ladrillos, en galego internacional de Galicia). Para evitar mareos, podes ampliar as imaxes clicando enriba delas.

Definitivamente, o(s) da CRNGP debería(n):

- Non estenderse tanto (aposto a que nin o 0,01% das vítimas do spam leron integramente o tijolo entregado: non só teñen que esforzarse en ler portugués padrão senón que teñen que facelo despois dunha longa xornada de traballo) e recordar que os nomes de empresas (”Izar”) non se traducen nin transliteralizan (”Içar”). Ai, ai, ai…

- Ir esquecendo os textos xustificados e as MAIÚSCULAS HOYGAN nos seus panfletiños, optar por unha redacción máis directa e menos tijoleira,… en definitiva… postos a facer spam, mellor facelo como deus manda, non? Agora que… visto o blog da CRNGP , moito me temo que a cousa ten pouco remedio

Isto, e mais as pintadas, non poden darlle peor imaxe ao reintegracionismo. Ademais, a saber cantos traballadores da Bazán poden pensar que os que escriben en reintegrata defenden tamén a reunificación política con Portugal. En fin, o que avisa… :D

20 comments Decembro 2nd, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Wed, 18:39

Yuji: Mas pro caso de serem usuários (no sentido informático), acho que se usa mais utilizador (pt) ou usuário (br), não?

alema: "Os utentes podem utilizar estas normas em português"

O Peto Lareto: gracias alema, estou a pensar que sería moito mási claro algo asi como : Os utentes podem solictar estas normas en Portugués. ¿É correcto? poñedelle os acentos [...]

alema: ,que são obrigatórias

alema: Os utentes podem solicitar a língua destas normas

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta