Suíza - Schweiz

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Confoederatio Helvetica
Schweizerische Eidgenossenschaft
Confédération Suisse
Confederazione Svizzera
Confederaziun Svizra
Confederación Helvética
Confederación Suíza
Bandeira de Suíza Escudo de Suíza
Bandeira Escudo
Lema: Unus prol omnibus, omnes prol un.
(Latín: Un para todos, todos para un)
Himno nacional: Cantique Suisse
 
Europe location CHE.png
 
Capital
 • Poboación
Berna
122.658 (2007)
Cidade máis poboada Zúric
Linguas Alemán, francés, italiano e romanche1
Forma de goberno República federal
Hans-Rudolf Merz
Doris Leuthard
Independencia
• Declarada
• Recoñecida
do Sacro Imperio Romano
1 de agosto de 1291
24 de outubro de 1648
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 132º
41.285 km²
3,7%
1.852 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 92º
7.593.500
183,93 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 20º
US$ 415.516 mil
53.352
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 38º
US$ 300.186 mil
41.128
IDH (2007) 0,955 () – Moi Alto
Moeda Franco suízo (CHF) = 100 rappen
Xentilicio Suízo, -a

helvecio, -a helvético, -a

Fuso horario
 • en verán
UTC 1
UTC 2
Dominio de Internet .ch
Prefixo telefónico +41
Prefixo radiofónico HEA-HEZ, HBA-HBZ
Código ISO 756 / CHE / CH
Membro de: ONU, EFTA, OCDE, OSCE

1 Lingua nacional, considerada localmente oficial nos Grisóns

Tódolos países do mundo

Suíza (en alemán: Die Schweiz[1], en francés: Suisse, en italiano: Svizzera, en romanche: Svizra) é un estado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Ten fronteiras ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).

A nación ten unha forte tradición de neutralidade política e militar, razón pola cal é a sede de numerosas organizacións internacionais, incluíndo a Cruz Vermella, a Organización Mundial do Comercio ou unha das oficinas das Nacións Unidas. Non forma parte da Unión Europea, mais si forma parte do Acordo de Schengen.

É segundo as propias autoridades suízas unha nación multiétnica, multilingüística e multicultural, froito dunha vontade política, onde conviven catro linguas nacionais: o alemán, o francés, o italiano e o romanche. O estado réxese por unha estrutura confederal dende 1848, que consiste en vinteseis estados chamados cantóns. A súa capital é Berna.

O seu nome deriva dun dos cantóns fundadores da federación, Schwyz (en alemán estándar: Schweiz, ao parecer variante da tribo dos suevos), en canto ao nome de Confederación Helvética deriva da antiga tribo celta dos helvecios que habitaron a metade oeste e parte do centro deste país durante a antigüidade. Suíza é, dende finais do século XIX, un dos estados máis ricos e desenvolvidos do mundo.

Índice

[editar] Historia

A Carta Federal de 1291

A Antiga Confederación Suíza foi unha alianza entre as comunidades do val central dos Alpes, que facilitaba a xestión dos intereses comúns e garantía a paz na montaña das rutas comerciais máis importantes. A Carta Federal de 1291 asinada polos representantes dos cantóns rurais de Uri, Schwyz e Nidwalden, é considerada o documento fundacional da confederación, malia ser probable que as alianzas xa existisen décadas antes.

Un dos motivos deste acordo foi unirse fronte ao dominio da foránea casa dos Habsburgo, entón detentores do trono do Sacro Imperio Romano Xermánico. Na Batalla de Morgarten en 1315, os suízos derrotaran o exército dos Austria, garantindo así a súa independencia de facto como a Confederación Suíza. Na Paz de Westfalia de 1648, os países europeos recoñeceron a independencia helvética do Sacro Imperio e a súa neutralidade.

En 1798, os exércitos da Revolución francesa conqueriron Suíza, constituíndo un novo estado centralizado e abolindo os cantóns. O novo réxime, coñecido como a República Helvética era moi impopular, xa que foi imposto por un exército invasor que destruíu séculos de tradición, para pasar a ser un estado satélite francés. En 1815, o Congreso de Viena restableceu de novo a independencia do país e as potencias europeas concordaron en recoñecer a súa neutralidade de xeito permanente.

Suíza adoptou unha constitución federal en 1848, na cal elixiuse Berna como capital. Até entón a sé do goberno rotábase cada ano e máis tarde cada dous anos para non menosprezar a ningún cantón da confederación. As outras dúas cidades candidatas eran Zúric e Lucerna. A idea da necesidade dun equilibrio entre os cantóns nun sistema federado (argumento en contra de Zúric como a cidade máis forte e capital industrial) e os resentimentos debidos á guerra separatista do Sonderbund (Liga Separada ou A Outra Alianza) de 1845 (á cal Lucerna pertencía) levaron á elección final de Berna como sé do Goberno.

A constitución sufriu extensas emendas en 1874, estabelecéndose responsabilidade federal para os asuntos legais, de defensa e comercio. Dende entón, melloras continuas nos campos político, económico e social teñen caracterizado a historia do país. Historicamente neutros, os suízos non participaran en ningunha das guerras mundiais. En 2002, de acordo coa constitución federal de 1999, Suíza finalmente tornouse membro integral das Nacións Unidas.

[editar] Política

O Primeiro Pazo Federal en Berna
O Consello federal suízo en 2009. Os seus membros actuais son (de esquerda á dereita): CF Ueli Maurer, CF Micheline Calmy-Rey, CF Moritz Leuenberger, Presidente Hans-Rudolf Merz, CF Doris Leuthard (Vicepresidente), CF Pascal Couchepin, CF Eveline Widmer-Schlumpf e a Chanceler federal Corina Casanova
Sé da Asemblea Federal

De acordo coa constitución de 1999, os cantóns deteñen todos os poderes non especificamente delegados á Confederación. O parlamento bicameral suízo, a Asemblea Federal, é principalmente quen exerce o poder. As dúas cámaras, o Consello dos Estados e o Consello Nacional, teñen poderes iguais en todos os aspectos, inclusive canto á iniciativa lexislativa.

Os 46 membros do Consello de Estados (dous de cada cantón e un de cada un dos antigos semicantóns) elíxense directamente en cada cantón, mentres os 200 membros do Consello Nacional son electos directamente nun sistema de representación proporcional. Calquera cidadán pode oporse a unha lei que sexa aprobada polo parlamento. Se é capaz de recoller 50.000 firmas contra devandita lei en 100 días, hase de convocar un referendo a nivel nacional no que os votantes deciden por maioría sinxela se aceptan ou rexeitan a lei.

Ademais, calquera cidadán pode solicitar que se adopte unha decisión sobre unha emenda que queira facer á constitución. Para que tal emenda prospere, ten que recoller 100.000 firmas en 18 meses. Devandita iniciativa popular pode ser formulada como unha proposta xeral ou, máis frecuentemente, como un novo texto cuxo contido non poida ser mudado nunca polo parlamento e o goberno. Despois da recollida de votos, o Consello Federal (Goberno) pode crear unha contraproposta á proposta de emenda e realizar unha votación no mesmo día. Dita contraproposta adoita ser un compromiso entre o sistema actualmente vixente e a nova proposta. Os votantes decidirían de novo nun referendo nacional se aceptan a iniciativa, a contraproposta ou ambalas dúas. Se ambas son aceptadas, o votante ten que asinar adicionalmente unha preferencia. As iniciativas teñen que ser aceptadas por unha dobre maioría dos votos populares e unha maioría dos cantóns.

O órgano executivo máximo é o Consello Federal, un colexiado de sete membros. Aínda que a constitución determine a responsabilidade da Asemblea Federal pola elección e supervisión dos membros deste Consello, el asumiu gradualmente un papel destacado na dirección do proceso lexislativo, alén da súa atribución na execución da lei federal. O Presidente da Confederación elíxeno os sete conselleiros pola Asemblea Federal, e por un ano asume funcións representativas especiais.

Dende 1959, os catro partidos maioritarios están representados no Consello Federal, proporcional á súa representación no Parlamento federal:

Esta distribución tradicional das cadeiras non está sustentada por ningunha lei, e nas eleccións de 2003 para o Consello Federal o CVP/PDC perdeu a súa segunda cadeira para o SVP/UDC.

O Tribunal Federal vela polo cumprimento da lei e resolución de conflitos oriúndos de violacións de autonomías cantonais e comunais, ben como de tratados internacionais; apreza aínda reclamacións por violación de dereitos constitucionais. Os seus xuíces son elixidos pola Asemblea Federal para mandatos de seis anos.

[editar] Cantóns

Véxase artigo principal Cantóns de Suíza

A Confederación suíza divídese en 26 cantóns:

*Estes semicantóns están representados por un só representante no Consello de Estados (en lugar de dous).

As súas poboacións oscilan entre os 15.000 habitantes de Appenzell Interior e os 1.253.500 de Zúric. A a súa área entre os 37 km² do cantón máis pequeno, Basilea-Cidade, e os 7.105 km ² dos Grisóns. Os cantóns comprenden un total de 2.889 municipios. En Suíza existen dous enclaves: Büsingen, que pertence a Alemaña e Campione d'Italia, que pertence a Italia.

Nun referendo celebrado no estado austríaco de Vorarlberg o 11 de maio de 1919 máis do 80% dos votantes apoiou a proposta de que o Estado debería unirse á Confederación Suíza. Con todo, finalmente foi impedido pola oposición do Goberno de Austria, os Aliados, os Liberais suízos, os Italo-Suízos (persoas de nacionalidade Suíza que viven nas rexións de fala italiana) e o Romands (suízos que viven nas rexións de fala francesa).[2]

[editar] Institucións internacionais en Suíza

Sede Europea das Nacións Unidas de Xenebra

Un número inusitado de institucións internacionais teñen a súa sede en Suíza, en parte debido á súa política de neutralidade. A Cruz Vermella foi fundada aquí en 1863 e aínda ten o seu centro institucional no país. Tamén ren a súa sede a Unión Europea de Radiodifusión, concretamente na cidade de Xenebra.

Aínda que Suíza non é membro da Unión Europea, xa que o pobo suízo rexeitou a súa adhesión nun referendo a comezos de 1990, forma parte do Acordo de Schengen, que permite a libre circulación polo estados da Unión. Suíza é un dos máis recentes países que se sumaron ás Nacións Unidas, no ano 2002, aínda que a segunda maior sede da Organización xa se atopaba en Xenebra. Ademais Suíza foi membro fundador da Liga das Nacións. A parte da sede das Nacións Unidas, Xenebra é sede de moitos organismos das Nacións Unidas, como a Organización Mundial da Saúde (OMS) ou a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) entre outros.

Tamén moitas das federacións e organizacións deportivas internacionais teñen a súa sede arredor de todo o país, como por exeplo a Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo. Os máis importantes son, probablemente, o Comité Olímpico Internacional, en Lausana, a FIFA (Federación Internacional de Fútbol Asociación), en Zúric, e a UEFA (Unión Europea de Fútbol Asociación).

A fundación do Foro Económico Mundial fundación tamén ten a súa sede en Xenebra, organización mellor coñecida pola súa reunión anual en Davos, reúne aos lideres económicos e políticos para discutir os temas importantes que enfronta o mundo, incluída a saúde e o medio ambiente.

[editar] Xeografía

Mapa de Suíza

A paisaxe suíza caracterízase polos Alpes, unha alta cadea montañosa que se estende polo centro-sur do país. Entre os altos picos dos Alpes suízos, o máis alto dos cales é o Pico Dufour, de 4.364 m, encóntranse innúmeros vales, algúns con glaciares. Deles, emerxen varios dos máis importantes ríos europeos como o Rin, o Ródano, o Inn, o Aar ou o Tesino, que adoitan desembocar en lagos como o Léman, o de Zúric, o Neuchâtel e o de Constanza, volvendo logo a descender. Á súa vez, estes e outros lagos son de orixe glaciar, os meirandes formados nas terminais dos antiguos glaciares alpinos.

O norte do país é máis aberto e máis habitado, mais tamén ten ondulacións como o macizo do Xura, unha cadea menor no noroeste. O clima suízo é en xeral temperado, mais as variacións rexionais son grandes, dende as rigorosas condicións nas altas montañas ao agradábel clima mediterráneo no extremo sur.

[editar] Economía

Reunión do Foro Económico Mundial en Suíza
Zúric, centro económico de Suíza
Sede central de Nestlé, ás beiras do lago Léman
Véxase artigo principal Economía de Suíza

A pesar da ausencia de recursos naturais, a economía suíza figura dentro das máis prósperas e desenroladas so mundo. A taxa de desemprego é particularmente baixa así como a taxa de infiltración. A continuación pódese observar un pequeno resumo da economía helvética por sectores.

[editar] Sector primario

O sector primario ocupa un lugar mínimo na economía suíza. O custo da agricultura non permite a exportación sen a axuda do estado (subvencións), que utiliza miles de millóns de francos, o que permite a supervivencia dun gran número de agricultores. O consumo de produtos biolóxicos e as restricións de utilizar abonos e pesticidas comeza a gañar a opinión suíza. Os controis son moi estritos e son un dos factores principais que beneficia a imaxe da agricultura suíza.

Os organismos xeneticamente modificados son aínda centro de polémica, as sondaxes demostran que a poboación suíza está de acordo coa procura científica nese dominio (o grupo Syngenta, filial agro de Novartis, é actualmente líder do sector), aínda que esta está en desacordo co consumo destes produtos.

A empresa suíza Nestlé, cuxa sede principal se atopa en Vevey, é o líder mundial da industria agroalimentaria.

[editar] Sector secundario

O sector secundario está en regresión desde os anos 70. As principais razóns son:

  • O traslado das actividades do sector, debido en parte aos custos extremadamente elevados.
  • O traslado da produción cara aos países asiáticos e de Europa Oriental.

A pesar disto, os sectores da mecánica, electrónica, da reloxaría, da tecnoloxía médica e da química son recoñecidos pola súa calidade e innovacións. Entre as empresas que exercen neste dominio, Novartis (líder mundial de medicamentos xenéricos) é unha das máis grandes empresas farmacéuticas do mundo, Hoffmann-A Roche (medicamentos) e Rolex (reloxos).

[editar] Sector terciario

Actualmente, a maioría dos empregos atópase no sector terciario e continúa avanzando neste sector grazas á importancia das actividades financeiras, de seguros, de transportes así como as empresas ditas de "consello" ou conselleiras. Ademais o aumento do nivel de vida, nada desprezable en Suíza despois de mediados do século XX, participa no progreso do sector grazas a unha ganancia de intereses nas actividades de entretemento da poboación (vacacións, cinema, actividades deportivas, entre outras). O turismo, os bancos e os estudos de enxeñaría son sectores de gran prosperidade.

[editar] Demografía

Linguas oficiais en Suíza:[3]       Alemán suízo (62.7%; 72.5%)       Francés (20.4%; 21.0%)       Italiano (6.5%; 4.3%)       Romanche (0.5%; 0,6%)
Famosos suízos: Leonhard Euler (matemático), Louis Agassiz (xeólogo), Albert Einstein (físico), Auguste Piccard (físico)

Suíza atópase no cruzamento de diversas das principais culturas europeas, que influenciaron profundamente nas linguas e prácticas culturais do país. Hai catro linguas oficiais: o alemán no norte e no centro (62,7% da poboación), o francés ao oeste (20,4%), o italiano ao sur (6,4%) e o romanche, unha lingua románica falada por unha pequena minoría (0,5%) no cantón dos Grisóns.

O alemán falado en Suíza é fundamentalmente un dialecto suízo coñecido como alemán suízo (Schwyzerdütsch), mais os xornais e algúns programas de televisión usan o alemán estándar. Con todo, a meirande parte dos suízos falan máis dunha lingua e ademais estranxeiros, residentes ou traballadores temporais, suman aproximadamente o 21% da poboación.

A maior relixión, practicada por 43% dos suízos, é o catolicismo romano, seguido por diversas crenzas protestantes (35%). Debido á inmigración hoxe en día tamén se estabeleceron o islamismo (4%) ou a ortodoxia oriental (2%), o resto da poboación pertencen a minorías relixiosas máis pequenas ou non practica relixión algunha. A estabilidade e prosperidade da Suíza, combinada coa poboación lingüística e relixiosamente diversa, leva a algúns a describir o país como un estado consociacional. A esperanza de vida es de 81,3 años (a terceira máis alta do mundo) e a media de fillos por muller é de tan só 1,44. A composición étnica actual é a seguinte (2007):

[editar] Cidades máis habitadas

Listaxe Cidade Cantón Pob. Listaxe Cidade Cantón Listaxe
Pano-Zurich-CityScape-FromGrossMunster-RiverSide.jpg
Zúric
Geneve 2005 001 Ork.ch.jpg
Xenebra
Panorama basel.jpg
Basilea
1 Zúric Zúric 366.445 11 Thun Berna 40.000
2 Xenebra Xenebra 177.500 12 Köniz Berna 37.900
3 Basilea Basilea-Cidade 165.000 13 La Chaux-de-Fonds Neuchâtel 36.900
4 Lausana Vaud 129.273 14 Schaffhausen Schaffhausen 33.700
5 Berna Berna 122.700 14 Friburgo Friburgo 32.000
6 Winterthur Zúric 97.300 16 Coira Grisóns 31.900
7 San Galo San Galo 70.000 17 Neuchâtel Neuchâtel 31.600
8 Lucerna Lucerna 57.300 18 Vernier Xenebra 29.400
9 Lugano Tesino 52.993 19 Uster Zúric 28.700
10 Biel-Bienne Berna 49.300 20 Sion Valais 27.600
Censo 2008


[editar] Cultura

Trompa dos Alpes
Letreiro en romanche

Os suízos son quizais muldialmente famosos polos seus bancos, o seu chocolate, os seus queixos, ás seas fondues, os seus reloxos, a súa neutralidade e os seus colexios internados privados. Con todo, o país helvético sempre foi influído por varias moitas culturas das maiores culturas europeas, quedando dende as súas prácticas culturais ata os seus idiomas. A súa festa nacional é 1 de agosto.

[editar] Linguas

En Suíza hai catro idiomas nacionais[5]: o alemán, idioma máis falado, oficial fundamentalmente no norte e centro do país (62,7%), o francés no oeste (20,4%), italiano no sur (6,5%) e unha pequena minoría fala romanche no cantón dos Grisóns (0,5%). Porén, con respecto á súa oficialidade, a Constitución di na seu artigo 70 que As linguas oficiais da Confederación son o alemán, o francés e o italiano, o retorrománico é tamén unha lingua oficial nas relacións que a Confederación manteña con persoas desta lingua. Ademais, cada cantón determina cal é a súa lingua oficial, aínda que sempre baixo o mandato constitucional de preservar a harmonía entre as comunidades lingüísticas e protexer ás minorías idiomáticas. Con todo, os cantóns de Tesino e Xura, aínda que se definen lingüisticamente como italiano o primeiro e francés o outro, a maioría da comunidade é xermana.

Oficialmente hai rexións que se denominan bilingües: as comunidades de Biel-Bienne, Friburgo, Murten-Morat e Sierre-Siders. Nos Grisóns, pola súa banda, as comunidades defínense en moitas ocasións como retorromanas, aínda que o alemán domine como lingua de comunicación. Nestes casos, o retorromano é a lingua administrativa e escolar, mentres que na vida cotiá a lingua utilizada é o suízo alemán. Hai ademais tres cantóns bilingües, Friburgo, Berna e Valais, ademais do xa nomeado cantón trilingüe dos Grisóns.

O alemán falado é predominantemente o dialecto suízo, coñecido como alemán suízo (Schwyzerdütsch), que á súa vez está dividido en varios subdialectos que forman dous conxuntos: os dialectos alemánicos ao oeste e os saxóns ao leste, mais nos medios de comunicación úsase o alto alemán (Hochdeutsch ou Schriftdeutsch), é dicir, o alemán normativo.

En canto ao francés, o idioma estendeuse na idade contemporánea sobre o substrato de dialectos do arpitano.

O sistema escolar suízo obriga a cada cantón a ensinar como mínimo unha lingua nacional aparte da lingua oficial do cantón. O conxunto de cantóns e territorios nos que predomina o idioma alemán é chamada Suíza alemá, a parte francesa Suíza Romanda ou Romandía e a parte italiana Suíza Italiana. Pese a todo é preciso sinalar que a meirande parte dos suízos falan máis de un idioma.

[editar] Festas e días festivos

Soamente a festa nacional do 1 de agosto está inscrita na Constitución. Cada cantón é libre de fixar ata 8 días festivos ao ano, aínda que esta posibilidade é só utilizada por vinteún deles. Legalmente os días festivos contan como un domingo, polo que hai as mesmas restricións en materia de transporte, salarios e a apertura de almacéns (prohibida os domingos, con excepción dos sitios autorizados, como as estacións de tren e aeroportos máis grandes do país, ou no caso de que o dono do almacén traballe tamén).

Os días festivos varían moito dun cantón a un outro. Soamente o Nadal e o Ano Novo son celebrados por todos. Outras festas, como Pascua, Luns de Pentecoste, Ascensión, Tódolos Santos, festas de relixiosas, varían dependendo da confesión do cantón, sexa esta católica ou protestante.

Data Nome Cantóns onde o día é festivo Cantóns onde o día é inhábil
1 de xaneiro Aninovo Todos
2 de xaneiro Berchtoldtag Argovia, Berna, Neuchâtel (soamente se o día 1 é domingo), Xura, Zug Argovia, Friburgo, Glaris, Lucerna, Neuchâtel, Obwalden, Schwyz, Soleura, Vaud, Xura, Zúric
6 de xaneiro Epifanía Schwyz, Tesino, Uri
1 de marzo Independencia Neuchâtel
19 de marzo San Xosé Lucerna (medio día), Nidwalden, Schwyz, Tesino, Uri, Valais
21 de marzo Santa Benedicta Lucerna
1 de abril Fahrtsfest Glaris
Variable Venres Santo Todos salvo Tesino e Valais
Variable Luns de Pascua Argovia, Appenzell Interior, Appenzell Exterior, Berna, Basilea-Campo, Basilea-Cidade, Glaris, Grisóns, San Galo, Schaffhausen, Schwyz, Tesino, Turgovia, Uri, Vaud, Xenebra, Xura, Zúric Lucerna, Neuchâtel, Nidwalden, Obwalden, Soleura, Zug
Variable Ascensión Todos
Variable Luns de Pentecostes Argovia, Appenzell Interior, Appenzell Exterior, Berna, Basilea-Campo, Basilea-Cidade, Glaris, Grisóns, San Galo, Schaffhausen, Schwyz, Tesino, Turgovia, Uri, Xenebra, Xura, Zúric Friburgo, Lucerna, Neuchâtel, Nidwalden, Obwalden, Soleura, Vaud, Zug
19 de abril Sechseläuten Zúric
1 de maio Día do Traballo Basilea-Cidade, Basilea-Campo, Schaffhausen, Soleura, Tesino, Uri, Xura, Zúric
23 de xuño Conmemoración do plebiscito Xura
Variable Corpus Christi Argovia, Appenzell Interior, Friburgo, Lucerna, Nidwalden, Obwalden, Schwyz, Soleura, Tesino, Uri, Valais, Xura, Zug
29 de xuño San Pedro e San Paulo Tesino
1 de agosto Festa nacional Todos (federal)
15 de agosto Asunción Argovia, Appenzell Interior, Friburgo, Lucerna, Obwalden, Nidwalden, Soleura, Schwyz, Tesino, Uri, Valais, Xura, Zug
xoves despois do 1º domingo de setembro Xaxún xenebrino Xenebra
luns seguinte ao 3º domingo de setembro Luns de xaxún federal Vaud Neuchâtel
2 de outubro Leodegar Lucerna
25 de setembro Festa de San Nicolás de Flüe Obwalden
1 de novembro Día de Tódolos Santos Argovia, Appenzell Interior, Glaris, Friburgo, Lucerna, Nidwalden, Obwalden, San Galo, Soleura, Schwyz, Tesino, Uri, Valais, Xura, Zug
O 4º luns de novembro O mercado de cebolas Berna
8 de decembro Inmaculada Concepción Argovia, Friburgo, Lucerna, Nidwalden, Obwalden, Schwyz, Tesino, Uri, Valais, Zug
12 de decembro A escalada Xenebra
25 de decembro Nadal Todos
26 de decembro Santo Estevo Argovia, Appenzell Interior, Appenzell Extarior, Basilea-Campo, Basilea-Cidade, Berna, Glaris, Grisóns, Lucerna, Neuchâtel (soamente se o 25 cae un domingo), San Galo, Schaffhausen, Schwyz, Tesino, Turgovia, Uri, Zúric Friburgo, Nidwalden, Obwalden, Soleura, Zug
31 de decembro Restauración da República Xenebra

[editar] Educación

Estación de esquí suíza
Escola Politécnica Federal de Zúric

Suíza conta con catro linguas, culturas variadas, unha fermosa paisaxe e completa calma política. Por iso ten un papel destacado no panorama da educación internacional.

Con todo, para o inmigrante con fillos pequenos, a diversidade de idiomas expón un problema. Tomando como exemplo os cantóns de fala alemá, o neno inmigrante vese confrontado cunha variedade de idiomas no ámbito escolar que lle esixen un esforzo para adaptarse correctamente. Este neno falará no seu fogar o idioma materno, cos nenos locais deberase comunicar no dialecto suízo, situación que se prolongará durante todo o kindergarten (xardín de infancia), e paulatinamente deberá incorporar o alemán normativo, que é a lingua de instrución, tanto falado como escrito, na escola primaria e superior.

É así que o dialecto suízo falado no xardín de infancia representa unha lóxica transición para o neno local, que deberá pasar do dialecto falado no seu fogar ao alemán normativo (linguaxe de instrución na escola primaria). Pero para o neno inmigrante, isto representa unha complicación, pois deberá facer o esforzo de aprender en dous anos (a habitual duración do kindergarten), o dialecto suízo que logo deberá substituír polo alemán normativo durante a duración das clases, e seguirse comunicando en dialecto local cos seus compañeiros locais durante os recreos. Debido a isto, moitos padren inmigrantes con medios suficientes envían aos seus fillos a xardíns de infancia de ensino en lingua exclusivamente alemá ou bilingües (inglés/alemán), para simplificar a aprendizaxe do idioma alemán, que é o idioma oficial da Suíza alemá. Aínda que isto facilita a aprendizaxe do alemán normativo (cuxo dominio é altamente apreciado polos locais), isto non resolve totalmente o complexo problema de integración, dado que os locais prefiren comunicarse informalmente en dialecto suízo, xa que idioma que segue sendo considerado por algúns un idioma estranxeiro. Isto crea unha división cultural entre locais e inmigrantes que non dominen o dialecto local. Hai canles de televisión (por exemplo TeleBasel) e radios (por exemplo Radio Basilik) que actualmente transmiten os seus programas en dialecto suízo.

[editar] Referencias

  1. Na Lingua alemá de Suíza pode ser Schwyz ou Schwiiz
  2. Centre for Research on Direct Democracy
  3. Swiss Federal Statistical Office. Languages and religions - Data, indicators. O primeiro número refírese ao número de falantes totaism o segundo só aos cidadáns suízos.
  4. Noticia sobre o censo electoral de Galegos fora do país
  5. Artigo 4 da Constitución Suíza.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Ferramentas persoais
Outras linguas