Barreiro debe dar explicacións
ou dimitir como presidente da RAG

17/Marzo/2009

A rolda de prensa que ofreceu o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística este martes deixa titulares realmente arrepiantes sobre a situación do galego:

- Caída en dous terzos do número de persoas que teñen o galego como primeiro idioma en só 12 anos.
- Aumento significativo (do 13% a case o 26%) de persoas que só falan en castelán
- Caída tamén espectacular do galego como lingua de uso habitual: do 30 ao 16%
- O castelán pasa a ser o idioma máis usado en Galicia cando hai 12 anos era ao revés
- Dominio esmagador e incontestable do castelán nas cidades (e en aumento)

En fin… Un panorama desolador que, segundo Callón, aparece nun grande estudo sociolingüístico elaborado pola RAG e encargado pola Xunta. Pero na miña opinión o máis forte desta historia é que -sempre segundo a versión do presidente da Mesa- a Real Academia Galega ocultou o contido deste estudo. Na súa conferencia de prensa, Callón asegurou que a RAG coñecía estes datos demoledores desde hai meses e que os foi sacar á luz xustamente despois das eleccións e non antes, cando estaba en plena efervescencia o debate sobre a suposta “imposición” do galego.

Pois ben, se isto que di o presidente da Mesa é así, se a RAG escondeu á mantenta estes datos para publicalos, e case ás agachadas, despois dos comicios, ao presidente da Real Academia institución só lle queda unha saída: presentar a dimisión de forma inmediata.

Como é posible que a sociedade galega non coñecese antes estes datos? A Xunta tiña información sobre o estudo? Como é que non a usou tampouco? É certo que ese traballo foi ocultado á mantenta, como denuncia Callón? Como é que a RAG non sacou estes datos no momento en que o galego estaba sendo ferozmente atacado se dispoñía deles?

Xosé Ramón Barreiro Fernández debería responder o antes posible a estas preguntas e aclarar estas denuncias, o cal non quita que a Mesa pola Normalización Lingüística teña que executar tamén a súa dose de autocrítica unha vez visto o resultado das eleccións do 1M, cousa que de momento tampouco se produciu.

Artigo gardado en: lingua, política

7 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. Scaaveiro  |  18/Marzo/2009 at 1:15

    blablabla son vostedes uns catastrofistas.

  • 2. meninheira  |  18/Marzo/2009 at 9:45

    Pois vaillo dicer os de GaliciaBilingue grrrrr

    Non sei se cho contara xa, pero de onde eu son moitos nenos non entenden cando lles falas en galego :(

  • 3. :: madeira de uz | Barrei…  |  18/Marzo/2009 at 10:54

    [...] por este texto, continuo o artigo A Real Academia Galega a exame: uma entidade inútil?, postado no 1 de Novembro [...]

  • 4. Galeguzo  |  18/Marzo/2009 at 10:54

    Comecei a escrever uma resposta, mas ficou-me tão longa que a deixei para um post: http://agal-gz.org/uz/index.php/2009/03/18/barreiro-deve-demitir-se-pola-inoperancia-da-rag/

  • 5. Onimirfo  |  18/Marzo/2009 at 17:39

    Parabéns Alema.

    Por uma vez concordo contigo e vejo que é possível remarmos no mesmo rumo.

    Somente nom entendo o comentário atenuante

    “o cal non quita que a Mesa pola Normalización Lingüística teña que executar tamén a súa dose de autocrítica unha vez visto o resultado das eleccións do 1M”

    quando A MESA e a RAG nem som comparáveis nem jogam na mesma “liga” (ou sim?)

  • 6. Ghegheo  |  18/Marzo/2009 at 19:51

    Alemá criticando a RAG e sen botar as culpas ao reintegracionaismo?

    Portugal estache afectando.

  • 7. llik  |  18/Marzo/2009 at 22:57

    Que razón tes… tristemente….

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Sat, 21:43

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

Yuji: Ola. Alguém me pode recomendar algumha novela (poesia nom, por favor) galega. Se em galego "de pueblo", melhor. Gracinhas!

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Marzo 2009
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Categorí­as

Tags

Meta