PIONEIRAS: mulleres que inician a exploración de novas terras, que van abrindo camiño a outras en calquera actividade.

Na terra das “viúvas de vivos e mortos”, mentres tantos homes galegos exploraban novos horizontes xeográficos na procura do pan, moitas mulleres galegas ficaban a explorar novos horizontes persoais sen se mover da terra, emprendendo aventuras económicas que non estaban incluídas no papel asignado a elas polos roles de xénero da época e que tiveron ás veces grande éxito que perdura na actualidade.

A súa memoria foi esquecida ou escurecida, as veces polo momento en que viviron, como as que desenvolveron a súa actividade na República ou no franquismo, outras veces polos lugares onde realizaron o seu traballo ou polo sector no que traballaron. A memoria de todas elas foi escurecida porque conxugaron transgredindo o verbo emprender en feminino, eran mulleres e eran empresarias.

Abriron camiño a outras, a moitas mulleres galegas que transitan hoxe o emprendemento, moitas mais, moito mais visíbeis, moito mais recoñecidas pero sorteando aínda moitas dificultades polo feito mesmo de seren mulleres.

 

PIONEIRA: rede que se emprega na pesca da piarda.

Expresamos tamén con esta exposición a vontade e o compromiso de construír redes.

Redes que lles permitan intercambiar experiencias e facer negocio. Que sexan útiles para transmitir as necesidades a quen ten a responsabilidade de resolvelas. Que colaboren en facer medrar o protagonismo feminino na representación do empresariado.

Redes tamén no tempo, que fagan sentir ás mulleres novas que emprenden que non están ante un abismo descoñecido, que outras mulleres do seu país antes que elas o intentaron, moitas triunfaron e todas merecen ser recoñecidas e lembradas.

Con esta exposición queremos, dende o Servizo Galego de Igualdade, reivindicar as súas caras, as súas historias, as súas memorias, o seu esforzo para poñer en marcha ideas e convertilas en riqueza para elas e para o seu país.

 

Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Xunta de Galicia

 

 

 

Mulleres que integran a exposición:

Amalia Méndez Fernández Consuelo Liñeira García Isabel Maestre López María Martínez Otero
Aurora Liste Forján Dolores Centeno Soto Joaquina García García María Dolores Miramontes Mato
Carmen Pérez Gómez Dominga López de Somoza Manuela Carballo Mouzo Olimpia Valencia López
Carmen Pérez García Eugenia Pereira Rodríguez María de las Mercedes Gil y Acebedo Paz Parada Pumar
Celia Rivas Casais Francisca Morlán Ramos María López de Guadalupe Xesusa Prado López

 

Calendario da exposición:

Localidade Lugar Datas
Boiro   Do 4 ao 14 de agosto de 2008.
Sada Casa da Cultura de Sada (Avda. do Porto, s/n) Do 18 ao 31 de agosto de 2008.
Lugo Fundación Caixa Galicia en Lugo (Praza Maior, 16-2º) Do 8 ao 15 de setembro de 2008.
Fisterra Faro de Fisterra Do 16 ao 30 de setembro de 2008.
Santiago de Compostela Centro Sociocultural e Xuvenil "O Ensanche" (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14 - 16) Do 1 ao 15 de outubro de 2008.
Monforte Casa da Cultura de Monforte (Praza de España, 3) Do 10 ao 31 de outubro de 2008.
Bruxelas Fundación Galicia Europa (Rue de la Loi, 38 / Wetstraat) Do 15 ao 31 de outubro de 2008.
Lalín Auditorio Municipal de Lalín (Praza do Parque, s/n - Zona Polideportiva) Do 31 de outubro ao 11 de novembro de 2008.
Ordes Centro Comarcal de Ordes (As Casillas, s/n) Do 10 ao 15 de novembro de 2008.
Soutomaior Edificio Multiusos de Arcade (Rúa Peirao, 8) Do 12 ao 22 de novembro de 2008.
Narón Auditorio Municipal de Narón (Praza de Galicia, s/n) Do 17 ao 21 de novembro de 2008.
Celanova Aula Cultural de Caixa Galicia (Rúa Emilia Pardo Bazán) Do 24 ao 30 de novembro de 2008.
Xinzo da Limia Casa da Cultura (Curros Enríquez, 17) Do 24 de novembro ao 3 de decembro de 2008.
Ferrol Casa da Muller (Rúa de Lugo, 56 - baixo) Do 3 ao 23 de decembro de 2008.
As Pontes Sala exposicións Mercado Vello (Avda. de Ferrol, s/n) Do 4 ao 12 de decembro de 2008.
Bueu Centro Social do Mar (Avda. Montero Ríos, s/n) Do 13 ao 24 de decembro de 2008.
Rianxo Casa da Cultura (Parque de Galicia, s/n) Do 8 ao 23 de xaneiro de 2009.
A Guarda Centro Cultural (Paseo de Portugal, s/n) Do 19 ao 29 de xaneiro de 2009.
Noia Casa do concello (Rúa Rosalía de Castro, 2) Do 23 de febreiro ao 6 de marzo de 2009.
Teo Biblioteca do Grilo (Cacheiras) Do 2 ao 13 de marzo de 2009.
Ortigueira Claustro do Concello. Praza Isabel II, s/n. Do 9 ao 20 de marzo de 2009.
Pazos de Borbén Local social da Asociación social e cultural do Pensionista de Pazos de Borbén (Rúa Igrexa, 11 - Amoedo) Do 14 ao 23 de marzo de 2009.
Mazaricos Casa da Cultura do Concello de Mazaricos. Rúa Castelao, 1 - A Picota Do 21 ao 31 de marzo de 2009.
Illa de Arousa Centro Sociocultural do Concello da Illa de Arousa. Rúa Palmeira, s/n. Do 24 de marzo ao 2 de abril de 2009.
Valga Auditorio Municipal de Valga (Ferreirós, 1A - Cordeiro) Do 1 ao 16 de abril de 2009.
Castro Caldelas Salón Nobre do Castelo de Castro Caldelas Do 3 ao 15 de abril de 2009.
Negreira Casa da Cultura do Concello. Carreira de San Mauro, s/n Do 16 ao 24 de abril de 2009.
Cangas Auditorio municipal. Avda. de Lugo, 27 Do 17 ao 26 de abril de 2009.
Redondela Casa da Torre. Praza de Ribadavia, s/n. Do 25 de abril ao 3 de maio de 2009.
Cuntis Centro Sociocultural José Raído "Patelas". Rúa Xoan Xesús González, 10 Do 27 de abril ao 6 de maio de 2009.
Betanzos Edificio Liceo. Concello de Betanzos. Praza de Galicia, s/n Do 4 ao 15 de maio de 2009.
Verín Centro de Interpretación Museística de Verín (Avda. de Portugal, 11 Bis - Casa da Xuventude) Do 7 ao 15 de maio de 2009.
Mondoñedo Centro de Desenvolvemento Comarcal da Mariña Central en Mondoñedo (Rúa Julio Pardo, 13) Do 16 ao 24 de maio de 2009.
Foz Casa da Xuventude (Rúa Julia Minguillón, 7) Do 16 ao 25 de maio de 2009.
Maceda Salón de Plenos do Concello (Rúa do Toural, 2) Do 26 de maio ao 4 de xuño de 2009.
Mugardos Casa do Concello de Mugardos (Praza de Galicia, 45) Do 25 de maio ao 4 de xuño de 2009.
Corcubión Casa da Cultura de Corcubión (Rúa Médico Vicente Fraguela, s/n) Do 5 ao 14 de xuño de 2009.
Pontedeume Centro Municipal de Maiores (Avda. da Coruña, 7) Do 5 ao 14 de xuño de 2009.
Padrón Sala de Servizo Múltiples do Auditorio Municipal (Campo do Souto) Do 15 ao 20 de xuño de 2009.
A Capela Casa do Concello de A Capela (As Neves, 46) Do 15 ao 24 de xuño de 2009.
Vilagarcía uditorio Municipal de Vilagarcía (Rúa da Mariña, 25) Do 21 ao 30 de xuño de 2009.
Cambados Pazo Torrado de Cambados (Rúa Príncipe, 10) Do 25 de xuño ao 3 de xullo de 2009.
O Grove Mercado Municipal de O Grove (Praza do Corgo, s/n) Do 31 de xullo ao 14 de agosto de 2009.
Gondomar Casa da Cultura (Rúa Portugal, s/n - 3º) Do 5 ao 19 de agosto de 2009.
Lugo Centro de Empresas e Innovación de Lugo (Avda. da Coruña, 490) Do 1 ao 15 de setembro de 2009.
Vigo Sede da Fundación Cluster de Conservación de Productos do Mar (Estrada Colexio Universitario, 16) Do 2 ao 11 de novembro de 2009.
Castro de Rei Teleclube de Castro de Rei Do 13 ao 23 de novembro de 2009.
Arteixo Centro Cívico Cultural (Paseo fluvial, s/n) Do 1 ao 13 de decembro de 2009.
Vigo Barco a vapor Hidria Segundo, atracado no Porto da Laxe en Vigo. Do 5 ao 13 de decembro de 2009.
Santiago de Compostela IES Pontepedriña (Avda. Amor Ruibal, 28) Do 1 ao 15 de marzo de 2010.

 

 

 

 

 

 

Derradeira actualización: 22-02-2010