A BATALLA DE RANDE 1702-2002 The battle of Vigo bay

English

En portada, incorporamos un enlace ó documento de síntese e conclusións do curso "A Batalla de Rande e os seus tesouros, crónica arqueolóxica da enseada de san Simón". Na sección documentos, incluímos un novo texto do libro de Francisco Ponce, Rota, 1702, no que se recolle a traducción de parte do diario de Rooke.... O 26/07/02 ábrese ó público a Exposición "Rande, arde o Mar", coa que se inaugura o Museo do Mar de Galicia.

LIBRO DE VISITAS

Contacto: rojea@telefonica.net

OPINIÓN:

Un Museo internacional en Rande. Proposta dos arqueólogos Javier Luaces e Cristina Toscano. Maio 2001

An international Museum in the Vigo estuary, to recover the treasure of the Rande galleons may 2001

Un Musée international sur la Ria de Vigo, pour sauver le trésor des galions de Rande, mai 2001

Recuperar o no recuperar los galeones de Rande ¿Es esta la cuestión?. Javier Luaces, director da escavación arqueolóxica en Rande.

A poderosa "Escuadra da Prata" refuxiada na ría de Vigo é derrotada polos navíos ingleses e holandeses que perseguían o seu rico cargamento. Unha batalla naval, no contexto da Guerra de Sucesión española, que proxectou o nome da ría de Vigo por todo o mundo, por máis que para España significase unha terrible derrota. 2.000 homes da escuadra hispano-francesa e 800 da anglo-holandesa deixaron as súas vidas na enseada de san Simón. A flota máis rica que ninguén lembra sobre as ondas deixou tamén sobre o mar de Vigo os seus codiciados restos para a lembranza e a aventura de buscadores de tesouros que dende aquel día e ata hai ben pouco tentaron dun xeito ou outro rescatar. Baixo as augas da ría agáchase, non embargantes, un tesouro cun valor superior ó dos lingotes de ouro e prata: historia e identidade.

VIGO

EXPOSICIÓN RANDE 1702, ARDE O MAR, ABRE 0 26 XULLO 2002 NO MUSEO DO MAR DE GALICIA. ALCABRE. VIGO

©Elaboración: Rafael Ojea Pérez para a  ©Sociedade Galega de Historia Marítima
Creada en outubro de 2000/ Actualizada: 10/05/2003