Conversa:Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arquivo Arquivo das versións antigas da Portada:


Replacement filing cabinet.svg
Arquivos
1, 2, 3

Índice

[editar] Guión

Estou vendo que foi empregado en diversos casos o guión coa segunda forma do artigo. Iso, segundo a última normativa da Real Academia Galega, non está permitido. Procurade correxilo. Grazas, un saúdo --Davazpe.94 16:02, 4 xaneiro 2009 (UTC)

    • Non sei de onde sae iso, que xa oín varias veces, a normativa permite, aínda que non recomenda, o seu uso.--Biógrafo 16:26, 4 xaneiro 2009 (UTC)
  • Actualmente, como ben di Biógrafo, permítese o uso das dúas opcións, aínda que se recomende non usar a segunda forma do artigo. Na Galipedia úsase a opción que o editor elixiu, así pasa o mesmo con ó e ao ou -ble e -bel. --Toliño Fala aquí comigo 16:56, 4 xaneiro 2009 (UTC)
  • A última Normativa nin condena nin non recomenda o uso da segunda forma do artigo (así como ó - ao ou ble - bel). O que fixo deducir as condenas ou non-recomendaciós sobre estas cuestiós foi a súa propia redacción (a da Normativa), na que se prescide da segunda forma do artigo e prefírense as formas ao e con -bel. Pataqueira 19:51, 21 de xuño de 2010 (UTC)

[editar] erro

Erro na sección

Tal día como hoxe no ano...

na 1ª liña morre Cristovo Colón, explorador e navegante que descrubriu América

descrubriu>descubriu —o anterior comentario sen asinar foi feito por Sualaxe (conversacontribucións) ás 21:11, 20 maio 2009

Corrixido xa. grazas por avisares. Alberte Si, dígame? 19:13, 20 maio 2009 (UTC)

[editar] Imaxe da semana

Non é unha prantación senón unha plantación. E ao respecto do nome do pintor, mirar páxina de conversa.--Atobar (conversa comigo) 10:05, 15 xuño 2009 (UTC)

[editar] aceso aos artigos da portada

Para o mes de agosto non se pode premir na portada para chegar aos artigos destacado e sobre Galicia. Intentei amañalo pero non dou feito. A ver quen pode abrila porta dos artigos ? (D:) ElviraConversa comigo 08:01, 2 agosto 2009 (UTC)

[editar] Actualización

Se cadra sería bo actualizar un pouco o cadriño do fondo, o que pon Wikipedia noutras linguas ou algo así. Para iso haberá que valerse destes datos. Tarefa para Toliño? --Atobar (conversa comigo) 17:34, 12 setembro 2009 (UTC)

[editar] Efemérides caducadas

A sección da portada "Tal día como hoxe no ano..." está un día de atraso. Por exemplo, hoxe, 24 de setembro, aparecen as efemérides de onte, 23 de setembro. A non ser que eu teña algo mal configurado. Convén vambiar iso o antes posible. Saúdos. --88.22.118.24 11:09, 24 setembro 2009 (UTC)

  • Graciñas polo aviso, IP. Non obstante, coido que é un problema das cookies no teu ordenador. Eu non teño problema ningún, pois aparece o contido correspondente ao 24 de setembro. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:18, 24 setembro 2009 (UTC)
  • Ídem ca Atobar. Ás veces a min tamén me pasa ao acceder á Portada, logo arránxase só; a caché do navegador fai estas cousas... --Toliño Fala aquí comigo 15:46, 24 setembro 2009 (UTC)

[editar] Efemérides 3 de decembro

Sería bo ligar Aegean Sea no canto de pór Mar Exeo simplemente con cursivas. --Atobar (conversa comigo) 10:57, 3 decembro 2009 (UTC)

[editar] Macedonian

Can you add Macedonian to the interwikis for better communication between the Wikipedias? Thanks in advance.--MacedonianBoy 00:53, 11 xaneiro 2010 (UTC)

[editar] Hebrew Wikipedia

Has already more than 100,000 articles. If this can be fixed in the main page. Cheers, Ori 16:11, 16 xaneiro 2010 (UTC)

[editar] Falta a imaxe da semana

Non está cargada na portada a imaxe da semana. Isto é o que vexo agora mesmo.--Rosamf 12:14, 8 febreiro 2010 (UTC)

Feito! Feito! Xa me dei de conta ó entrar hoxe e carguei a imaxe. Grazas por andar aleuta. --Alberte Si, dígame? 15:54, 8 febreiro 2010 (UTC)

[editar] Incendio do Teatro Rosalía de Castro, Vigo

Na efeméride de hoxe (luns, 08/02/2010), aparece que o incendio do Teatro Rosalía de Castro de Vigo foi no ano 1909, mentres que as referencias que atopo sinalan que foi no 1910 (co que ademáis hoxe sería o centenario do incendio). --Iago dime 17:37, 8 febreiro 2010 (UTC)

Iso parece. Vouno mudar. --Alberte Si, dígame? 17:41, 8 febreiro 2010 (UTC)

[editar] os meses na cultura popular galega

Propoño pór na portada unha ligazón ao artigo do mes en curso na cultura popular galega; por exemplo, agora vai tocar Marzo na cultura popular galega. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:55, 28 febreiro 2010 (UTC)

  • Symbol comment vote.svg Comentario Onde iría esa ligazón? --Alberte Si, dígame? 16:04, 28 febreiro 2010 (UTC)
  • Eu propoño dous lugares: (1) Debaixo da imaxe da semana, xusto enriba do Índice de categorías (eu creo que metido nun recadriño. (2) No artigo sobre Galicia, separándoo dalgunha maneira para que se vexa que non ten relación co propio artigo do mes. En calquera caso, eu anímote a que argalles ti, Alberte, e se non gusta xa se cambiará. Caminante no hay camino, se hace camino al andar. --Atobar (conversa comigo) 16:11, 28 febreiro 2010 (UTC)
  • Eu quedo coa segunda opción, xa que normalmente a primeira columna é a que queda con espazo libre ao final, así podemos rechear un chisco dese espazo. --Toliño Fala aquí comigo 16:25, 28 febreiro 2010 (UTC)
  • Propoño, entón, este deseño. --HombreDHojalata conversa 21:34, 31 marzo 2010 (UTC)
  1. Symbol support vote.svg Concordo --Atobar (conversa comigo) 21:46, 31 marzo 2010 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo --Xoacas(góstache o pemento?) 22:41, 31 marzo 2010 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo--Hugo22 10:44, 1 abril 2010 (UTC).
  4. Symbol support vote.svg Concordo, claro. --HombreDHojalata conversa 15:36, 1 abril 2010 (UTC).
  5. Symbol support vote.svg Concordo--Xoán Carlos Fraga 20:03, 1 abril 2010 (UTC)
  6. Symbol support vote.svg Concordo; só poño unha pega de estilo: incluír o punto dentro do resalte en negra. --Toliño Fala aquí comigo 08:43, 5 abril 2010 (UTC). Feito, movido o punto. --. HombreDHojalata.conversa 10:19, 5 abril 2010 (UTC)
  • Feito! Feito!. Parabéns a Lameiro por eses interesantes artigos e a HombreDHojalata polo seu labor no sutil redeseño da portada. --Atobar (conversa comigo) 14:30, 6 abril 2010 (UTC)

[editar] Categoría da Portada

  • Propoño poñerlle á Portada a Categoría:Índice, iso permitiría outra maneira, unha máis, de comezar a navegar dende a primeira páxina da wiki. Non seríamos os primeiros en facer algo así, véxanse por exemplo, as wikipedias dos italianos, holandeses, noruegueses, húngaros, turcos, romaneses, daneses, indonesios ou eslovacos. E iso solo falando das enciclopedias que teñen máis de 100.000 artigos. Retiraríamos, para sempre, a portada de aquí --. HombreDHojalata.conversa 19:16, 12 de abril de 2010 (UTC)

Paréceme unha moi boa idea. A navegación sería máis natural deste xeito. Xoacas(non che sinto?) 21:38, 12 de abril de 2010 (UTC)

  • Sen ser este tema das categorías o meu forte, eu en principio véxoo ben. --Atobar (conversa comigo) 22:47, 12 de abril de 2010 (UTC)


    • Eu non estou convencida : a Portada leva na súa estrutura ligazóns suficientes para a navegación e na sección 'Índice de categorías ' remata coa ligazón a Todas as categorías. É verdade ca ligazón non semella mui adecuada por levar a lista alfabetica. Eu vexo a Portada como a tapa dun libro, non lle fan falta detalles dise tipo : numero da páxina, notas de rodapé etc. O que necesita a tapa en baixo son detalles sobre o editor.
      Non lembro cas outras Wikis por onde categorizen a Portada.
      A mín gustariame maís que os que saben de informatica propoñan outro contido a ligazón actual Todas as categorías
      A ver si outros opinan ? Elvira (conversa comigo) 00:56, 13 de abril de 2010 (UTC)

Engadir un par de cousas:

    • Penso que "Categoría:Índice" e "Especial:Categorías|Todas as categorías" son cousas moi diferentes, e unha non pode ser sustitutiva da outra, porén poden convivir para ser empregadas segundo as necesidades de cada caso. Está claro que, sabendo, é doado chegar a categoría índice facendo catro clics, máis trátase de facelo doado e de ter alternativas e contidos útiles na portada. Claro está tamén, que a presentación das wikis non se asemella en nada a presentación dun liblo convencional en papel. Que contidos teñen na portada as enciclopedias en papel?
    • Temos un importante espacio baleiro na portada. O largo ven dado pola columna da esquerda, a da lista de wikis. Incluso nas resolucións de pantallas máis estreitas o contido da portada quédase curto na páxina. Iso é esaxeradamente acusado se traballamos cos modernos monitores panorámicos. Ahí, nese espacio, iría unha liña máis, a da categoría. --. HombreDHojalata.conversa 07:40, 13 de abril de 2010 (UTC)
  • Symbol oppose vote.svg Discordo. Son da opinión de Elvira, a Portada non está feita para levar categorías, ao meu ver. --Toliño Fala aquí comigo 13:20, 13 de abril de 2010 (UTC)

[editar] Cor do destaque do DdL

O que se viña facendo era te-la mesma cor ca para as outras caixas:

Pódense propor outras cores, pero ten que ser rapidiño, antes de que se bote enriba o día das letras. --Alberte Si, dígame? 17:29, 3 de maio de 2010 (UTC)

A min paréceme ben así, con moita cor é doado facer da portada un cromo. Xoacas(de laranxa) 19:42, 3 de maio de 2010 (UTC)

A verdade e que a máis bonita é a que está, aínda así gracias por facer esto máis colaborativo. Por certo! Vaise facer algunha imaxe especial pra cando cheguemos aos 60.000?? Xa queda pouco!--Hugo22 01:10, 6 de maio de 2010 (UTC)

Pois se alguén se anima a facer un logo poñerémolo, ó acada-la cifra. A ver se alguén que saiba de deseño realiza algunha proposta. --Alberte Si, dígame? 01:57, 6 de maio de 2010 (UTC)
  • Eu quedo co azul que hai arestora. Sobre o logo dos 60.000 estou de acordo, como se fixo outras veces... pero comigo non contedes para deseñalo! ;P --Toliño Fala aquí comigo 15:41, 6 de maio de 2010 (UTC)
Amarelo:
Verde:

[editar] Efemérides da portada

ola, levo uns días vendo a mesma efeméride na portada. tratei de comprobar se podía ser un problema do navegador do portatil pero mirei no fixo e comprobei que tamén sucedía o mesmo. ¿Sabedes cal pode ser o problema?. saúdos--88.26.141.230 15:20, 5 de maio de 2010 (UTC)

Xa está solucionado. No sei como pero xa vese a efeméride de hoxe. --88.26.141.230 15:27, 5 de maio de 2010 (UTC)
Ás veces este tipo de cousas ocorren por mor da memoria caché do navegador. Pódese arranxar facendo limpeza do historial e refrescando a páxina. Non obstante, adoitan solucionarse soas. --Toliño Fala aquí comigo 15:42, 6 de maio de 2010 (UTC)
  • Nas efemérides de hoxe, día 16 de xuño, aparece "Gerónimo" en lugar de "Xerónimo". Se se quixer deixar a forma en inglés do nome, debería pór "Geronimo". Sexa como for, nos filmes emitidos pola TVG adaptábase como "Xerónimo". --Rosamf 08:38, 16 de xuño de 2010 (UTC)

[editar] Artigos destacados na portada

Algo pasa cos artigos destacados na portada, só se ve unha ligazón vermella. Pódese arranxar? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 07:57, 1 de xullo de 2010 (UTC)

  • Feito! Feito! Arranxado. O problema era que aínda non se elixira o artigo destacado. --Toliño Fala aquí comigo 11:37, 1 de xullo de 2010 (UTC)

Administradores, falta a imaxe da semana. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 07:26, 18 de outubro de 2010 (UTC)

[editar] Artigo destacado

Os separadores de miles ou millóns, no artigo destacado, son comas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.77.80 (conversacontribucións) 19:32, 18 de febreiro de 2011

Se non lembro mal dos meus tempos de escola primaria, os milleiros van separados por puntos e os millóns por comas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:35, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

  • A memoria engana: a miña dime que nos meus tempos sempre foron puntos (sexan miles ou millóns). Pero busquemos referencias: no libro de estilo dicimos que as cifras sepáranse por puntos, e os decimais por comas; falta engadir que tamén son puntos nos millóns. Na Ortografía da lingua galega, de Begoña Gonzáleza Rei (Galinova 2004), di que "frecuentemenmte utilízase o punto, aínda que nos últimos tempos se recomenda prescindir do punto e separar os millares cun espazo fino", e dá como exemplo 6 845 132,349 341 95 ou 6.845.132,34934195. Así que xa sabes: puntos (porque o do espazo me parece un espanto) e a coma unicamente para separar comas. Pedro --Lameiro (conversa) 19:27, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Feito! Feito! Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:20, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

[editar] Wikipedia in Tatar

Dear friends, may I ask you to add a hyperlink to our Tatar Wikipedia (http://tt.wikipedia.org) to yourr Front page. Tatars - are turkic nation living in Tatarstan Republic, second biggest nation in Russian Federation. hope to hear from you soon. sincerely yours, Muhtac 20:55, 20 de marzo de 2011 (UTC)

[editar] Pequena corrección

Na sección "Imaxe da semana", no texto o pé da imaxe pon: «A Papaver rhoeas é unha planta herbácea da familia das papaveráceas». O texto ten un par de pequenos erros: o primeiro é que os nomes científicos non se deben preceder cun artigo, e o segundo é que unicamente os xéneros e taxones inferiores se escriben en cursivas, e papaveráceas é unha familia. Polo tanto o texto debería dicir: «Papaver rhoeas é unha planta herbácea da familia das papaveráceas». Se queremos utilizar o artigo, entón usariamos o nome común: «A papoula (Papaver rhoeas) é unha planta herbácea da familia das papaveráceas». Saúdos, Furado 10:46, 3 de xuño de 2011 (UTC)

  • Feito! Corrixido! Grazas. --Toliño Fala aquí comigo 16:57, 3 de xuño de 2011 (UTC)
    • Di Furado que unicamente os xéneros e taxones inferiores se escriben en cursivas. ¿Seguro? Temos mil casos nos que familias, ordes, clases, etc. van en cursiva, e eu son un dos que sempre o escribín así. Por suposto que só cando vai en latín, porque se o vulgarizamos (papaveráceas) está claro que sobra a cursiva. Pedro --Lameiro (conversa) 22:57, 3 de xuño de 2011 (UTC)

[editar] lugar da morte de Xocas

Na ligazón que aparece hoxe na portada en Tal día coma hoxe no ano... referénciase a morte de Xocas na súa casa de Facós, Lobeira, e o correcto para que funcione sería Facós, Lobeira, Lobeira ou mellor Facós, Lobeira--Servando2 (Dime) 10:54, 22 de xullo de 2011 (UTC)

[editar] Atariko akatsa / Error en la portada

Galizierazko Wikipediaren atarian eguneratze akats bat dago: Euskarazko Wikipedia 25.000 artikulu baino gehiago dituzten Wikipedien artean jarria dago, beste Wikipedietako hizkuntzen ataletan ikus daitezkenez 100.000 artikulu baino gehiago dituzten Wikipedien zerrendan kokatuta egon beharko lukeelarik.

En la portada de la Wikipedia en gallego hay un error de actualizacion: se incluye a la Wikipedia en euskara entre las Wikipedias con mas de 25.000 articulos, cuando deberia de estar situado en la lista de Wikipedias con mas de 100.000 articulos como puede observarse en las secciones de idiomas de otras Wikipedias.

Euskalduna - 19:03, 1 de agosto de 2011 (UTC)

  • Non hai ningún erro. A wiki en éuscaro ten máis de 100.000 e polo tanto tamén máis de 25.000. O que sucede é que ese cadro se actualiza periodicamente, mais non cada día nin dunha maneira automática. Cando toque cambialo, que será dentro de pouco, perde coidado que todas as linguas serán reposicionadas e probabelmente xa non falemos de 100.000, 25.000, 10.000 senón probabelmente doutras cantidades. --Atobar (conversa comigo) 17:30, 1 de agosto de 2011 (UTC)

[editar] erro en artigo destacado a hipótese do mundo de ARN

No texto do artigo destaqcado A hipótese do mundo de ARN non cumpría mudar precedeu a vida actual... por precedeu á vida actual? --Servando2 (Dime) 09:45, 17 de agosto de 2011 (UTC)

  • Non, penso que está ben sen o til, Servando. O verbo non leva preposición. --Atobar (conversa comigo) 11:24, 19 de agosto de 2011 (UTC)

[editar] Correxir un erro

Bos días!,

José Raposeiras Correa non é irmán de David Raposeiras Correa.

Por suposto son amigo e parente del e tamén natural da mesma parroquia.

Agradézolles que corrixan este erro.

Saúdos. José Raposeiras Correa. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.186.174 (conversacontribucións) 12:45, 7 de outubro de 2011

Feito! Feito! Grazas. --Xas (conversa) 12:55, 7 de outubro de 2011 (UTC)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas