Pepe Blanco mobiliza o voto de Rubalcaba en Galicia

Pachi Vázquez, Abel Caballero e López Orozco amosan o seu apoio público a Rubalcaba. Unha decisión que rexeita o sector crítico do PSdeG e que provoca malestar no ex ministro Francisco Caamaño. Video e valoracións no interior.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 03/02/2012

  • versión para imprimir

O ex ministro de Fomento segue movendo os fíos do PSOE en Galicia ou, polo menos, parte deles. Tras a perda de apoios de Alfredo Pérez Rubalcaba, Pepe Blanco decidiu tirar de axenda e chamar a aqueles dirixentes políticos afíns, de Galicia e de fora de Galicia, para que amosaran públicamente o seu apoio polo ex ministro do Interior. 

 
E un deses contactos é o actual secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, que decidiu romper a súa suposta neutralidade neste proceso para declarar públicamente o seu apoio por Rubalcaba. Non foi o único. En Galicia, os alcaldes de Lugo e o de Vigo, fixeron o mesmo. 
 
Unha decisión que rachou co “pacto de non agresión” que o líder socialista tiña con Francisco Caamaño. E é que Pachi Vázquez prometéralle ao ex ministro de Xustiza que “non rompería ningunha balanza” a favor de ningún dos dous candidatos.  A cambio, Caamaño mantiñase apartado das loitas partidistas internas e de enfrontar ao partido en Galicia na súa procura de apoios a Chacón.
 
Rompeu a baralla
 
Sen embargo, o posicionamento público dalgúns dos varóns socialistas galegos rompeu xa a baralla. As fontes consultadas por GC apuntan a que, tanto o sector de Caamaño, como o sector dos críticos a Vázquez, xa se comezaron a mobilizar para contrarestar a manobra de Blanco.
 
Aseguran que Pachi Vázquez minte cando di que a maioría dos compromisarios galegos está con Rubalcaba. E poñen as cifras enriba da mesa. A maior parte da Coruña está con Chacón e tamén parte de Lugo, de Ourense e de Pontevedra, a pesar de que Caballero dixera que toda esta provincia é do ex ministro do Interior. “Hai xente de Pose e mesmo da candidatura oficial de Pachi que vai votar por Chacón”, apuntan.
 
A candidatura crítica de Lugo xa ten claro o seu voto: 
 

 
Feble equilibrio
 
Con todo, este novo movemento racha o fraxil equilibrio que había no PSdeG de cara ao congreso de marzo e abre a posibilidade de que Caamaño se poida presentar como candidato contra Pachi Vázquez. As fontes consultadas –mesmo as que son próximas á dirección socialista—sinalan que o resultado en Sevilla “vai estar moi axustado” e pode gañar calquera dos dous candidatos. “Se gaña Chacón, Vázquez vaino ter moi complicado para seguir en Galicia e se o que vence é Rubalcaba quen non terá nada que perder será Caamaño”, apuntan.
 
De darse este enfrontamento cambiaría parte do panorama de apoios que existe no PSdeG xa que Caballero podería decantarse por Pachi, pero a provincia da Coruña podería ser para Caamñao. Decidirían entón os militantes de Ourense e de Lugo.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

A.V.

Se Blanco anda metendo as gadoupas é seguro que isto vai rematar moi mal. Como dicía aquél, "¡todos a cuberto, que veñen os nosos!"


3

Black Crow

Ganará Chacón. ¿O se piensan que el soe es como el bloque ese donde siempre ganan los mismos? Obviamente, que nadie espere una candidatura marca blanca de Rub Al Kabah para mamonear los resultados. Además, comprendo perfectamente que al mundillo nacionalista no le interesa que gane Chacón, ya que de lo contrario y visto el desencanto su electorado no-comunista, podría haber una concentración de voto útil progresista en el pesedegá.


2

Maica

Con esta "xentiña" pactaron os teus amigos e amigas do Bloque de Lugo, tanto na Deputación como no Concello. E moi rápido meu santo. Non sei de que lado son, mais son do BNG un pouco casposo. Vós sen o PSOE non vos comedes un culín.


1

U5m4

Un verdadeiro "xogo de tronos". E con esta xentiña é coa que quere pactar Aymerich? Galiza non precisa deles.


Pepe Blanco e Pachi Vázquez nun mitin/ psdg