Asemblea urxente do Encontro Irmandiño para decidir o seu futuro no BNG

A Coordinadora do Encontro Irmandiño (EI) mantivo unha xuntanza na noite do xoves e por unanimidade decidiu saír do BNG. Con todo, a decisión teñen que tomala os afiliados. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza apostan por saír.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2012

  • versión para imprimir

Por iso decidiron convocar unha asemblea urxente, a cuarta que celebra este movemento.  Terá lugar o domingo 12 de febreiro. Nese cónclave decidirase se o futuro de EI está dentro ou fóra do BNG.

Sen embargo, a postura dos membros da coordinadora foi unánime a favor da saída do BNG. A xuntanza, que comezou a partir das 21.00 horas do xoves, prolongouse durante horas, até a madrugada do venres.

O propio Xosé Manuel Beiras, logo da asemblea nacional do BNG do pasado domingo, suliñou que o seu futuro no BNG dependería do que decidiran os militantes da súa corrente. O acontecido durante este cónclave --con insultos cara a súa figura-- e o aumento da tensión entre a UPG e as distintas corrrentes fan "inviable", segundo a coordinadora do EI, unha convivencia pacífica.

As mocidades, tamén a favor

Pero os irmandinhos non son os únicos que se queren marchar do BNG. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza  están a favor da excisión. Nunha xuntanza, tamén celebrada onte, e á que asistiron uns 70 mozos, apostouse tamén por abandonar o BNG. Unha decisión casi unánime xa que só se opuxeron a ela dúas persoas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

318 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • 102

    Bruar

    A ver si nos imos enterando: ou eu estou moi equivocado ou o que decidiu o BNG o pasado fin de semana foi escoller internamente entre dous proxectos e dúas liñas ideolóxicas. Ganou a UPG e perdeu a alternativa. Era evidente que a escisión colectiva ou voluntaria si ganaban as teses da UPG+CIG+MGS se iba a producir. O que virá e como virá é simplemente causa-efecto. A cuestión non é que postos de responsabilidade lle dean aos perdedores na executiva, a fractura xa se produciu. Sabíano os que votaron UPG e tamén o sabían os da alternativa. Sabíaono todos simplemente con ler un pouco a prensa e os comentarios na web. Agora chegan as consecuencias desa votación. Non ten máis misterio.


    101

    Todossomosbloque

    Eu coñecin o BNG con 10 anos cando cuns resultados espectaculares convertiuse na segunda forza. Pouco a pouco foi demostrando unha nova maneira de facer política, e foi entrando en concellos e como o caso de Arzúa de onde son arrebatoulle a maioría o PP no 2003 e consegui a maioría absoluta no 2007 e segue gobernando mostrando que co Bloque outra política e posible e asi falo de Pontevedra. Da igual as correntes todos somos bloque e se hai unha escisión non lle perdoaría a ninguen. Todos somos Bloque e xuntos se traballamos ben podemos crear unhas sinerxias na que 1+1=3.Dende aquí chamo e non son o unico a traballar todos xuntos nun mesmo partido(xuntos somos mais fortes) por Galiza respetando as normas e co traballo diario e o bo traballo desputarlle o Psoe a sua posicion e incluso ao PP. Fdo: Simpatizante do Bloque, que non entende que xente que lle une moitas cousas das que a separar anden sempre á bofetadas. O inimigo está fora non na UPG, nin en Beiras, nin en +Gz.


    100

    eleccións2013

    O que ten que quedarlle claro a toda esta tropa/mafia de vividores da UPG é que non van seguir tendo o voto dos que machacan a nivel interno nas eleccións a nivel externo. Que se voten eles a si mesmos.


    99

    iperytes

    Unha rúa máis ou menos dedicada a Fraga non ten ningunha importancia. Estamos a falar dun político que gobernou a Galiza durante 15 anos con maioría absoluta. Iso xa demostra o mundo no que vivides. O que deberías preguntarte é por que os galeguistas non pintan nada na propia sociedade galega e Fraga si.

    1 resposta
    1

    Por JGG: Julian Grimau disaprovves


    98

    Simpatizante da U

    Coherencia Sres: Se as teses de +GZ/EI fosen avante a Executiva estaría composta SÓ polos gañadores. Onde ía estar a outra metade se vós vencésedes? Iso é a refundación? Liquidar á U é o que queredes? O voto do alcade de Monforte (Máis Galiza) a prol da rúa Fraga é abrirse á sociedade? A miña idea de nacionalismo galego (no que entrei grazas a xente coma Beiras) non é esa. Con todo, coido que o luns será un dos días máis importantes do nacionalismo galego dende fai uns anos. Confío na xenerosidade da U cedendo cargos importantes (Coordinador Executiva, Secretaría Organización, Finanzas...) e no bo entendemento con xente que vale a pena de +GZ/EI (Aymerich, Martiño, vostede mesmo... non aos López Rico, Bascuas, etc)

    5 respostas
    1

    Por toupa: hai que ler os documentos, non te enteraches de nada.

    2

    Por teipa: Concordo co simpatizante da U.

    3

    Por Manuel: Veña home, que todos sabemos como é a cociña da UPG. Tedes un panfleto retrocomunista co cal a metade da militancia non se sinte identificada. Pois nada, a defendelo quen cre neso, ¡eu non dende logo!

    4

    Por desencontro: Anda Manoliño, que seguro que nin te liches ese panfleto "retrocumunista" do que falas. Panfleto que, por certo, ían defender os renovadores cuxas candidaturas mantiveron o domingo.

    5

    Por tobias: A UPG ten unha capacidade increible de actuación, sabe perfectamente o que hai que defender. Tamén respectará a Aymerich e a Martiño


    97

    Cabreado

    Pa democracia a de Beiras o que ía votar e logo votei en branco, mandándolle calar a unha compañeira que lle dicía que o seu tempo rematara e que el falaba o tempo que lle petaba

    3 respostas
    1

    Por Harpazul: Lástima que non quedases á intervención posterior de Jorquera, porque fixo exactamente o mesmo. De todos modos o que sí foi sorprendente é que se deixase falar de cara á 2º volta oa de MGS unha vez que quedara eliminado e non podía concorrer á elección. E tivo o mesmo tempo (2 min) que aquees que si pasaran. Seguro que non foi premeditado (como todo o que sucede dentro do BNG), pero o feito de que insultase a Beiras e pedise o voto para o "ronco" fai sospeitar, verdade? Do que se trataba é de que os tempos de intervención fosen curtos, porque senon Beiras igual deixaba a algúns en evidencia...Tranquilos, que agora des falar vós sós todo o tempo...

    2

    Por Lois: Totalmente dacordo contigo Harpazul, con esta xente non imos a ningures. Eu polo menos dinme de baixa do BNG e estou desexando poder volverme a comprometer cunha forza que traballe polo pais, non sectaria e no que os intereses personais se deixen na casa. Agora xa teñen todo o tempo do mundo, ¡que falen eles sós!, se é que aínda hai quen os escoita

    3

    Por merlin: Harpazul, estou ilusionado co proxecto. Eu o teño moi claro: marxistas por unha banda e non marxistas por outra. E en pouco tempo a forza maioritaria do nacionalismo.


    96

    JOSEPH

    Realmente xenial a análise de Vence: http://xaviervence.blogspot.com/201... Con xente así estou tranquilo no BNG:

    4 respostas
    1

    Por Brais: O problema é que este home non vai pintar nada na toma de decisións, nen en candidaturas do BNG, onde as decisións e postos de representación se lle atribuen a xente moi mediocre.

    2

    Por Burela: Grazas Xavier, por ensinarnos unha visión tan xusta e real da Asemblea.É unha pena que non teñas responsabilidade organica dentro do Bng, somos moitos os que agardamos que dende agora traballemos xuntos por unha Galiza liberada.

    3

    Por Maria Lois: Vence é moi lúcido pero nunca se molla!

    4

    Por comento: que va!!! mollous de pleno!! apoiou o documento oficial, é dicir, apooiou á Um ao quew ten dereito,claro, non pasa nada. Sorpréndeunos a muitas, por que si que estaba nunha posición de "buenismo" equidistante. Eu tíñao por Beirista... pero xa foron tempos...A que non se molla é a Alba N. Iso si, nondixo nada na intervención...e remata dicindo "hai que mollarse".... OS da U-niversidade...estará á espra dunha consellaría para o 2013??? ; )


    95

    Serxio

    Upg mostrou unha torpeza absoluta primeiro ao por a Vazquez, un señor que resulta antipatico á xente. Despois de seguir apostando por el unha vez fracasou e quedou ridiculizado coas suas frases. A Upg fai o ridiculo cada vez que da un golpe de autoridade impoñendo listas na Coruña van deixar o partido ao nivel de Ferrol.

    1 resposta
    1

    Por Xanti: Guillerme diríache, "eich , ehh, e... bueno..." Coido que hai xente que canta iso de "Guillerme presidente, queremos Augardente". Non me parece en absoluto unha mala persoa, pero e que en política hai que ter unha imaxe, e un pouquiño de carisma... Jorquera polo menos ten algo de cada unha desas cousas.


    94

    ssss

    Sigo sen enteder aos Irmandiños e a +G, eles que falan e falan de refundacion, abrise a sociedade, renovar discursos e metodos, pedir democracia interna, etc. etc, etc. todo mui bonito sobor o papel, e logo as primeiras dificultades que se lle presentan a sua unica saida e a de escurrir o bulto e plantexar a sua baixa no Frente, con que cara se presentaran logo ante a sociedade galega? si estos son os renovadores prefiro estar cos tuzaros, mantidos,e todo a ristra de insultos que lle caen no lombo a os da UPG, polo menos teñen un liderazgo claro, saben o que queren e enriba son disiciplinados e traballadores, e por eso e algunhas cousas mais son ben vistos pola militancia non ascrita do BNG, entre eles un servidor.

    5 respostas
    1

    Por Un que non é do BNG: Que sodes vistos por xente non adscrita ao BNG? Estás de coña verdade? Dende fóra, os do BNG sodes unha panda de mantidos, entre CIG, Adega, MESA, FRUGA, e todas as siglas posibles!!! Non traballades por Galiza, nada máis que para manter o voso partido, e de feito nin queredes xente nova no voso partido! A min non me quixeron porque tiña amigos en Esquerda Unida, e porque a miña nai é de Madrid... Que máis queredes? RH positivo? Galego cen por cen? Un Sabino Arana galego!!! O que queremos é unha nova forza nacionalista, galega, de esquerdas, pero aberta e integradora!!!! Non unha UPG que só quere a pureza da raza!!!

    2

    Por ssss: Non te alporices, un que non é do BNG,(afortunadamente) o teu orneo, retrate.

    3

    Por Harpazul: Eu son militante do BNG. E recoñezo o traballo feito pola UPG no seo da organización dende a súa fundación, iso é indiscutible. Agora ben, o que non é de recibo é que unha parte da fronte que representa exactamente a metade sexa a que pom o texto (sen unha soa aportación externa), o candidato, o portavoz, etc. e os demáis non aportemos nada (bueno, a cuota mensual si). Non se trata de quitarlle lexitimidade democrática á asemblea, senón que perece claro que aplicar maiorías tan exiguas nunha fronte de partidos leva á destrución da fronte. Por iso somos moitos os que xa estamos traballando nunha alternativa na que poidamos aportar algo. Simplemente.

    4

    Por JOSEPH: Para "Por Un que non é do BNG". Mira que es troleiro. Denegáronche a entrada por ter amigos en EU e por ser a túa nai de Madrid?? Non o cres nin ti.

    5

    Por saña: Teño amigos, en Esquerda Unida, no Psoe,e familiares e amigos no PP,e na UPG e ninguen no BNG preguntoume por eles, non estaras falando de outro Frente enemigo do BNG?


    93

    Xornalista Irmandinho

    GC: como militante do BNG, pero tamén como persoa e como xornalista, non me pareceu ben o que fixestes:

    10 respostas
    1

    Por Xornalista Irmandinho: - primeiro, romper o segredo dunha asemblea interna, so risco de deteriorar aínda máis a nosa imaxe e a nosa relación co BNG - AQUÍ,NINGUÉN QUIXO SAÍR NOS MEDIOS, é o que se acordou, e só un "chivatazo" de alguén anónimo, ou unha filtración dun amigo dun amigo... conseguiu que este acto, totalmente secreto, aínda que aberto a quen quixera participar, e por iso vulnerable e susceptible de ser roto o segredo, saíse nos medios-;

    2

    Por Xornalista Irmandinho: - segundo, non citar as fontes ou polo menos, se se quere preservar o seu anonimato, non dicir "segundo fontes próximas ao EI e ás mocedades..." Así parece que é unha determinación oficial das nosas asembleas, por non dicir que non é exacto. Non houbo votación, só un reconto aproximado dun compañeiro, a modo de conclusión. Non é verdade nada do que di a vosa noticia. E non se pode tampouco pasar por verdade algo que che di calquera, un mero rumor. Se se quere dar voz a rumores, ou ao que diga alguén a título individual, habería de poñerse a fórmula que xa dixen: "Segundo fontes cercanas a..." Isto non me parece xornalismo.

    3

    Por Xornalista Irmandinho: A única VERDADE sobre a reunión, á espera de que nos pronunciemos as mocidades, ademais de +Galiza, é o comunicado oficial do Encontro Irmandinho, que o que di é isto: http://encontroirmandinho.org/artig...

    4

    Por Xornalista Irmandinho: COMUNICADO DE PRENSA Asemblea Nacional do Encontro Imandiño o domingo 12 de febreiro 03/02/2012 Reunida a Coordinadora do Encontro Irmandiño para avaliar o proceso e resultado da XIII Asemblea Nacional do BNG da pasada fin de semana, acordou facer público o que segue: 1º. Felicitar a todas e todos aqueles que xunto con nós participamos masivamente coa nosa razón, e de todo corazón, na asemblea do BNG, a primeira sen delegados dende 2006, nun exemplo de empuxe de base que deu como resultado un BNG que nunca máis volverá ser o mesmo pase o que pase.

    5

    Por Xornalista Irmandinho: Considerar que unha vez rematada esta XIII Asemblea do BNG e cos resultados xa coñecidos dun auténtico empate técnico entre os que pretendemos nunha fronte plural e recuperación do espírito fundacional de cooperación e irmandade nas relacións internas do BNG e os que pretenden máis do mesmo para seguir a manter a situación actual de dominio da UPG, require do todos nós, irmandiños ou non, unha reflexión seria sobre a situación resultante e sobre o camiño a tomar. 2º. Convocar a Asemblea Extraordinaria do EI para o próximo 12 de Febreiro co fin de avaliar se se cumpren, ou non, as condicións previstas nas teses do “Novo proxecto común, pola refundación e rexeneración do BNG” para ese fin. Todo isto en cumprimento do acordado na nosa III Asemblea celebrada hai agora xustamente un ano, a respecto do proceso de rexeneración do BNG e do rol do EI a prol do mesmo. Galiza 03/02/12

    6

    Por Kolvev: Os irmandiños sodes uns infantiloides. No comunicado que pós non hai nada que desminta o que se afirma na noticia. A culpa non é do medio que o conta que fai, e ben, o seu traballo. A culpa é vosa, que dades pena, sodes cuatro e tedes cinco toupas. Ídevos criar.

    7

    Por Farta: Que risa, un irmandinho falando de "única verdade" e mallando nos medios por contar o que todos sabemos. E logo falades da U. Marchade axiña a ver se nos deixades en paz aos que si queremos o mellor para Galiza

    8

    Por Irmandinho: No comunicado non se fala de saír do BNG, non se decidiu nada aínda a este respecto. Por certo, o de "infantiloide" o dis por ti, non? Descualificar sen contrastar e debater argumentos é propio de nenos. E un medio non fai ben o seu traballo se atende a rumores ou "chivatazos" sen contrastar. Iso é "carnaza xornalística", sensacionalismo.

    9

    Por Kolvev: Os argumentos están claros, neniño. Eu non lin a ningún voceiro dos irmandiños ou das mocidades de máis galiza negando que quixeran marchar do Bloque nas próximas asembleas (que estades no voso dereito e ogallá sexa así). Por iso tes un comportamento infantiloide, como non che gusta o ves, cagas na lareira. Igualiño que fai a túa organización no Bloque. MARCHADE XA!

    10

    Por Vaicheboa: Escacho en dous! Un irmandiño laiándose de filtracións. Tamén as podes ler na vosa amada VOZ. Por certo, dise exactamente o mesmo que aquí. Nin sequera para marchar o sabedes facer con estilo.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>