Samoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malo Sa'oloto Tuto'atasi o Sāmoa
Independent State of Samoa

Estado Independente de Samoa

Bandeira de Samoa Escudo de Samoa
Bandeira Escudo
Lema: Fa'avae i le Atua Samoa
(Galego: «Deus é o alicerce de Samoa»)
Himno nacional: Samoa Tula'i
 
Samoa on the globe (Polynesia centered).svg
 
Capital
 • Poboación
Apia
38.801 (2001)
Cidade máis poboada Apia
Linguas oficiais
Samoano e Inglés
Forma de goberno República
Tuiatua Tupua Tamasese Efi

Tuila'epa Sailele Malielegaoi

Independencia
De Nova Zelandia

1 de xaneiro de 1962

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 165º
2.944 km²
0,3%
0 km km
403 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 173º
177.714
60 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 170º
US$ 1.172 millóns
US$ 6.390
IDH (2006) 0.778 (75º) – medio
Moeda Tala (WST) = 100 sene
Xentilicio Samoano, -a
Fuso horario
 • en verán
UTC+13
Igual
Dominio de Internet .ws
Prefixo telefónico +685
Prefixo radiofónico 5WA-5WZ
Código ISO 882 / WSM / WS
Membro de: Commonwealth, ONU
Tódolos países do mundo

O Estado Independente de Samoa (Malo Sa'oloto Tuto'atasi o Sāmoa) ou simplemente Samoa (Samoa Occidental desde 1914 ata 1997, Samoa Alemá desde 1900 a 1914) é un país que comprende un grupo de illas pertencente ao arquipélago da Polinesia ao sur do Pacífico.

Historia[editar | editar a fonte]

Emigrantes desde o Sueste de Asia chegaron ás illas de Samoa fai máis de 3000 anos atrás e desde alí colonizaron o resto desde Polinesia cara ao leste. O contacto cos europeos chegaron a principios de 1700, pero non se intensificou ata a chegada de misioneiros e comerciantes ingleses, en 1830. Coa chegada do século XX, as illas foron divididas en dúas seccións: as illas do leste chegaron a ser territorio dos Estados Unidos en 1904 e hoxe en día son coñecidas como Samoa Americana; as illas do oeste convertéronse en territorio alemán chegando a coñecerse como Samoa Alemá, despois Samoa Occidental pasou do control alemán ao neozelandés en 1914. Samoa converteuse na primeira illa do Océano Pacífico en obter a súa independencia.

En xullo de 1997, a constitución foi reformada para cambiar o nome do país de Samoa Occidental a Samoa. A nación foi coñecida simplemente como Samoa na ONU desde o seu ingreso á organización, en 1976. O veciño territorio estadounidense de Samoa Americana protestou aquel cambio, sentindo que o cambio diminuía a súa propia identidade como país. Os habitantes de Samoa Americana aínda usan os termos Samoa Occidental e samoanos occidentais.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Samoa forma unha monarquía constitucional independente. A constitución de 1960, que tomou formalmente efecto logo da independencia do país, baséase na democracia parlamentaria do Reino Unido, modificada para ter en conta os hábitos de Samoa. Os dous grandes xefes samoanos desde a independencia veñen designando conxuntamente desde o cargo de xefe de Estado. O último xefe de Estado, Malietoa Tanumafili II, que faleceu o 12 de maio de 2007 á idade de 94 anos, ocupou este cargo desde a morte do segundo gran xefe en 1963. O seu posible sucesor será designado pola lexislatura por un mandato de 5 anos.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

A Constitución actual entrou en vigor ao tempo da independencia o 1 de xaneiro de 1962. fora elaborada por unha Convención Constitucional en outubro de 1960 e aprobada en maio de 1961 en referendo.

A carta magna establece un modelo singular de República constitucional (2007) no que o Xefe do Estado é elixido polo Parlamento por un período de cinco anos, fóra de quen eran Xefe do Estado ao tempo da independencia que foron declarados Xefes de Estado vitalicios, en virtude dun acordo entre os matai samoanos. O Parlamento denomínase "Fono" e fórmano 49 deputados elixidos por sufraxio universal por cinco anos. O dereito a ser candidato e elixido para 47 dos 49 obrígalles a ser xefes de clan (matai) e os outros 2 deben ser non samoanos. O poder executivo fórmao un primeiro ministro elixido polo Fono. Os ministros deben ser tamén membros da asemblea lexislativa.

Distritos políticos[editar | editar a fonte]

Samoa está composto por once itūmālō (distritos políticos). Estes son os once distritos tradicionais que se estableceron antes da chegada europea. Cada distrito ten a súa propia base constitucional (faavae) sobre a base da tradicional orde de precedencia de títulos atópanse en cada distrito faalupega (tradicionais saúdos).


Distritos políticos de Samoa
Distrito Capital Area
(km²)
Poboación
(Censo 2001)
Upolu (incluindo illas menores)
1 Tuamasaga Afega 479 83,191
2 A'ana Leulumoega 193 20,167
3 Aiga-i-le-Tai1) Mulifanua 27 4,508
4 Atua2) Lufilufi 413 21,168
5 Va'a-o-Fonoti Samamea 38 1,666
Savaii
6 Fa'asaleleaga Safotulafai 266 12,949
7 Gaga'emauga3) Saleaula 223 7,108
8 Gaga'ifomauga A'opo 365 4,770
9 Vaisigano Asau 178 6,643
10 Satupa'itea Gautavai 127 5,556
11 Palauli Vailoa i Palauli 523 8,984
  Samoa Apia 2,831 176,848
1) inclue as illas Manono, Apolima e Nu'ulopa
2) inclue as Illas Aleipata e a illa Nu'usafe'e
3) tamén partes máis pequenas en Upolu (Salamumu (incl. Salamumu-Utu) e vilas de Leauvaa)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Samoa atópase ao leste da liña internacional de cambio de data e ao sur do ecuador, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Nova Zelandia, na Polinesia. As illas son de orixe volcánico, e ocupan un área de 2.934 km². O 96 % do territorio compono as dúas grandes illas de Upolu e Savai'i, e o resto se distrubuye entre oito pequenos illotes: Manono, Apolima, Nuutele, Nuulua, Namua, Fanuatapu, Nuusafee e Nuulopa. En Upolu habitan case as tres cuartas partes da poboación do país; o seu capital é Apia.

O clima de Samoa é tropical, cunha temperatura media anual de 26,5 °C, e unha estación chuviosa de novembro a abril. O cume máis alto sitúase en Savai'i, e denomínase Silisili con 1.858 metros.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Samoa.

Demografía[editar | editar a fonte]

Apia, cunha poboación de 38.800 habitantes (est. 2001), é a capital e o centro comercial de Samoa. O 50 % da poboación de Samoa habita ou traballa no exterior. A maior parte faio en Nova Zelandia, Australia ou na Samoa Americana, primeiro etapa antes de emigrar cara aos Estados Unidos.

Mapa de Samoa

Cultura[editar | editar a fonte]

Festas en 2005
Data Nome en castelán Nome local Notas
1 de xaneiro Ano Novo New Year's Day Todos os anos
2 de xaneiro Día Seguindo ao Ano Novo Day Following New Year's Day Todos os anos
4 de xaneiro Aniversario do Xefe do Estado Head of State's Birthday Todos os anos
17 de xaneiro Día de Martin Luther King Martin Luther King's Day -
28 de marzo Luns de Pascua Easter Monday -
17 de abril Día da Bandeira Territorial Flag Day -
25 de abril Día de Anzac Anzac Day Día en cal hónrase aos veteranos de guerra
1 de maio Festa do Pobo Day of the People Todos os anos
14 de maio Día das Nais de Samoa Mothers of Samoa Day -
1 de xuño 1er Día da Independencia Independence Day Festa Nacional
2 de maio 2º Día da Independencia Independence Day Festa Nacional
6 de agosto Día do Traballo Labor Day -
15 de outubro Lotu-a-Tamaiti Children's Sunday Todos os anos
2 de novembro Día das Árbores Day of Trees Todos os anos
25 de decembro Nadal Christmas Day Todos os anos
Países do mundo | Oceanía
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Kiribati | Nauru | Nova Zelandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu
Países con parte do seu territorio en Oceanía

Estados Unidos | Chile | Indonesia

Países semiautónomos e estados libres asociados

Niue | Toquelau