Iemen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
الجمهوريّة اليمنية
Al-Ŷumhūriyya al-Yamaniyya
República do Iemen
Bandeira de Iemen Emblema de Iemen
Bandeira Emblema
Lema: Allah, al-Watan, at-Thawra
(árabe: «Deus, a Patria, a Revolución»)
 
Yemen (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Sana
1.303.000 (2000)
Cidade máis poboada Sana'a, 1,303,000h.
Linguas oficiais
Árabe
Forma de goberno República parlamentaria
Abd-Rabbu Mansur Hadi
Ali Muhammad Mujawar
Unificación
22 de maio de 1990
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 48º
527.968 km²
-
1.746 km km
1.906 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 50º
20.727.063 (2005)
37 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 112º
US$ 19.324 millóns
US$ 745
IDH (2007) 0,508 (153º) – medio
Moeda Rial iemení (YER)
Xentilicio iemení ou iemenita
Fuso horario
 • en verán
UTC+3
non aplica
Dominio de Internet .ye
Prefixo telefónico +967
Prefixo radiofónico 7OA-7OZ
Código ISO 887 / YEM / YE
Membro de: ONU, Liga de Estados Árabes
Tódolos países do mundo

O Iemen é un país árabe que ocupa o extremo suroeste da Península da Arabia. Limita ao norte coa Arabia Saudí, ao leste co Omán, ao sur co Mar de Arabia e mailo Golfo de Adén, e a oeste polo estreito de Bab el-Mandeb e polo Mar Vermello. O Iemen inclúe tamén algunhas illas situadas ó longo do chamado Corno de África, das cales a máis grande é Socotora.

Historia[editar | editar a fonte]

Iemen é un dos centros máis antigos de civilización do Oriente Próximo. A súa terra, relativamente fértil en algúns vales e seu clima húmido permitiron o desenvolvemento de unha poboación estable. Seus habitantes, nómades, dedicáronse durante toda a época antiga á gandería e á creación de aves.

Política[editar | editar a fonte]

Abdul Qadir Bajamal do Congreso Xeral Popular foi primeiro ministro dende o 31 de marzo de 2001 até o 7 de abril de 2007.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Algo maior que España en superficie (527.970 km²) e sito no extremo suroeste da Península Arábiga, e por tanto considerado un país do Oriente Próximo, con todo algúns xeógrafos, como Carlos Garijo, coidan que o Iemen é un país africano, apoiándose tanto na súa posición xeográfica como na súa cultura, mais non é unha opinión xeral.

Fisiográficamente, o país consta de partes diferenciadas que gañan altura desde a costa para logo descender no interior. O litoral constitúe unha faixa estreita, denominado Tihamah; a continuación, en poucos quilómetros, levántanse unha serie de montañas de altura intermedia e vales, que constitúen a transición ás chamadas terras altas, que ocupan unha anchura maior no oeste do país, en paralelo ao Mar Vermello; neste último territorio sitúase a maior altura do Iemen, o Jabal an Nabi Shu'ayb, de 3.760 m. Nun planalto da zona está localizada a capital iemení, Sana, a máis de 2.200 m. No extremo sur do país, no Bab el-Mandeb, o estreito que comunica o Océano Índico e o Mar Vermello, montañas elevadas chegan até cerca da costa (Jabal Sabir, 3.006 m). Pasadas as terras altas, o territorio descende en altura cada vez máis cara o leste, na zona fronteiriza con Arabia Saudí e Omán, máis xa tamén próximo ao temido deserto de Rub al-Khalí, que chega a alcanzar o centro norte do país. As costas alcanzan un total de 1.906 km de desenrolo.

O clima é practicamente desértico. Moi cálido é húmido na costa oeste, temperado nas montañas occidentais tamén afectadas polos monzóns; seco e frío nas terras altas. O deserto do centro e leste do país é moi cálido e seco.

O país sufre os efectos da desertización e da falta de auga. Os cursos de auga son torrentes (wadi, ramlat), só animados con auga durante as tormentas e os monzóns. Os ventos do nordeste son os responsábeis da aridez xeral do país e causantes das frecuentes tormentas de area.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Iemen.

É o país máis pobre do Oriente Medio. Produce principalmente petróleo, pero nos anos da década de 1990 ao non apoiar o goberno o ataque sobre Iraq, subsecuente á invasión deste país sobre Kuwait, causou problemas de illamento do país e máis de 1 millón de emigrantes iemenís tiveron que volver ao país expulsados en represalia.

Cifras económicas xerais[editar | editar a fonte]

O Produto Interior Bruto (PIB) creceu en 2004 sobre un 2,7 %. Ao sector primario correspondeulle un 14 % do PIB, a industria ou sector secundario un 38 % e ao sector servizos un 49 % do PIB. No ano 1999 un 48,5 % da poboación activa dedicábase á agricultura, un 15,1 % traballaba no sector industrial e un 36,4 % estaba ocupada no sector servizos. O desemprego acadaba en 2003 unha media do 25 % da poboación activa, mentres que a inflación era do 17,7 %. En 2003 un 5,5 % do PIB foi dedicado a servizos de saúde, un 9,6 % á Ensinanza e un 7,1 % a gastos militares.

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Iemen

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]