Ellen Page

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ellen Page
EllenPageByNinhaMorandin2010Inception.jpg
Ellen Page na estrea do filme Inception en París no 2010.
Nacemento Ellen Philpotts-Page
21 de febreiro de 1987 (28 anos)
Halifax, Nova Escocia, Flag of Canada.svg Canadá
Profesión Actriz (1997-presente)
Ficha na IMDb

Ellen Philpotts-Page, nada en Halifax (Nova Escocia) o 21 de febreiro de 1987, é unha actriz canadense. Foi nomeada ós premios Oscar e ós Globos de Ouro na categoría de mellor actriz pola súa actuación en Juno (2007).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ellen durante a presentación de Whip It no Festival Internacional de Cine de Toronto de 2009.

É filla de Denis Page (deseñador gráfico) e Martha Phillpotts (mestra). Asistiu ó "Halifax Grammar School" até o oitavo curso e posteriormente estivo varios anos no instituto "Queen Elizabeth High School" graduándose finalmente no "Shambhala School" en 2005. Pasou dous anos en Toronto, Ontario, estudando no programa interactivo de "Vaughan Road Academy" xunto co seu mellor amigo e tamén actor canadense Mark Rendall.

Page comezou a súa carreira co filme Pit pony (1997), á idade de dez anos, interpretando o papel de "Maggie McLean". Posteriormente, en 1999, realizouse a serie televisiva homónima. Grazas ó seu traballo nesta última entrou nos nomeamentos ós Premios Gemini como mellor interpretación de programa infantil.

Acadou notoriedade polo seu traballo no filme Hard Candy (2005), cuxo tema central é o abuso sexual, no papel de "Hayley Stark", unha adolescente de 14 anos lista e encantadora que coñece a un home de trinta e poucos anos con quen non "debería" estar.

Ellen Page sorprendeu a críticos e espectadores coa súa interpretación dun papel tan duro como o que tivo en Hard Candy, pero quizais sexa máis coñecida despois de traballar en X-Men: The Last Stand como "Kitty Pryde/Shadowcat", unha mutante capaz de atravesar calquera tipo de material.

No 2007 sorprendeu ós críticos novamente cunha faceta como actriz completamente diferente co seu papel en Juno, unha rapaza de dezaseis anos cun embarazo non desexado. O filme valeulle a candidatura ó Globo de Ouro en 2008 na categoría de Mellor actriz de comedia ou musical e ó Oscar á mellor actriz. Juno conseguiu o Oscar ó mellor guión o 24 de febreiro de 2008.

O 1 de marzo de 2008 Ellen foi a convidada de Saturday Night Live e o 3 de maio de 2009 aparecía como estrela invitada no capítulo "Waverly Hills 9-0-2-1-D'oh" da serie animada The Simpsons, interpretando ó personaxe "Alaska Nebraska".

Participou no filme Inception (2010) sendo nomeada ó Premio Saturn á mellor actriz e no filme de baixo presuposto Super. Foi unha das protagonistas do filme de Woody Allen To Rome with Love (2012) e do filme de Zal Batmanglij The East (2013). No filme X-Men: Days os Future Past (2014) fai o papel da mutante Kitty Pride[1]. O 14 de febreiro de 2014 fixo pública a súa orientación sexual nunha conferencia da organización Human Rights Campaign proclamando que estaba cansa de agachar o seu lesbianismo[2]

Page con Drew Barrymore na estrea do filme Whip It en setembro de 2009.


Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
2012 The Wrong Picture Dirixida por Woody Allen
2012 Freeheld Stacie Andree
2011 Tilda Carolyn Televisión
2011 Super Boltie
2011 28 Months Later
2010 Inception Ariadne
2009 Peacock Maggie
2009 Whip It Bliss Cavendar
2008 Smart People Vanessa Wetherhold
2007 The Stone Angel Arlene
Juno Juno MacGuff
The Tracey Fragments Tracey Berkowitz
An American Crime Sylvia Likens
2006 X-Men: The Last Stand Kitty Pryde
2005 Mouth to Mouth Sherry
Hard Candy Hayley Stark
2004 ReGenesis Lilith Sandstrom Televisión (8 episodios)
Wilby Wonderful Emily Anderson
I Downloaded a Ghost Stella Blackstone
2003 Love That Boy Suzanna
Going for Broke Jennifer
Homeless to Harvard: The Liz Murray Story Lisa
Touch & Go Trish
Mrs. Ashboro's Cat Natalie Merritt
2002 The Wet Season Jocelyn
Marion Bridge Joanie
Rideau Hall Helene Televisión (1 episodio)
2001 Trailer Park Boys Treena Lahey Televisión (5 episodios)
1999 Pit Pony Maggie MacLean Televisión
1997 Pit Pony Maggie MacLean

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Oscar
Ano Categoría Filme Resultado
2007 Oscar á mellor actriz Juno Nomeada
Premios Globo de Ouro
Ano Categoría Filme Resultado
2007 Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical Juno Nomeada
Premios BAFTA
Ano Categoría Filme Resultado
2007 BAFTA á mellor actriz Juno Nomeada
2007 Premio Orange a estrela emerxente Nomeada
Premios do Sindicato de Actores
Ano Categoría Filme Resultado
2007 Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz protagonista Juno Nomeada
Premios Satellite
Ano Categoría Filme Resultado
2007 Mellor actriz- Comedia ou Musical Juno Gañadora
Premios Independent Spirit Awards
Ano Categoría Filme Resultado
2008 Independent Spirit Award á mellor actriz Juno Gañadora
Premios MTV Movie
Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor actriz Juno Gañadora
2008 Mellor bico Nomeada
Premios Saturn
Ano Categoría Filme Resultado
2010 Premio Saturna á Mellor Actriz Inception Pendiente

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ellen Page Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]