Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)
Artigos de calidade (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Estrutura das categorías

Outras

Propostas de eliminación
Ficheiros propostos para borrar
Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

A imaxe da semana é aquela imaxe que se destaca na Portada, polo de agora, cunha periodicidade semanal. Por regra xeral son imaxes relacionadas con Galicia ou coa cultura galega, ou imaxes feitas ex profeso para este proxecto por colaboradores habituais deste wiki mesmo sobre outros temas. Para propor unha imaxe como imaxe da semana debe cumprir a Política de uso de imaxes da Galipedia, estar correctamente referenciada a licenza e conter a información de autoría e orixe. Se hai dúbidas referidas aos requisitos de licenza, autoría ou orixe da imaxe a elección non será válida. En canto aos requisitos técnicos (peso do ficheiro, tamaño da imaxe, composición e outros parámetros) está pendente definir aqueles que deba cumprir como mínimo cada unha das imaxes. Así e todo procure propoñer unha imaxe dunha calidade media aceptable (resolución, tamaño, enfoque, definición etc.) así mesmo teña en conta que o valor da imaxe pode suplir certas deficiencias técnicas nalgúns casos. É unha regra habitual neste wiki non tomar en consideración as autopropostas.

Nota: a secuencia temporal de imaxes está relacionada co resto dos contidos destacados, por ese motivo en ocasións concretas pode ser preciso substituír unha das imaxes seleccionadas por outra.

Como engadir unha candidatura a imaxe da semana[editar | editar a fonte]

Siga os pasos expostos a continuación:

I.

Crear proposta

Escribe o nome da imaxe tralo texto presente na caixa (non é preciso escribir o prefixo Ficheiro:, xa está incluído):


II.

Inserir ligazón na páxina de propostas

Inclúe manualmente unha ligazón ao comezo de Wikipedia:Imaxe da semana/Votacións, tal e como se indica na páxina á que chegará cando premas en "Crear a nova proposta" no paso anterior.

III.

Votación

Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
  • Symbol support vote.svg Concordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
  • Symbol oppose vote.svg Discordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
  • Symbol neutral vote.svg Neutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.

Ademais diso, tamén podes usar:

  • Symbol comment vote.svg Comentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
  • Information icon.svg Información: ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
  • Symbol question.svg Pregunta: ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
  • Symbol wait alternative.svg Agardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.

Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~). A votación será aprobada cos 2/3 dos votos favorables, sempre que se emitisen cando menos 5 votos a favor. A duración da votación deberá ser dun mínimo de 15 días.

Propostas de imaxes[editar | editar a fonte]

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)
Artigos de calidade (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Estrutura das categorías

Outras

Propostas de eliminación
Ficheiros propostos para borrar
Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Replacement filing cabinet.svg Arquivo de votacións


Limpar a caché

Ficheiro:Bayon, Angkor Thom, Camboya, 2013-08-17, DD 37.JPG[editar | editar a fonte]

Bayon, Angkor Thom, Camboya, 2013-08-17, DD 37.JPG

Proposto por: Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2015 ás 10:30 (UTC) (Período de votación: dende o 24-03-2015 ata, polo menos, o 08-04-2015)
DESCRICIÓN: Bayon, templo Khmer construído a finais do século XII ou principios do XIII na antiga cidade de Angkor. Vexa o artigo Cambodja.--Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2015 ás 10:30 (UTC)
A favor
  1. Symbol support vote.svg Concordo. --Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2015 ás 10:30 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. Co pé de foto curto. --☣Banjo tell me 24 de marzo de 2015 ás 20:35 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo. --AMPERIO (conversa) 26 de marzo de 2015 ás 08:41 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo coa imaxe e co pé curto. Piquito (conversa) 26 de marzo de 2015 ás 21:41 (UTC)
  5. Symbol support vote.svg Concordo --Alchemist-hp (conversa) 29 de marzo de 2015 ás 10:03 (UTC)
En contra
Neutros
Comentarios

Symbol comment vote.svg Comentario Se queredes un pé máis curto tamén propoño, "Bayon, templo Khmer na antiga cidade de Angkor. Vexa o artigo Cambodja". Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2015 ás 10:30 (UTC)


Ficheiro:Wismut Kristall und 1cm3 Wuerfel.jpg[editar | editar a fonte]

Wismut Kristall und 1cm3 Wuerfel.jpg

Proposto por: Alchemist-hp (conversa) 22 de marzo de 2015 ás 11:09 (UTC) (Período de votación: dende o 22-03-2015 ata, polo menos, o 06-04-2015)
DESCRICIÓN: Cristal de Bismuto. A iridescencia prodúcese por efectos de interferencia nunha capa fina de óxido que se forma ao retirar o cristal quente do bismuto líquido. "Cristal de Bismuto con iridescencias debidas ó óxido. Véxase o artigo táboa periódica". --Alchemist-hp (conversa) 22 de marzo de 2015 ás 11:09 (UTC)
A favor
  1. Symbol support vote.svg Concordo. --Alchemist-hp (conversa) 22 de marzo de 2015 ás 11:09 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. Pero propoño outro pé no comentario de abaixo.--Elisardojm (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 01:51 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo. Tamén co pé que propón Elisardojm. --AMPERIO (conversa) 24 de marzo de 2015 ás 09:36 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo--. HombreDHojalata.conversa 24 de marzo de 2015 ás 12:25 (UTC)
  5. Symbol support vote.svg Concordo-- Co pé de foto proposto por Elisardojm. ☣Banjo tell me 24 de marzo de 2015 ás 20:33 (UTC)
  6. Symbol support vote.svg Concordo. Piquito (conversa) 26 de marzo de 2015 ás 21:40 (UTC)
En contra
Neutros
Comentarios

Symbol comment vote.svg Comentario Propoño outro pé:"Cristal de Bismuto con iridescencias debidas ó óxido. Véxase o artigo táboa periódica". Saúdos,


Ficheiro:Lago Skadar, Montenegro, 2014-04-14, DD 02.JPG[editar | editar a fonte]

Lago Skadar, Montenegro, 2014-04-14, DD 02.JPG

Proposto por: Elisardojm (conversa) 19 de marzo de 2015 ás 12:29 (UTC) (Período de votación: dende o 19-03-2015 ata, polo menos, o 03-04-2015)
DESCRICIÓN: Lago Skadar en Montenegro. Vexa o artigo meandro. --Elisardojm (conversa) 19 de marzo de 2015 ás 12:29 (UTC)
A favor
  1. Symbol support vote.svg Concordo. --Elisardojm (conversa) 19 de marzo de 2015 ás 12:29 (UTC)
En contra
  1. Symbol oppose vote.svg Discordo. Paréceme que o exceso de luz do ceo queima a foto, tamén penso que hai pouca nitidez. A paisaxe gústame, a foto non me convence. Piquito (conversa) 19 de marzo de 2015 ás 13:24 (UTC)
  2. Symbol oppose vote.svg Discordo. Creo que non sobresae o suficiente coma para estar na portada, dame unha impresión de ser "monótona"... a paisaxe non me resulta moi chamativa tampouco... Opinión moi persoal, sinto discordar. --☣Banjo tell me 24 de marzo de 2015 ás 20:50 (UTC)
  3. Symbol oppose vote.svg Discordo. Polo que mencionan Piquito e Banjo. --AMPERIO (conversa) 26 de marzo de 2015 ás 08:40 (UTC)
Neutros
Comentarios

Ficheiro:Santuario da Virxe do Cristal.jpg[editar | editar a fonte]

Santuario da Virxe do Cristal.jpg

Proposto por: Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de marzo de 2015 ás 15:19 (UTC) (Período de votación: dende o 13-03-2015 ata, polo menos, o 28-03-2015)
  • Information icon.svg Información: Cargada por Darío Álvarez.
DESCRICIÓN: Imaxe de máxima actualidade. O párroco de Vilanova dos Infantes, Adolfo Enríquez, foi asasinado, e a Virxe de Cristal está en paradoiro descoñecido. Amais serve para pór en valor este tipo de imaxes que non é fácil tomar, pois hai que estar no momento e no lugar oportuno. A falta dunha sección de novas na portada da Galipedia, paréceme un bo xeito de tratar este tema. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de marzo de 2015 ás 15:19 (UTC)
A favor
  1. Symbol support vote.svg Concordo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de marzo de 2015 ás 15:19 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. Certamente é un tema de actualidade do que dispoñemos dunha boa foto. Unha proposta moi acertada. --. HombreDHojalata.conversa 13 de marzo de 2015 ás 19:03 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo. --Xas (conversa) 13 de marzo de 2015 ás 19:24 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo. Se cadra era ben poñela para a imaxe da semana que vén. Se vai máis adiante xa non é de tanta actualidade. Boa proposta. --Chairego apc (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 00:18 (UTC)
A Virxe do Cristal Vilanova dos infantes Celanova Galicia (Spain)-2.jpg
En contra
  1. Symbol oppose vote.svg Discordo O obxecto da imaxe é a Virxe do Cristal e está totalmente desenfocado. Pésima foto por moito que poida semellar oportuna. O tamaño da imaxe adecuado, pero xusto na miña opinión-- Lmbuga / Conversa comigo  14 de marzo de 2015 ás 00:45 (UTC) Hai fotos de mellor calidade co mesmo obxecto, pero está mal -supoño- que tal cousa diga, pois será considerada vangloria -supoño- neste proxecto (na Galipedia). -- Lmbuga / Conversa comigo  14 de marzo de 2015 ás 00:48 (UTC)
  2. Symbol oppose vote.svg Discordo Hai varias fotos de mellor calidade deste mesmo obxecto, por exemplo esta de Lmbuga: —o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversacontribucións)
  3. Symbol oppose vote.svg Discordo. Polo mesmo que expuxo Lmbuga, a imaxe está totalmente desenfocada, non se aprecia nada a Virxe do Cristal. Coa imaxe alternativa si concordo, pero non con esta. Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 01:03 (UTC)
  4. Symbol oppose vote.svg Discordo. --AMPERIO (conversa) 19 de marzo de 2015 ás 12:42 (UTC)
Neutros
Comentarios

Symbol comment vote.svg Comentario. Risco o meu voto a favor. Se a outra imaxe sae a proposta votarei por ela. --Chairego apc (conversa) 15 de marzo de 2015 ás 17:25 (UTC)

Symbol comment vote.svg Comentario No Telexornal Serán FDS, podedes velo aquí, se non me equivoco, sae esta foto que tamén é de Lmbuga:

A Virxe do Cristal Vilanova dos infantes Celanova Galicia (Spain)-4.jpg

. E obviamente sen respectar a licenza, claro. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2015 ás 22:47 (UTC)