Médicos Sen Fronteiras
Médicos Sen Fronteiras (MSF) | |
---|---|
Logo da organización nunha porta no Chad
|
|
Presentación | |
Data fundación | 20 de xullo de 1971 |
Localización | Xenebra, Suíza |
Orixes | Francia |
Area servida | Mundial |
Método | Organización médica humanitaria |
Ingresos | Donacións privadas |
Voluntarios | 26.000 |
Secretario | Joanne Liu |
Páxina web | msf.org |
Premios | Premio Nobel da Paz en 1999 Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 1991 |
Médicos Sen Fronteiras (MSF) (en francés:Médecins sans frontières) é unha Organización non gobernamental fundada en Francia o 20 de xullo de 1971 por un grupo de médicos. A organización foi fundada na idea de que todo o mundo ten dereito a unha asistencia médica, independentemente da súa nacionalidade.[1]
MSF é a maior organización privada de axuda humanitaria do mundo. Cun orzamento total de 365 millóns de euros e 2,2 millóns de donantes, MSF enviou ao redor de 3.000 profesionais a 77 países durante o período de actividades 2002-2003. A sección española de MSF representa cerca do 10% do total, con 230.000 socios e colaboradores, 30 millóns de euros de orzamento e 300 profesionais enviados a diferentes proxectos. A asistencia que MSF proporciona baséase únicamente nas necesidades das poboacións. A análise e a acción de MSF están libres de calquera presión política, económica, militar ou relixiosa.
En MSF non toman partido por ningunha das partes enfrontadas nun conflito. Velan que a asistencia beneficie ás vítimas, non os verdugos. Pero MSF non asumen a neutralidade como un silencio cómplice en caso de violacións graves de dereitos humanos ou do Dereito Internacional Humanitario.[2]
Orixe e obxectivos[editar | editar a fonte]
Dedícase principalmente á axuda de poboacións en situación precaria e as vítimas de conflitos, fame e catástrofes de orixe natural. A súa experiencia médica comezou na guerra de Biafra (1968 - 1969) dentro do dispositivo da Cruz Vermella. Entón non era senón no marco de Cruz Vermella, a ONG máis gobernamental (máis aínda que agora), na que se podía actuar
O 1991 foi galardonada, xunto Medicus Mundi, co Premio Príncipe de Asturias da Concordia e o 1999 recibiu o premio Nobel da Paz. O comité Nobel de Noruega concedeullo por ser pioneira no traballo humanitario en varios continentes.
Hoxe en día, conta con máis dun millón e medio de socios, dous mil voluntarios traballando en programas humanitarios en setenta países e outros mil en labores administrativas. Prevén e tratan algunhas enfermidades como a tuberculose, o sida e a meninxite.
Carta Magna de Médicos Sen Fronteiras[editar | editar a fonte]
Médicos Sen Fronteiras é unha asociación privada con vocación internacional. A asociación reúne maioritariamente os membros do corpo sanitario e está aberta a outros profesionais útiles á súa misión.
Todos subscriben sobre o honor os seguintes principios:
- Médicos Sen Fronteiras aporta a súa axuda ás poboacións en situación precaria, ás vítimas de catástrofes de orixe natural ou humano e de conflitos armados, sen discriminación de raza, relixión, filosofía ou política.
- Ao actuar na máis estrita neutralidade e imparcialidade, Médicos Sen Fronteiras reivindica, en nome da ética médica universal e do dereito á asistencia humanitaria, plena e enteira liberdade no exercicio da súa función.
- Médicos Sen Fronteiras comprométese a respectar os principios deontolóxicos da súa profesión e a manter unha independencia total de todo poder, así como de toda forza política, económica ou relixiosa.
- Os voluntarios miden os riscos e perigos das misións que cumpren e non reclamarán para se mesmos nin para os seus achegados compensación algunha, salvo a que a asociación sexa capaz de proporcionarllos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La création de Médecins Sans Frontières" (en francés). Médecins Sans Frontières (Doctors Without borders). La création de Médecins Sans Frontières. http://www.msf.fr/histoire-sommaire-book-page/1971-creation-medecins-sans-frontieres. Consultado o 7/07/2014.
- ↑ "Històric d'exposicions del Palau Robert" (en catalán). web. Generalitat de Catalunya. http://www20.gencat.cat/portal/site/PalauRobert/menuitem.24624ed9d70d41f972623b10b0c0e1a0/?vgnextoid=84bf0885247b2110VgnVCM1000000b0c1e0aRCRD&vgnextchannel=84bf0885247b2110VgnVCM1000000b0c1e0aRCRD&vgnextfmt=default. Consultado o 7/07/2014.