Sri Lanka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ශ්‍රී ලංකා ප්‍රජාතාන්ත්‍රික සමාජවාදී ජනරජය
Sri Lankā Prajathanthrika Samajavadi Janarajaya
இலங்கை சனநாயக சோஷலிசக் குடியரசு
Ilaṅkai caṉanāyaka cōṣalisak Kuṭiyarasu
República Democrática Socialista de Sri Lanka
Bandeira de Sri Lanka Emblema de Sri Lanka
Bandeira Emblema
Lema: Non ten
Himno nacional: Sri Lanka Matha
 
Sri Lanka (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Sri Jayawardenepura Kotte (gobernamental) e Colombo (económica)
115.826 (2001)
Cidade máis poboada Colombo
Linguas oficiais
Cingalés, támil
Forma de goberno República socialista democrática
Mahinda Rajapaksa
D. M. Jayaratne
Independencia
 • Data
Do Reino Unido
4 de febreiro de 1948
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 122º
65.610 km²
4,4%
km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 53º
20.743.000
316 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 62º
86,72 millones US$
4.300 US$
IDH (2007) 0,743 (99º) – medio
Moeda Rupia de Sri Lanka (LKR)
Xentilicio Srilankés, Cingalés[1]
Fuso horario UTC+6
Dominio de Internet .lk
Prefixo telefónico +94
Prefixo radiofónico 4PA-4SZ
Código ISO 144 / LKA / LK
Membro de: SAARC, MBN, ONU
Tódolos países do mundo

Sri Lanka[2] (támil: இலங்கை , cingalés: ශ්‍රී ලංකා ), antigamente Ceilán,[3] é un país insular asiático, localizado ao largo da extremidade sur do Subcontinente indio. Ten costas no Golfo de Bengala ao leste, Océano Índico ao sur e oeste e Estreito de Palk ao noroeste, que o separa da India. A capital é Colombo.

Historia[editar | editar a fonte]

Política[editar | editar a fonte]

O presidente da república elíxese por votación popular para un mandato de seis anos, e ocupa a función de xefe de Estado, xefe de goberno e comandante en xefe das Forzas Armadas. Responsable ante o Parlamento do exercicio dos seus deberes constitucionais, o presidente pode ser destituído por dous terzos do poder lexislativo e por decisión favorable da Corte Suprema.

O presidente elixe ao primeiro ministro entre os deputados, liderando ao partido do goberno no Parlamento. O sistema lexislativo do Sri Lanka é unicameral, con 225 membros elixidos por sufraxio universal. Os parlamentarios representan os distritos do país durante seis anos.

O partido que recibe o maior número de votos válidos en cada distrito electoral, gaña o escano no Parlamento. O presidente pode convocar o Parlamento para unha sesión extraordinaria, para definir a disolución da cámara, como foi o caso da disolución do parlamento o 7 de febreiro de 2004 polo presidente Chandrika Kumaratunga, as novas eleccións foron o 2 de abril, e a toma de posesión dos novos deputados foi o 23 dese mes.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

A illa esta dividida administrativamente en 9 provincias:

  • Central
  • Central do Norte
  • Norte
  • Leste
  • Noroccidental
  • Sáharagamuwa
  • Sur
  • Uva
  • Occidental

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa do Sri Lanka.

A illa de Sri Lanka está separada da India polo golfo de Mann e o estreito de Palkia, pero queda enlazada ao continente mediante un rosario de arrecifes e bancos de area chamado Ponte de Adams. A estrutura xeolóxica da illa emparéntase estreitamente coa do subcontinente indio: o zócolo precámbrico, constituído de cuarcitas, gneis, esquistos e calcarias cristalinas, é parte integrante do escudo araboindi e aflora por toda a illa, coa excepción da península de Jaffna, ao norte, onde desaparece baixo unha cobertura sedimentaria de calcarias miocénicas. O zócolo dá orixe a un extenso núcleo montañoso no sector meridional da illa, con enérxicas cristas (constitúen as máximas altitudes: Pidurutalagala, 2.524 metros; Adams Peak, 2.243 metros) e vales profundamente encaixadas, onde nacen os principais cursos de auga da illa. Entre este núcleo montañoso do sur e a área Miocenonica do norte, caracterizada por un tipo de relevo cárstico, disponse un sector de transición, que ocupa todo o Sri Lanka central, cunha paisaxe de pequenas chairas e relevos residuais modestos. As chairas costeiras son especialmente desenvolvidas ao oeste e ao sur, con numerosas lagoas e cordóns litorais; ao norte e ao leste, a costa faise máis abrupta.

Economía[editar | editar a fonte]

Véxase: Economía de Sri Lanka.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para srilankés.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para srilankés.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cingalés.