Turcomenistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Türkmienistan Riespublikasy
República de Turcomenistán
Bandeira de Turcomenistán Emblema de Turcomenistán
Bandeira Emblema
Lema: Non ten
Himno nacional: Himno de Turcomenistán
 
Turkmenistan on the globe (Turkmenistan centered).svg
 
Capital
 • Poboación
Achkhabad
773.400
Cidade máis poboada Achkhabad
Lingua oficial
Turcomán
Forma de goberno República unipartidista presidencialista
Kurbanguly Berdymukhamedov
Independencia
 • Data

 • Recoñecida
Da Unión Soviética
27 de outubro de 1991
12 de decembro de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 52º
488.100 km²
4,9
km
970 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 112º
5.042.920
10,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 85º
US$ 44.219 millóns
US$ 8.768
IDH n/d
Moeda Manat turcomán
Xentilicio Turcomán, turcomá
Fuso horario
 • en verán
UTC+5
Non se aplica
Dominio de Internet .tm
Prefixo telefónico +993
Prefixo radiofónico EZA-EZZ
Código ISO 795 / TKM / TM
Membro de: ONU, OSCE
Tódolos países do mundo

Turcomenistán[1] ou Turkmenistán,[2] oficialmente a República de Turcomenistán (en turcomán: Türkmenistan Riespublikasy) é un país de Asia central, que limita con Afganistán, Irán, o mar Caspio, Casaquistán e Usbequistán.

Historia[editar | editar a fonte]

O territorio de Turcomenistán estivo poboado desde a antigüidade. Tribos turcomás dedicadas á cría de cabalos chegaron ao territorio en tempos remotos, posiblemente procedentes das Montañas Altái, e establecéronse nos arredores do deserto de Karakum, chegando ata Persia, Siria e Anatolia.

O exército ruso fixo a súa entrada no territorio entre as décadas de 1860 e 1870. En 1869, créase o porto de Krasnovodsk, e xa en 1874 consolidouse a presenza rusa coa creación do distrito militar do Transcaspio. Anexado polo Imperio Ruso entre 1865 e 1885, en 1890 o control ruso sobre Turcomenistán era completo.

Ventos de revolución chegarían en 1917, e durante a guerra civil (1918-1920) Turcomenistán tamén estivo nas frontes de pelexa. Establecida a Unión Soviética, o territorio do Transcaspio (desde 1921 reorganizado como Turquestán) é establecido como unha república autónoma, para pasar ese mesmo ano a ser unha das repúblicas constituíntes da Unión.

Durante esta época, fíxanse as fronteiras da república soviética, e desenvólvense ambiciosos proxectos para aproveitar os seus recursos naturais para o beneficio da Unión Soviética. Créanse tamén sistemas de irrigación e, aos poucos, a produción de algodón e petróleo convértense nas actividades económicas principais.

Trala disolución da Unión Soviética, Turcomenistán converteuse nun estado independente. O controvertido presidente Separmurat Niyazov dominou a vida política do país ata o seu falecemento o 21 de decembro de 2006.

O seu sucesor, Kurbanguly Berdymukhamedov, convocou a eleccións o 11 de febreiro de 2007, nas cales resultaría electo polo 89,2% dos votos. Segundo datos oficiais, participou o 98,65% dos electores. Con todo, a oposición política denunciou a existencia de fraude.[3] Berdymukhamedov implementou algunhas reformas ás políticas aplicadas ata o momento, como a eliminación do nome do seu predecesor da bandeira nacional e a derrogación dunha lei que esixía dous anos de traballos antes para poder ingresar á universidade,[4] con todo ratificou a continuidade do rumbo político encarado por Niyazov.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Turcomenistán.

Turcomenistán é unha república presidencialista integrada na Comunidade de Estados Independentes.

Despois da morte do presidente Separmurat Niyazov, o entón primeiro ministro Kurbanguly Berdymukhamedov asumiu o poder e iniciou tentativas de abrir o país. A constitución do país, aprobada no 2008, permite a formación de partidos políticos e a libre asociación de persoas. A anterior, de 1993, establecía un réxime de partido único.

O goberno de Niyazov, morto no 2006, chegou a esaxeracións coma a prohibición da ópera e do circo por "non seren suficientemente turcomanos". Niyazov gobernaba de maneira absoluta sobre o país e non toleraba ningunha oposición. No seu goberno había un moi importante culto á súa personalidade, atopábase o seu rostro por todo o país, desde os billetes de banco ata as botellas de vodka. Era chamado o Turkmenbachi (ou en galego a «Cabeza dos turcomenos»). A festa nacional correspondía ao aniversario do presidente, o 19 de febreiro. Unha estatua del, en ouro fino, atopábase na capital Achkhabad.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Turcomenistán é un país de Asia central situado ao norte da cadea de montañas Kopet-Dag entre o mar Caspio e mailo río Amu-Daria. O país ten fronteiras con Casaquistán e Usbequistán ao norte e ao nordeste, con Irán e Afganistán ao sur e ao sueste. A característica xeográfica máis significativa é o deserto do Karakorum que é o deserto máis grande do mundo, cubrindo o 80 por cento da superficie do país. A maior parte das montañas do Turcomenistán son inaccesíbeis. Os vestixios da antiga ruta da seda van da China central ata a costa mediterránea, pasando polo Turkmenistán.

O país está situado nunha das rexións sísmicas máis elevadas do mundo.

O clima é desértico subtropical con pouca chuvia.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Turcomenistán está dividido en cinco provincias (welayatlar,singular welayat): (Balkan, Ahal, Daşoguz, Lebap e Mary) e unha cidade Autónoma Achkhabad.

Provincias de Turcomenistán.
División ISO 3166-2 Capital Superficie (km²) Poboación (2005) Mapa
Achkhabad Achkhabad 470 871.500
Ahal TM-A Annau 97.160 939.700 1
Balkan TM-B Balkanabat  139.270 553.500 2
Daşoguz TM-D Daşoguz 73.430 1.370.400 3
Lebap TM-L Türkmenabat 93.730  1.334.500 4
Mary TM-M Mary 87.150 1.480.400 5
Turcomenistán

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Turcomenistán.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da demografía entre 1992 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Notas[editar | editar a fonte]