OTAN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
NATO/OTAN
Flag of NATO.svg
Bandeira da OTAN
Map of NATO countries.png
Actuais membros da OTAN
Organización Alianza militar
Siglas OTAN/NATO
Secretario xeral Dinamarca Anders Fogh Rasmussen
Estado Activa
Fundada 4 de abril de 1949
Sede Bruxelas, Bélxica Bélxica
Páxina web nato.int
Conferencia da OTAN en París en maio de 1955.

A Organización do Tratado do Atlántico Norte (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du Traité de l'Atlantique Nord OTAN) é unha asociación militar creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa. España que xa era membro da OTAN dende 1982 confirmou a súa permaneza no referendo do 1986, estatuto que logo ampliou ata a participación actual.

Actualmente o seu obxectivo principal é salvagarda-la soberanía e liberdade dos países membros por medios tanto políticos como militares. No ámbito da defensa, o Tratado establece que unha agresión a un país membro ou grupo de países membros será considerada como unha agresión a tódolos asinantes. Outro obxectivo é potencia-la comunicación con países non membros para estende-la estabilidade alén das fronteiras da OTAN.

O órgano de decisións máis importante da OTAN é o Consello Norte-atlántico que xunta a representantes dos 28 países anualmente.

Historia[editar | editar a fonte]

O Tratado de Bruxelas, asinado o 17 de marzo de 1948 por Bélxica, os Países Baixos, Luxemburgo, Francia e o Reino Unido considérase o precursor da OTAN [1]. Este tratado e o Bloqueo de Berlín polos soviéticos conduciu á creación da Organización de Defensa da Unión Europea Occidental en setembro de 1948 [2]. Non obstante, a participación dos Estados Unidos víase como fundamental para contrarrestar o poder militar da URSS e para previr unha renacenza do militarismo nacionalista, formándose así unha nova alianza militar que se concretou no Tratado do Atlántico Norte, asinado en Washington, D.C. o 4 de abril de 1949 entre os Estados Unidos, os cinco estados asinantes do Tratado de Bruxelas mais Canadá, Portugal, Italia, Noruega, Dinamarca e Islandia.[3] O primeiro secretario xeral foi Hastings Lionel Ismay. O apoio popular ao Tratado non foi unánime, e así en Islandia producíronse disturbios en marzo de 1949

A creación da OTAN levou tamén á estandarización da terminoloxía, procedementos e tecnoloxía militar, o que significou que en moitos casos os países europeos adoptasen as practicas norteamericanas. Realizáronse arredor de 1300 acordos de normalización que codifican moitas das prácticas comúns, así o cartucho para fusil 7,62x51mm OTAN desenvolvido na década de 1950,o fusil FN FAL, adoptado por 75 países, entre eles moitos fóra da OTA[4] ou o código de sinais para guiar avións en terra estandarizáronse para que os avións puidesen aterrar en calquera base da OTAN. Outros estándares, como o alfabeto fonético da OTAN pasaron ao uso civil.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Phinnemore, David e McGowan, Lee (2013)A Dictionary of the European Union Routledge, p. 461
  2. Isby, David C.; Kamps Jr., Charles (1985). Armies of NATO's Central Front. Jane's Information Group, p. 13
  3. "A short history of NATO". NATO. 2 de abril 2012. http://www.nato.int/history/nato-history.html. Consultado o 10 de abril 2012.
  4. Willbanks, James H. (2004). Machine Guns: An Illustrated History of Their Impact. ABC-CLIO, pp. 129-130

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]