Período xeolóxico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un período xeolóxico ou simplemente período é unha división dunha era xeolóxica na escala de tempo xeolóxico.

É o equivalente temporal do "sistema" utilizado en estratigrafía para definir os estratos e os fósiles. Os sistemas son quizais máis correntemente utilizados polos paleontólogos e xeólogos (así, as rochas do sistema devónico son de feito as rochas do período devónico), pero o concepto de período de tempo é fácil de asimilar polo gran público.

Unha subdivisión dos períodos é a época. En 2004, a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) recoñeceu o ediacárico como período do Noeoproterozoico, a última incorporación a un período na escala de tempo xeolóxico en case 130 anos.[1] [2] [3] [4]

Períodos definidos pola IUGS[editar | editar a fonte]

O organismo para a estandardización da escala dos tempos xeolóxicos é a Comisión Internacional sobre Estratigrafia, que opera no seo da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) para establecer unha escala normnalizada e posta ao día dos descubrimentos dos científicos do munde enteiro. A táboa de aquí debaixo mostra os períodos oficialmente definidos pola IUGS até finais de 2004.

Eón Era Período Comezo en millós de anos
Fanerozoico Cenozoico Neóxeno 23,0
Paleóxeno 65,5
Mesozoico Cretácico 145,5
Xurásico 200
Triásico 251
Paleozoico Pérmico 300
Carbonífero 359
Devónico 416
Silúrico 444
Ordovícico 488
Cámbrico 542
Proterozoico Neoproterozoico Ediacárico 630

Outros périodos, dividindo as eras do Paleoproterozoico, Mesoproterozoico e Neoproterozoico (é dicir, as tres eras do eón Proterozoico), tamén son comunmente distinguidas e ensinadas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy.
  2. Táboa estratigráfica internacional, 2010
  3. Knoll, A.H.; Walter, M.R., Narbonne, G.M., Christie-blick, N. (2004). «A new period for the geologic time scale» (PDF). Science 305 (5684): 621–622. 
  4. Ogg, J.G. (2004). «Status of Divisions of the International Geologic Time Scale» (PDF). Lethaia 37 (2): 183–199.