Bután

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
འབྲུག་ རྒྱལ་ཁབ་
Reino de Bután
Bandeira de Bután Emblema de Bután
Bandeira Emblema
Lema: ningún
Himno nacional: Druk tsendhen
 
Bhutan (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Thimphu
75.175 hab. (est. 2006)
Cidade máis poboada Thimphu
Linguas oficiais
Dzongkha e inglés
Forma de goberno Monarquía
Jigme Khesar Namgyal Wangchuck
Jigme Yoser Thinley
Independencia
da India

8 de agosto de 1949

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 132º
47.000 km²
insignificante
1.075 km km
- km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 161º
697 000[1]
18,1 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 162º
US$ 3.442 millóns[2]
US$ 3.330
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH (2003) 0.536 (134º) – medio
Moeda Ngultrum (BTN)
Xentilicio Butanés, butanesa
Fuso horario
 • en verán
BTT (UTC 6)
=
Dominio de Internet .bt
Prefixo telefónico +975
Prefixo radiofónico A5A-A5Z
Código ISO 064 / BTN / BT
Membro de: SAARC, ONU
Tódolos países do mundo

Bután, oficialmente Reino de Bután (en dzongkha: འབྲུག་ རྒྱལ་ཁབ་), é unha nación pequena e montañosa do sur de Asia, localizada na cordilleira do Himalaia entre India e China. O nome local do país, Druk Yul, significa "a terra do dragón de tronos", debido a que nas crenzas locais os tronos son o son de dragóns ruxintes.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Bután pode derivar da palabra do idioma sánscrito Bhu-Uttan que significa 'Terra Altas'. Noutra teoría derivada tamén da escritura Sánscrita, Bhots-ant significa 'fin do Tibet' ou 'sur do Tibet'. Como sexa algúns butaneses chaman ao seu país Druk Yul ou Drukpa. Os dzongkha (e tibetanos) danlle ao seu país o nome de Druk Yul (Terra do Dragón). Pola serenidade e virxindade do país e os seus lugares turísticos, Bután actualmente é coñecido ás veces como: O último Shangri-La.

Historicamente, Bután foi coñecido por varios nomes, como Lho Mon (Escura Terra do Sur), Lho Tsendenjong (Terra Meridional do Sándalo), Lhomen Khazhi (Terra do Sur dos Catro Achegamentos) e Lho Men Jong (Terra do Sur das Menciñas Herbais).

Historia[editar | editar a fonte]

No século XVII estableceuse en Bután unha teocracia budista. En 1865, Gran Bretaña e Bután asinaron o Tratado de Sinchulu, baixo o cal Bután recibiría un subsidio anual a cambio de ceder algo de fronteiras. Baixo a influencia británica, estableceuse unha monarquía en 1907; tres anos despois, asinouse un tratado onde os británicos acordaron non interferiren nos asuntos internos butaneses e Bután permitiu a Gran Bretaña dirixir os seus asuntos exteriores. Este rol foi asumido pola India independente logo de 1947. Dous anos despois, un acordo formal indo-butanés devolveu as áreas de Bután anexadas polos británicos, formalizou os subsidios anuais que recibira o país, e definiu as responsabilidades da India na defensa e relacións exteriores.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

O monarca Jigme Dorji Wangchuck foi elixido rei logo da Independencia da India; considéraselle o pai da Nación, debido aos seus plans de desenvolvemento. O seu sucesor Jigme Singye Wangchuck preocupouse durante o seu reinado pola cultura do reino e o coidado do ambiente. En 2004 prohibiu o fumar en todo o reino.

Jigme Singye Wangchuck foi coroado en xullo de 1972 e reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación, entregando o trono ao seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuck. A noticia coñeceuse a través dun decreto escrito polo mesmo Monarca.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Bután está dividido en 20 distritos (dzongkhag, en singular e plural): distrito (antiga pronuncia)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Bhutan

Este pequeno país é case enteiramente montañoso, esténdese na vertente sur da cordilleira do Himalaia desde as máximas alturas na fronteira con China. O pico máis alto é o de Kula Kangri (7.554 m). Descende abruptamente ata a planicie de Duars, na fronteira sur coa India. Os ríos, ningún dos cales é navegable, son todos tributarios do río Brahmaputra.

O clima na zona sur é subtropical con grandes precipitacións; nos vales o clima é máis amornado aínda con calorosos veráns e fríos invernos e nas montañas teñen veráns frescos e invernos glaciais. As precipitacións diminúen coa altura e cara ao leste.

A parte da capital, Thimphu, outras cidades son Paro e Punakha, antiga capital invernal.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Bután.

A economía do país é principalmente agrícola. Os principais cultivos son o arroz, o trigo, o millo, as froitas e as hortalizas. Nas zonas montañosas, os agricultores crían rabaños de gando vacún e yaks. O goberno estableceu plans de desenvolvemento para impulsar a explotación sostible dos recursos do país, sobre todos os bosques e a minería. A industria limítase ao procesado de alimentos, a artesanía e o téxtil, todo para consumo interno. É importante a enerxía hidroeléctrica que é exportada á India. A principal fonte de divisas provén do turismo aínda que se atopa moi limitado.

A moeda do país é o ngultrum, que ten o mesmo valor que a rupia india.

Demografía[editar | editar a fonte]

O censo é un asunto controvertido. Segundo o declarado polo goberno non superaba os 800.000 persoas e en cambio estimábase en máis de 2 000 000 de persoas con outros censos. A razón argumentada é o temor a que un país con escasa poboación non sería admitido na ONU. Doutra banda, hai queixas da poboación de orixe nepalí, xa que din que a diminución do censo é debido a que non ten en conta a gran parte da poboación desta orixe.

A poboación concéntrase sobre todo nos vales cultivables, nas zonas do sur, e nos vilas e cidades. Os pobos do país chamados na súa totalidade bhutaneses pertencen á cultura tibetana, sobre todo están aínda máis relacionados os poboadores do oeste, que son os hexemónicos chamados buthia. Os pobo do leste denomínanse Sharchops (orientais). Ambos os pobos practican o budismo tibetano pero no oeste séguese a escola Drukpa Kagyu que é a oficial e no leste a Nyingmapa. O resto da poboación trátase de orixinarios de Nepal, que son maioritariamente Hindú (cunha pequena minoría musulmá) que habitan as rexións baixas do Sur.

O idioma nacional é o Dzongkha. O goberno clasifica os 19 idiomas tibetanos relacionados como dialectos de Dzongkha. O tshangla, intimamente relacionado con dzongkha é falado nas zonas orientais. O nepalí é falado no sur. O inglés tamén ten o rango de lingua oficial.

Cultura[editar | editar a fonte]

O Dzong de Trongsa.

Bután é un dos países máis illados do mundo; hai moitas rexións do país nas que está restrinxido o turismo para manter intacta a cultura local. En contraste Bután é un destino só para viaxes organizadas, o goberno trata de limitar a entrada só a turistas que estean dispostos a gastar máis de 100 dólares ao día. Bhutan posúe unha arquitectura típica propia que está representada polas súas fortalezas chamadas Dzong. A taxa de alfabetismo é tan só do 42,4 %.

Case todas as festas, ao seren de tradición budista ou hindú fíxanse polo calendario lunar ou co solar, polo que non teñen correspondencia exacta co calendario occidental.

Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Día de ano novo New Year´s Day O primeiro luns non festivo adóitase celebrar
Varía cada ano Solsticio de inverno Nyinlog
Varía cada ano Encontro dos nove diaños Meeting of Nine Evils
Varía cada ano Novo Ano chinés Têt Festa budista (Vajrayana)
Varía cada ano Día das ofrendas Offerings Day
Varía cada ano Ano novo budista Male Fire Dog New year Budista-hindú
2 de maio Aniversario do terceiro rei Third King´s Birthday
Varía cada ano Shabdrung Kuchoe Shabdrung Kuchoe Conmemora o nacemento de Buda
Varía cada ano, lúa chea do sexto mes Vesak-Buda purmima Vesak-Buda purmima Budista theravada
2 de xuño Jigme Singye Wangchuck reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación no seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuc. Esta celebración está suxeita a cambio Festa do coroamento Coronation Day
6 de xullo Aniversario do gurú Rinpoche Anniversary of Guru Rinpoch
Varía cada ano Primeiro sermón de buda First Sermon of Lord Buddha Festa Budista-Hindú
4 de agosto Aniversario da morte do terceiro rei Third´s King Death Anniversary
3 días Vijaya Dashami (Dasera) Vijaya Dashami (Dasera) Festa budista-hindú
13 de novembro Jigme Singye Wangchuck reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación na o seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuc. Esta celebración está suxeita a cambio Aniversario da súa maxestade o rei HM Jigme Singye Wangchuck´s Birthday Conmemora o nacemento do rei Jigme Singye Wangchuck.
17 de decembro Día nacional National Day of Bhutan Celebra o ascenso ao trono do primeiro rei de Bután en 1907

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bután