Alxeria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية
Al-Yumhūriyya al-Yazāiiriyya ad-Dīmuqrāţiyya ash-Sha`biyya

República Democrática e Popular de Alxeria
Bandeira de Alxeria Emblema de Alxeria
Bandeira Emblema
Lema: بالشّعب وللشّعب
(Árabe: A revolución polo pobo e para o pobo)
Himno nacional: Kassaman (قسمًا)
 
Algeria (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Alxer
2 239 613 (2010)
Cidade máis poboada Alxer
Linguas oficiais
Árabe1
Forma de goberno República semipresidencialista
Abdelaziz Bouteflika
Abdelmalek Sellal
Independencia
 • Declarada
de Francia
5 de xullo de 1962
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 11º
2 381 741 km²
Desprezable
6.343 km
998 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 33º
38 700 000 (2014)
16 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2010)
 • PIB per cápita
Posto 44º
US$ 156.845 millóns
US$ 4.418
PIB (PPA)
 • Total (2010)
 • PIB per cápita
Posto 44º
US$ 252.927 millóns
US$ 7.124
IDH (2007) 0,754 (104º) – Medio
Moeda Dinar alxeriano (دج, DZD)
Xentilicio Alxeriano, alxeriana[1]
Fuso horario UTC+1
Dominio de Internet .dz
Prefixo telefónico +213
Prefixo radiofónico 7RA-7RZ, 7TA-7YZ
Código ISO 012 / DZA / DZ
Membro de: ONU, UA, OPEP, Liga Árabe, UMA

1 A única lingua oficial de Alxeria é o árabe, con todo o tamazight ten o status de "lingua nacional". Aínda que o francés non é oficial nin está recoñecido, Alxeria é o segundo estado do mundo en número de falantes desa lingua.
Tamazight: 2D5C.png2D30.png2D33.png2D37.png2D53.png2D37.png2D30.png 2D5C.png2D30.png2D4E.png2D3B.png2D33.png2D37.png2D30.png2D62.png2D5C.png 2D5C.png2D30.png2D62.png2D3B.png2D54.png2D3C.png2D30.png2D4F.png2D5C.png 2D5C.png2D30.png2D64.png2D30.png2D62.png2D54.png2D49.png2D5C.png
Francés: République algérienne démocratique et populaire

Tódolos países do mundo
Este artigo amosa letras tifinagh. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Alxeria[1][2] (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية, al-Yumhuriyya al-Yazā'iriyya ad-Dīmuqrāţiyya ash-Shaʿbiyya), é un estado situado no África do Norte, formando parte do Maghreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país máis grande da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe. Fai fronteira terrestre con Tunisia ao nordés, Libia ao leste, Níxer e Mali ao sur, Mauritania e o territorio en disputa do Sahara Occidental ao suroeste e Marrocos ao oeste.

Despois de 132 anos de colonización francesa, Alxeria obtivo a súa independencia o 5 de xullo de 1962. Alxeria fíxose membro da Organización das Nacións Unidas (ONU), da Unión Africana (UA) e da Liga de Estados Árabes dende practicamente da súa independencia, en 1962. Tamén é integrante da Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) dende 1969. En febreiro de 1989 Alxeria participou xunto a outros estados do África magrebí na creación da Unión do Maghreb Árabe (UMA), sendo tamén o país membro da Unión para o Mediterráneo dende 2008. A constitución alxeriana define "o islam, o arabismo e o berberismo" como "compoñentes fundamentais" da identidade do pobo alxeriano e ao país como "terra do Islam, parte integrante do Gran Maghreb, mediterráneo e africano".

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Alxeria recibe o seu nome do seu capital e cidade máis importante, Alxer.

O nome de Alxeria viría do árabe Al-Jaza’ir (الجزائر) que significa "As illas", en referencia a aquelas que se erixen fronte ao porto de Alxer e que forman parte do seu espigón actual, modificando o seu significado para designar a todo o país (ordenanza de 1842), pronunciado en árabe alxeriano, dialecto coñecido como El Djazayer (ou Jaza’yer segundo as rexións).

Unha segunda explicación apuntaría a que o nome Djazaîr estaría ligado á dinastía dos Zirides, do nome do seu fundador Bologhine ibn Ziri (de tiziri, "Claro de lúa" en bérber) que fundou Alxer e reinou un tempo nun territorio considerable á Alxeria actual. Os alxerianos desígnanse eles mesmos baixo o vocábulo de Dziri e, por outra banda, chaman ao seu país baixo o nome El-Dzayer.

Para rematar, unha terceira explicación máis alegórica, que indica que a costa fértil de Alxeria, atrapada entre o Sahara e o mar Mediterráneo, aparecería como unha illa de vida ou Al-Jaza’ir.

Historia[editar | editar a fonte]

O continente africano, a conca do Mediterráneo, así como Europa e Oriente foron elementos indispensables para o devir e enriquecemento histórico de Alxeria. Ademais, no extremo sur do país pódese visitar o museo natural máis grande do mundo, no que hai probas suficientes para testemuñar a extraordinaria riqueza da historia do país.

Prehistoria[editar | editar a fonte]

Existen xacementos arqueolóxicos en Alxeria nos que se descubriron restos óseos vos de homínidos de fai 2 millóns de anos, segundo os datos obtidos por arqueomagnetismo. Os investigadores atoparon alí restos de Homo habilis.

Antigüidade[editar | editar a fonte]

Arco romano de Traxano en Thamugadi (Timgad).

Alxeria estivo habitada polos bérberes desde fai máis de dez mil anos. Desde o ano 1000 a.C. hai constancia de que estes mantiñan relacións comerciais cos cartaxineses, que construíran colonias na costa, e cos exipcios. No século III a.C., os romanos denominan esta rexión Numidia, habitada polos bérberes masilianos e os maselinos. Estes últimos aliáronse cos cartaxineses na Segunda Guerra Púnica, mentres que os primeiros, aliados dos romanos e gobernados por Masinisa, acabaron recibindo todo o reino dos seus conquistadores.

Á morte de Masinisa en -148, Escipión o Africano dividiu o reino entre os seus fillos. En -113, Iugurta alzouse contra os romanos e acabou derrotado, tras o cal Numidia foi gobernada por un rei vasalo de Roma ata que, baixo Diocleciano, converteuse nunha simple provincia do imperio e finalmente, cando o Imperio Romano de Occidente colapsou, volveu a mans dos bérberes ata a invasión dos vándalos en 430.

A principios do século VI, as tropas de Xustiniano I expulsaron aos vándalos e recuperaron o reino para o Imperio Bizantino, que o gobernou de xeito precario ata a chegada dos árabes no século VIII. Os romanos deixaron importantes cidades no norte de Alxeria, entre as que destacan Iol Caesarea, Tipasa (Tipaza), onde se atopa unha das necrópoles máis antigas coñecidas no Mediterráneo, Cuicul, Calama, Thubursicu-Numidarum (Khemissa), Madaure, Thamugadi (Timgad), Diana Veteranorum, Theveste (Tébéssa) e Lambaesis.

A islamización[editar | editar a fonte]

Mausoleo bérber de Medghasen.

A caída de Roma trala dos vándalos e a inestabilidade durante o período bizantino entrañaron a reconstitución dalgún dos principados bérberes. Algúns, especialmente polo oeste, resistiron a chegada dos musulmáns entre os anos 670 e 702. Os personaxes máis coñecidos deste conflito foron o rei cristián Kusayla, que venceu a Sidi Ocba ibn Nafaa no ano 689, preto de Biskra, e a reina guerreira Kahena, cuxo verdadeiro nome era Dihya, que á cabeza dos bérberes, inflixiu, na batalla de Meskiana de 693, unha severa derrota no corpo expedicionario do emir Hassan Ibn en Noman, aos que afastará ata Trípoli.

Tras a conquista musulmá, os cidadáns do territorio adoptarán a relixión islámica (para protexerse contra os ataques dos nómades) e progresivamente adquirirán a lingua árabe, dando lugar ao árabe alxeriano (e ao árabe magrebí en xeral) que se mantén ata os nosos días, mestura de bérber, fenicio, latín, árabe, español, turco e francés; unha mestizaxe lingüística intensa. A primeira parte da conquista musulmá de España foi conducida por un continxente bérber composto case na súa totalidade por conversos, desde o xefe Táriq ibn Ziyad, que deu o seu nome ao peñón de Xibraltar (جبل طارق, «Djebel Tariq»). Tras o éxito de Tarik, o califa fíxoo encadear e morreu no camiño. No século X, Ubayd Allah al-Mahdi fundou a dinastía fatimí, na baixa Cabilia, onde atopou un eco favorable ás súas prédicas milenaristas. Os fatimís estableceron a súa autoridade en África do norte entre 909 e 1171 e fundaron un califato disidente dos abbásida de Bagdad.

Este reino estivo marcado por numerosas revoltas xarixíes, especialmente a de Abu Yazid encabezando as tribos bérberes no 944, e que inflixiu a máis severa vitoria contra a armada fatímida, debilitada e vulnerable, tomando a cidade de Kairouan. A revolta foi vencida por Ziri ibn Manade, á cabeza das tribos Sanhadjas, que por salvar o imperio recibiu o posto de gobernador do Magreb central. Desta forma no 972, cando os fatimíes, tras a adhesión exipcia, tiveron menos interese polo Magreb e foi o seu fillo, Bologhine ibn Ziri, quen herdou o control de Ifriqiya. Os zirides reinarán no lugar uns dous séculos.

Hammad Ibn Bologhine, o seu fillo, gobernou de forma independente aos ziridas, no norte da actual Alxeria, a partir de 1014, recoñecendo como califas lexítimos aos abásidas sunitas de Bagdad, e fundando a dinastía hamadita. Os ziridas tamén recoñeceron en 1046 aos califas abásidas mostrando abertamente aos fatimís o seu abandono do xiísmo. A partir de 1048, en tempos de Ibn Jaldún, algunhas tribos do sur emigraron ao África do norte e foron enviados polo poder fatimí para reprimir aos ziridas e hamaditas. En ondas sucesivas incorreron nalgunhas grandes cidades, que saquearon e destruíron. En Alxeria estas tribos do sur aliáronse con algunhas tribos locais. Estes dous reinos, prósperos por aquel entón, empobreceranse enormemente por mor destas incursións. Os ziridas cambiarán o seu capital de Kairouan a Mahdia, os hamaditas, da Al-Quala (A Cala de Béni Hammad, actualmente recoñecida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO) a Bugía.

Alxeria estaba entón baixo o control dos almorábides nunha pequena rexión do oeste, baixo os hamaditas no centro, e baixo os ziridas ao leste. Cando venceron aos almohades en 1152, dirixidos por Abdelmoumen Ibn Ali, cuxo xefe espiritual era Muhammad ibn Tumart. Os almohades formaron un dos imperios máis poderosos do Mediterráneo, unificando o Maghreb e Al-Andalus ata 1269. En canto á inmigración árabe en África do Norte, foi de pouca importancia excepto nas dúas rexións exteriores de Alxeria, Kairouan e Tánxer. Aínda que o total da súa poboación recibiu unha contribución demográfica árabe limitada, e unha gran parte das poboacións de lingua árabe é bérber.

Colonización francesa[editar | editar a fonte]

Antigos departamentos da Alxeria francesa.

A partir de 1830 Francia estabeleceu progresivamente unha importante colonia neste territorio, sendo a colonia que máis tempo permaneceu en mans francesas. Alxeria foi asimilada a tres departamentos franceses formando parte íntegra da metrópole. Como tal, foi o destino de centos de miles de inmigrantes franceses, españois, italianos, alemáns e ingleses, primeiro coñecidos como colonos e pasando despois a ser denominados "pieds-noirs" (do francés: pés negros) na década de 1950.

En 1930, o goberno colonial celebra con fastuosidade o Centenario da "Alxeria Francesa". Mais a diferenza entre o nivel de vida da maioría dos colonos, superior ao nivel de vida da metrópole, e o nivel de vida dos alxerinos de orixe, a miúdo por baixo do nivel da pobreza e case desprovistos de garantías sociais e xurídicas, faise cada vez máis patente segundo avanza o século XX.

O 8 de maio de 1945 prodúcense manifestacións dos alxerinos en varias cidades do leste do país: Setif, en Cabilia e en Constantina, que lembraban as súas reivindicacións nacionalistas xunto á vitoria na Segunda Guerra Mundial. En Setif, tras enfrontarse coa policía, os nacionalistas vólvense contra os "franceses": 27 europeos morren (103 morrerán os días seguintes). A represión do Exército Francés é dunha brutalidade extrema, ordenada polo Xeneral De Gaulle e executada polo xeneral Duval mediante a intervención da mariña e a aviación. Oficialmente morren 1 500 alxerinos, pero o historiador Benjamin Stora calcula unhas cifras de 20 000 a 30 000 mortos.

Con todo, os alxerianos nativos, seguiron sempre representando a inmensa maioría da poboación do territorio. Gradualmente, debido á insatisfacción entre os musulmáns con motivo da opresión política e económica provocou numerosas reclamacións de maior autonomía política, desembocando nunha reclamación de independencia. As tensións entre a poboación de orixe e os colonos atoparon o seu culmen en 1954, ano do comezo da Guerra de independencia de Alxeria. A guerra terminou o 5 de xullo de 1962, cando Alxeria obtivo a independencia grazas aos Acordos de Evian.

Da independencia á guerra civil[editar | editar a fonte]

No seo do FLN (Fronte de Liberación Nacional) estaban os moderados (Ben Khedda, Boudiaf e Aït Ahmed), e os radicais (Ben Bella, Mohammed Khider e Houari Boumedienne, xefe do Estado Maior do exército). Ahmed Ben Bella fíxose co poder, eliminou aos conservadores do FLN e nacionalizou as propiedades francesas, así como outras empresas. O FLN converteuse no único partido, de xeito progreso Ben Bella foi centralizando na súa persoa todos os poderes (secretario xeral do FLN, presidente do país e comandante en xefe do exército). O 19 de xuño de 1965 foi apartado do poder e encarcerado.

O golpe de Estado fixo que o exército se fixese co poder. Un consello revolucionario formado por 26 oficiais converteuse no órgano supremo baixo a dirección de Boumedienne, quen asumiu as funcións de presidente e de primeiro ministro. Gobernou con man de ferro, sacrificou o benestar social e a democracia cuns fins económicos a longo prazo. En 1976, tras un amplo debate nacional, centrouse en prestar mais atención ás condicións de vida da poboación, así como a organizar as "eleccións". Boumedienne, único candidato, saíu elixido presidente; na Asemblea Nacional todos os deputados pertencían ao FLN, pero dito partido distaba moito de ter tanta aceptación e o exército controlaba o poder. Boumedienne morreu en 1978.

Monumento aos mártires en Alxer.

O coronel Chadli Benjedid, comandante da rexión de Orán e candidato de compromiso, foi designado presidente en 1978. Adversario da política socialista de Boumedienne, concedeu máis espazo ás iniciativas privadas e introduciu lentamente unha economía de mercado. Mais, a partir de 1985, a caída do prezo do petróleo fixo que diminuísen fortemente os ingresos do país. Por outra parte, a explosión demográfica fixo que aumentase o paro rapidamente e agudizáronse outros problemas como a vivenda. O 4 de outubro de 1988 producíronse disturbios en Bab-el-Oued e as protestas estendéronse a outras ciudades. A represión do exército produciu centenares de mortos. Chadli introduciu despois reformas. En novembro separou as funcións de presidente e de secretario xeral do FLN. De alí en adiante o Primeiro Ministro tería que render contas ante o Parlamento. En febreiro de 1989 introduciuse o multipartidismo por referendo. Presentáronse até 47 partidos, entre eles o FIS (Fronte Islámica de Salvación), legalizado en setembro dese ano. Figuras coñecidas da oposición regresaron do exilio: Hocine Aït, o líder do FFS (Fronte das Forzas Socialistas) e en setembro de 1990 o antigo presidente Ben Bella. Falábase da "primavera alxeriana".

En xuño de 1990 tiveron lugar as eleccións municipais e provinciais. O FIS obtivo o 52,42% dos votos. Chadli decidiu continuar coa democratización e anunciou eleccións lexislativas para xuño de 1991. Mais a nova lei electoral fixo que o FIS non conseguise a vitoria, este apelou á folga e a principios de xuño de 1991 producíronse tumultos que provocaron a declaración do estado de sitio. O goberno Hamrouche dimitiu e o novo primeiro ministro, Ghozali, aprazou as eleccións ata decembro. Millares de adeptos do FIS foron arrestados, incluídos os dous líderes máis importantes, Abassi Madani e Ali Benhadj. O 26 de decembro, na primeira volta das eleccións, dos 430 dispoñibles, cubríronse 228 escanos, dos cales 189 eran do FIS. O FFS obtivo 25 e soamente 15 o FLN. O 12 de xaneiro de 1992, baixo a presión do exército, dimitiu o presidente Chadli e anulouse a segunda volta das eleccións. O exército, xunto co FLN, instaurou un "Alto Consello de Estado" formado por cinco membros e presidido por unha das figuras históricas máis importantes na loita pola independencia: Mohammed Boudiaf, que vivía no exilio en Marrocos dende 1964. Disolveuse o FIS, os seus líderes foron arrestados e declarouse o estado de emerxencia. A finais de xuño de 1992 M. Boudiaf foi asasinado.

Guerra Civil[editar | editar a fonte]

O país seguiu o modelo de partido único ata 1988. Tras a legalización do multipartidismo a Fronte Islámica de Salvación (FIS) gañou as eleccións municipais e a primeira volta das eleccións lexislativas de 1991, mais o goberno cancelou as eleccións trala primeira rolda, na que quedou de manifesto que gañaría o Fronte Islámica de Salvación (FIS), aducindo que o FIS terminaría coa democracia. Trala expulsión do FIS e o arresto de miles dos seus membros, os seus partidarios empezaron unha guerra de guerrillas contra o goberno e os seus partidarios.

Os principais grupos rebeldes que loitaron contra o goberno foron o Movemento Islámico Armado (MIA), forte nas montañas e o Grupo Islámico Armado (GIA), forte nos pobos. As guerrillas empezaron marcándose como obxectivo o exército e a policía de Alxeria, pero ao pouco tempo algúns grupos empezaron a atacar tamén a civís. En 1994 cando as negociacións entre o goberno e os líderes do FIS encarcerados alcanzaron o seu clímax, o GIA declarou a guerra ao FIS e aos seus partidarios, mentres que a MIA e varios grupos menores se reagruparon e declararon a súa lealdade ao FIS, pasando a chamarse Exército Islámico de Salvación (AIS). Isto deu paso a unha guerra a tres bandas.

Pouco despois interrompéronse as negociacións e celebráronse eleccións nas que obtivo a vitoria o candidato do exército, o xeneral Liamine Zéroual. Intensificouse o conflito entre o GIA e o AIS. Durante os anos seguintes o GIA levou a cabo unha serie de masacres que tiñan como obxectivo veciñanzas ou vilas enteiros. Algunhas evidencias suxiren tamén a participación das forzas gobernamentais nestes feitos (ou polo menos a omisión de axuda pola súa banda). Os masacres alcanzaron o seu punto álxido en 1997, nas datas próximas ás eleccións ao parlamento, nas que obtivo a vitoria un novo partido favorable ao exército, a Unión Democrática Nacional (RND). O AIS, atacado desde ambos os flancos, optou por declarar o cesamento do fogo unilateral ao goberno en 1997, mentres que o GIA se desmembró en varios grupos por mor das obxeccións internas aos masacres. En 1999, tras a elección do novo presidente, Abdelaziz Bouteflika, unha nova lei declarou a aministía á maioría das guerrillas o que resultou no "arrepentimento" (pois ese nome tomou) de moitos combatentes e o seu retorno á súa antiga vida. A violencia diminuíu substancialmente, coa vitoria do goberno. Os restos do GIA foron acosados e atrapados no curso dos dous anos seguintes, e en 2002 xa desapareceran practicamente. Abdelaziz Bouteflika que resultou reelixido en 2004, e novamente no 2009.[3]

Política[editar | editar a fonte]

Alxer, primeira cidade de Alxeria

A política de Alxeria toma lugar nunha república presidencial, a través da cal o presidente de Alxeria é o xefe de Estado e o xefe de goberno.

Régrase pola Constitución de 1976, a cal foi revisada innúmeras veces. O poder Executivo está liderado polo Presidente, que é electo polo voto popular para un mandato de 5 anos. O primeiro ministro é elixido polo presidente. O Parlamento bicameral consiste en 380 cadeiras para a Asemblea Nacional Popular e 144 asentos no Consello de Nacións. O sistema legal alxeriano está baseado nas leis francesas e islámicas.

Trala independencia, a Fronte de Liberación Nacional (FLN) era o único partido do país, mais despois dos motíns de outubro de 1988, o multipartidismo instaurouse. O país conta con máis de 30 partidos políticos, sendo o FLN o máis importante.

Os medios de comunicación alxerianos teñen unha relativa independencia nos anos 90, a pesar do asasinato de varios xornalistas. En contrapartida, o Estado mantén o seu monopolio no sector audiovisual.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Alxeria.

Alxeria divídese actualmente en 48 vilaias, 553 dairas (sorte de comarcas) e 1.541 baladías (ou concellos, municipios). A capital e a cidade máis grande de cada vilaia, daira e baladiyah alxerianas teñen sempre o mesmo nome que a vilaia, a daira ou a baladía onde están situadas. De igual forma aplícase para o daira máis grande da vilaia ou a baladía máis grande da daira.

Coa súa ordenación numérica oficial, (desde 1983) actualmente hai as seguintes vilaias:

Mapa das provincias de Alxeria numeradas de acordo á orde oficial.

1 Adrar

2 Chlef

3 Laghouat

4 Oum el-Bouaghi

5 Batna

6 Béjaïa

7 Biskra

8 Béchar

9 Blida

10 Bouira

11 Tamanrasset

12 Tébessa

13 Tlemcen

14 Tiaret

15 Tizi Ouzou

16 Alxer

17 Djelfa

18 Jijel

19 Sétif

20 Saïda

21 Skikda

22 Sidi Bel Abbes

23 Annaba

24 Guelma

25 Constantina

26 Médéa

27 Mostaganem

28 M'Sila

29 Mascara

30 Ouargla

31 Orán

32 El Bayadh

33 Illizi

34 Bordj Bou Arréridj

35 Boumerdès

36 El Taref

37 Tinduf

38 Tissemsilt

39 El Oued

40 Khenchela

41 Souk Ahras

42 Tipasa

43 Mila

44 Aïn Defla

45 Naama

46 Aïn Témouchent

47 Ghardaïa

48 Relizane

Xeografía física[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Alxeria.
Mapa físico de Alxeria
Alxeria

Límites:

Alxeria ten dúas rexións xeográficas principais, a rexión norte, e a rexión do deserto do Sahara, na rexión sur. A parte setentrional de Alxeria é unha gran meseta alargada, na que se forman numerosas depresións, limitadas por altos rebordes montañosos ao norte e sur. A rexión norte pódese dividir en catro zonas: unha pequena faixa de planicie acompañando a costa do Mediterráneo; a rexión da cadea de montañas do Atlas; a rexión semi-árida e parcamente poboada de Chotts, o cal contén lagos salgados (chotts); e a rexión das montañas do Atlas do Sahara.

O Cordal do Atlas esténdense ao norte do país e están formadas por dúas cordilleiras de plegamento: a setentrional, chamada Atlas do Tell, e a meridional, chamada Atlas Sahariano. Entre ambas queda a meseta ou altiplanicie interior. Ao sur do Atlas Sahariano comeza o deserto do Sahara, que ocupa a maior parte do país e presenta un relevo moi variado, pola presenza de antigas montañas, moi traballadas por erosión eólica. Desde o litoral ao interior cabe distinguir: as pequenas chairas costeiras, moi reducidas pola proximidade das montañas ao Mediterráneo, entre as que destacan a Mitidja (Alxer), o val do baixo Chéliff, e as concas de Orán, Skikda e Annaba; o Tell; as Altas Mesetas, coas súas depresións, cubertas en parte de lagos salgados; o Atlas Sahariano; e a zona desértica. A maioría da rexión árida do Sahara son cascalhos e pedras, con pouca vexetación; hai tamén grandes áreas de dunas de area no norte e no leste, e algúns oasis como: Touggourt, Biskra, Chenachane, In Zize, e Tin Rerhoh.

Os ríos alxerianos conservan un caudal case regular unicamente en norte montañoso e no verán sofren unha forte desecación. E moitos ríos do interior non chegan a desembocar no mar, senón que desaugan nas depresións do terreo, onde ao evaporarse forman marxais e lagoas salgadas. Ningún río de Alxeria é navegable, nin sequera os da zona setentrional, que adoitan ter a sección inferior cuberta de lodo, aínda que se usan para a irrigación. O principal río de Alxeria é o río Chéliff, no norte.

A maior parte da área costeira da Alxeria é accidentada, as veces mesmo montañosa, e hai poucos portos grandes. A área inmediatamente ao sur da costa, coñecida como o Tell, é fértil.

Alxer, Orán e Constantina son as principais cidades.

Climatoloxía[editar | editar a fonte]

O clima de Alxeria é seco e quente, se ben o clima da costa é suave, e os invernos nas áreas montañosas poden ser frescos. En Alxeria dáse o siroco, un vento quente e cargado de po e area, especialmente común no verán.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Alxeria.

Os seus principais recursos son petróleo, gas, ferro, zinc, prata, cobre e fosfatos. Un cuarto da poboación activa traballa na agricultura e na pesca. A economía creceu un 6% no ano 2005, cunha taxa de desemprego do 17,1%.

Os combustibles fósiles son a principal fonte de ingresos de Arxelia, representando aproximadamente un 60% das rendas do estado, un 30% do PIB, e un 98% dos ingresos da exportación en 2006. Na clasificación dos países con maiores reservas de petróleo, o país ocupa a posición número 14. A Administración de Información da Enerxía dos Estados Unidos informou en xaneiro de 2007 que Alxeria tiña unhas reservas probadas de 161,7 "billóns" de pés cúbicos de gas natural, o oitavo país do mundo con maiores reservas deste combustible.[4]

Os indicadores económicos e financeiros melloraron a mediados dos anos 1990, debido en parte ás reformas políticas apoiadas polo Fondo Monetario Internacional, e cunha renegociación da débeda externa co Club de París. A economía de Alxeria beneficiouse no 2000 e 2001 do incremento que sufriu o prezo do cru, e da axustada política fiscal levada a cabo polo goberno, dando como resultado un gran incremento dos beneficios no comercio, récords elevados nos intercambios comerciais, e unha redución da débeda. Mais os continuos esforzos do goberno por diversificar a economía, atraer as inversións, e aumentar o nivel de vida dos cidadáns tiveron pouco éxito. En 2001, o goberno asinou un tratado de asociación coa Unión Europea que lle suporía menores tarifas e que permitiría aumentar o comercio. En marzo de 2006, Rusia aceptou perdoar 4.740 millóns de dólares estadounidenses de débeda da época soviética[5] durante unha visita do presidente Vladimir Putin ao país, a primeira que realizaba un líder ruso en medio século. En compensación, o presidente alxeriano Bouteflika accedeu a mercar avións de combate rusos, defensas antiaéreas e outras armas por valor de 7.500 millóns de dólares, segundo a axencia rusa Rosoboronexport.[6]

Alxeria decidiu no 2006 pagar a débeda que tiña co Club de París antes do estipulado, e que ascendía a 8 mil millóns de dólares. Isto minguou a débeda externa de Alxeria a valores por debaixo dos 5 mil millóns de dólares a finais de 2006.

Agricultura[editar | editar a fonte]

Dende os romanos, Alxeria destacou pola fertilidade do seu terreo, hoxe en día, o 9,4% da poboación traballa na agricultura.[7]

A mediados do século XIX cultiváronse grandes cantidades de algodón coincidendo coa Guerra Civil Estadounidense, pero a súa industria retrocedeu. A principios do século XX fixéronse esforzos para remontar o cultivo desta planta, e actualmente unha pequena cantidade de algodón prodúcese nos oasis do sur.

Producen grandes cantidades dunha fibra vexetal fabricada cos follas da palmeira anana. Outros cultivos relevantes son as oliveiras e o tabaco.

No cultivo de cereais empréganse máis de 30.000 km². A zona do Tell é a de maior extensión de cultivo de cereais. Durante a época de ocupación francesa, a súa produtividade viuse incrementada substancialmente grazas aos pozos artesianos. Os principais cereais son o trigo, a cebada e a avea sativa. Exporta gran variedade de froitas e verduras, especialmente cítricos, así como tamén figos, dátiles, fibra de esparto e corcho. Alxeria é o maior mercado de África de avea sativa.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Alxeria.
Crecemento da poboación desde 1961 (en miles de habitantes).

A poboación de Alxeria ascende a 32 531 853 habitantes (2005), máis do 75% do total fala árabe e máis do 85% fala francés, os dous idiomas oficiais. Entre un cuarto e un terzo da poboación fala bérber,

Do millón de colonos franceses que vivían en Alxeria antes da independencia, quedan hoxe 576.000. Sumando todos os europeos e os seus descendentes calcúlase que forman o 18% da poboación de Alxeria. A mortalidade infantil é de 19 por mil (menor á media do norte africano) e a esperanza de vida de 83 anos. Fóra das cidades máis importantes, a atención médica é rudimentaria. A media de fillos por muller é de 1,89, unha das taxas máis baixas do continente africano.

Relixión

O 99% da poboación é musulmá sunnita, o 1% é católica e unha pequena minoría xudía (200 en todo o país) que viven en Alxeria, principalmente en Alxer, resto da gran poboación xudía anterior á creación de Israel que fuxiu ou foi expulsada tras a independencia.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Alxeria.

Como Alxeria tivo moitas comunidades desde o século V, hoxe en día en Alxeria hai tanto tipo de persoas e de culturas diferentes, aínda que o 80% da cultura alxeriana esta dividido no norte e o sur, no norte nas cidades non desérticas, teñen unha cultura europea e máis moderna (sen contar a cidade de Hassi Messaoud). E a cultura do sur do país é máis humilde, aínda que hai varias grandes cidades cunha tecnoloxía regular. O resto da porcentaxe é a cultura dos bérberes, unha comunidade que reside no norte de Alxeria principalmente na turística cidade de Bejaia.

Linguas[editar | editar a fonte]

O árabe clásico é a lingua oficial do país, e dende abril de 2002, o bérber tamén o é. Os alxerianos falan un árabe dialectal, ou darija, bastante diferenciado do árabe clásico en canto a vocabulario, sendo bastante similar en sintaxe e gramaticalmente. A darija conservou numerosas palabras e estruturas bérberes e ten numerosos préstamos do francés. O bérber exprésase tamén en diferentes variantes rexionais: o cabilo (taqbaylit) en Cabilia, o chenoui na montaña de Chenoua e o chaoui nas montañas do Aures. Ademais tamén existen o touareg no Sáhara, o mozabit no Val de M'Zab e o tashelhit na fronteira con Marrocos.

Deportes[editar | editar a fonte]


Turismo[editar | editar a fonte]

Ruínas romanas de Timgad, nomeadas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Pinturas rupestres de Tassili n'Ajjer, Patrimonio da Humanidade desde 1982.

Alxeria é un país para ser visitado en calquera época do ano. No verán pódese gozar dunhas de praias lindas e cristalinas. No inverno pódese gozar das montañas colmadas de neve da cidade de Kabyle.

Un dos sitios máis importantes de ser visitados son os desertos, este país ten o deserto máis grande do mundo.

E a pesar de que é un dos países máis modernos de África, a razón de que non sexa un importante destino turístico é que desde fai 14 anos terroristas do grupo Al Qaeda empezaron a facer de Alxeria un país cheo de caos, terror e medo. Con todo no ano 1999 o presidente alxeriano intentou negociar con estes grupos, logrando diminuír as súas accións terroristas. Hoxe en día aínda se manteñen activos uns pequenos grupos os cales sitúanse cara ao sur do país. O actual presidente propúxose eliminalos do país para finais do ano 2007. Con todo o 11 de abril do 2007 reapareceron os atentados. O goberno alxeriano anunciou unirse ao goberno marroquí para o combate destes grupos. Adicionalmente contarán coa axuda de Estados Unidos, Francia, e da Unión Europea.

O presidente está contando coa axuda da O.N.U, dos tuaregs (militares do deserto alxeriano) e as forzas armadas alxerianas.

Esta inestabilidade provoca as recomendacións de non viaxar ás zonas do sur debido ás ameazas terroristas existentes. As cidades desérticas que non sofren esta ameaza son as que están ao norte de Djanet. Algunhas das máis turísticas son as seguintes: Adrar, In Amenas, Tindouf, El Oued, Ghardaia, El Golea e Biskra. Tamén destacan as cidades desérticas máis modernas como Hassi Messaoud.

Tamén para o 2008 Alxeria sera o segundo país africano que conte con 3 liñas de metro (ferrocarril), son 150 trens de última xeración de fabricación alemá e xaponesa. Tamén contará con 3 liñas de tranvías, que se inaugurarán no ano 2009, igual que todos os trens ordenados, son de última xeración.

Transportes[editar | editar a fonte]

Alxeria conta con 234 aeroportos, que 15 deles son internacionais, a maioría deles teñen voos conectados só con cidades de Francia. Desde Hassi Messaoud ademais de voos a Francia, British Airways ofrece voos a Londres.

  • Alxer o Aeroporto Internacional de Houari Boumediene, conta con varias aerolíneas internacionais e voos domesticos. O aeroporto de Alxer é un dos aeroportos máis modernos de toda África, inaugurado en abril de 2006, tamén conta cun Duty Free, e variedades de tendas, comidas rapidas, restaurantes, aparcadoiro con capacidade de 9000 autos e outros servizos. As compañías aereas internacionais que voan a Alxeria son Aigle Azur, Air France, Air Niger, Alitalia, Astraeus, Hahn Air, British Airways, EgyptAir, Iberia, Lufthansa, Libyan Airways, Qatar Airways, Royal Air Maroc, Saudi Arabian Airlines, Syrian Arab Airlines, Tunisair, Turkish Airlines, Spanair e proximamente Air Canada, Air China, Air Nostrum, China Southern Airlines e Etihad Airways. En 2007, o Aeroporto Houari Boumediene foi cualificado como o segundo aeroporto mais modernos de Africa despues do Aeroporto de Johannesburgo, e o terceiro mais grande.

En novembro do 2007 inaugurouse a nova terminal 2, para voos domesticos. Foi considerada a terminal de voos domesticos mais moderna de Africa. Egsa (empresa que esta a cargo dos aeroportos de Alxeria), en 2008 inaugurase novas terminais en varios aeroportos alxerianos, entre eles o aeroporto de Annabe, Constantine, Ghardaia, Hassi Messaoud, Oran, Tlemcen etc. Egsa, ten pensado construír unha terceira terminal no Aeroporto de Houari Boumediene (Alxer), que se denominase terminal 3, ten o ambicioso proxecto de facer esta terminal a mais grande de Africa e unha das mais grandes e importantes do mundo, con 300.000m2 e cunha capacidade de 20 millóns de persoas. Tense pensado empezar a construción en 2008 e inaugurala no ano 2012.

Barco[editar | editar a fonte]

España: Hai moitas rutas desde España sobre todo desde:

Francia: Desde:

Italia: Hai liña desde Nápoles a Annaba e Alxer.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alxeriano.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. 
  3. Unha década no poder en Vieiros
  4. «Algeria Energy Data, Statistics and Analysis.». Energy Information Administration, Official Energy Statistics from the U.S. Government. Arquivado dende o orixinal o 2012-06-28. Consultado o 12-12-09. 
  5. «BRTSIS. Brief on Russian defence, trade, security and energy.». Russia Intel Brief. Consultado o 12-12-09. 
  6. «La Russie efface la dette algérienne». RFI actualité. Consultado o 12-12-09. 
  7. «Algeria». CIA - The World Factbook. Consultado o 12-12-09. 
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alxeria