Nynorsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Nynorsk (literalmente novo noruegués) é unha das dúas normativas estándar (Standardspråk) oficiais da lingua norueguesa, úsao como norma escrita por algo máis[1] do 10% dos falantes de noruegués. A forma máis utilizada é o Bokmål.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde os tempos dos viquingos, varios dialectos da lingua norueguesa son falados no territorio do país. A pesar de seren mutuamente intelixibles, cada un deles presenta características distintas, especialmente na fonética, semántica e na morfoloxía. A partir da Unión de Kalmar, no século XVI, Noruega e o seu pobo ficarán baixo o dominio de Dinamarca. Ese dominio reflectiu directamente na lingua, pois o dinamarqués pasou a ser a lingua oficial do reino, sendo a única lingua oficial por varios séculos en todo o territorio noruegués. Posteriormente, a partir da separación da Dinamarca en 1809, unha nova ortografía norueguesa, o riksmaal altamente baseada na norma dinamarquesa, foi adoitada na Noruega.

Descontentamento[editar | editar a fonte]

Entre tanto, os habitantes das rexións menos urbanas (por consecuente menos suxeitas ás imposicións dinamarquesas) non se sentían á vontade ou representadas pola variante oficial. Innumerables características dos seus dialectos non eran representadas, facendo que certos falantes sentisen mesmo que escribían unha lingua estranxeira na escola.

Ivar Aasen[editar | editar a fonte]

Un investigador e poeta noruegués de orixe rural, Ivar Andreas Aasen, é hoxe considerado como o creador do novo noruegués. A partir de investigacións intensas nos falares, dialectos e variantes do interior da Noruega, especialmente do oeste do país. A publicación do seu libro Gramática dos dialectos noruegueses, foi un marco importante na historia do novo noruegués, pois tornou coñecidas diversas formas diferentes do noruegués oficial.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Nynorsk.