Iereván

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°11′00″N 44°31′00″E / 40.18333°N 44.51667°E / 40.18333; 44.51667

Iereván
Երևան (en armenio)
Yerevan flag.gif Yerevan coa.gif
Yerevan general pics 2013.jpg
Imaxes de Iereván
Situación xeográfica
Iereván en Armenia
Iereván
Iereván
País Flag of Armenia.svg Armenia
'
Xeografía
Altitude 989,4 msnm
Superficie 223 km²
Poboación
Poboación 1 060 138 hab. (2011)
Densidade 4 754 hab/km²
Información
Código postal 0001-0099
Alcalde Taron Margaryan (HHK)
Páxina web www.yerevan.am
Este artigo amosa escritos armenios. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Iereván[1][2] ou Ereván[3] (en armenio: Երևան , pronunciado [ˌjerəˈvɑːn]) é a capital de Armenia. Localizada nas ribeiras do río Hrazdan a 1.200 m de altitude, ten 1 088 300 habitantes (2004).

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Historia de Armenia.

Historia antiga[editar | editar a fonte]

Iereván é unha cidade antiga que aparece xa nunha estela do rei de Urartu Argishti I, que lembra a fundación de Erebuni (Էրեբունի) no ano 782 a.C.; na actualidade aínda se conservan as ruínas da fortaleza. Desde entón ten sido un lugar de importancia estratéxica e unha encrucillada de camiños nas rutes de caravanas que ligaban Europa e a India. Foi denominada Iereván (ou Ereván) desde, polo menos, o século VII a.C., cando era capital de Armenia sob dominio dos persas.

A cidade seguíu, en xeral, o destino de Armenia, sendo desputada por romanos e persas ou partos, até que pasou a dominio musulmán e de sucesivas dinastías rexionais. Máis tarde foi obxecto de disputa entre Persia e o Imperio Otomán. Foi sede seu dun kanato independente á morte de Nadir Shah (Kanato de Iereván). Conquistada por Rúsia en 1827, os persas cedérona formalmente en 1828.

Historia contemporánea[editar | editar a fonte]

No ano 1918, ao rematar a Primeira Guerra Mundial, foi declarada capital da nova República independente de Armenia, e entre 1920 e 1990 foino da República Socialista Soviética de Armenia, dentro da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. En 1991, xa con o país de novo independente, mantivo o rango de capitalidade e o seu urbanismo foi remodelado para tentar eliminar as características soviéticas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 116. ISBN 84-9749-199-8. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 127. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Anaya, ed. (1996). Atlas de Galicia e de España. ISBN 9788420765945. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]