Illa de Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 54°15′N 04°30′W / 54.250°N 4.500°W / 54.250; -4.500

Ellan Vannin
Isle of Man
Bandeira da Illa de Man Escudo da Illa de Man
Bandeira Escudo
Lema: Quocunque Jeceris Stabit
(latín: «Aló onde o tires quedará»)
Himno nacional: Arrane Ashoonagh dy Vannin
 
The Isle of Man.svg
 
Capital
 • Poboación
Douglas
27.938 (2011)
Cidade máis poboada Douglas
Linguas oficiais
Manx, inglés
Forma de goberno Monarquía constitucional
Isabel II do Reino Unido
Adam Wood
Allan Bell
Status
 • Autonomía
Dependencia da Coroa británica
Dende 1765
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 194º
572 km²
n/d
0 km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade

84.655 (xullo de 2011)
148 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Libra manesa (£)
Xentilicio manx
Fuso horario UTC+1
Dominio de Internet .im
Prefixo telefónico +44-16241
Prefixo radiofónico non ten
Código ISO 833 / IMN / IM

1 Código rexional no Reino Unido: 1624.

Tódolos países do mundo

A Illa de Man (en inglés: Isle of Man; en manx: Ellan Vannin[1]), tamén coñecida simplemente como Mann (manx Mannin), é unha Dependencia da Coroa británica, localizada no Mar de Irlanda entre as illas de Gran Bretaña e Irlanda. O xefe de Estado é a Raíña Isabel II, que ostenta o título de Señor de Man. O Señor de Man é representado por un Tenente Gobernador, pero as relacións exteriores e a defensa son responsabilidade do Goberno Británico.

A illa está habitada dende o -6500. Como unha das seis nacións celtas, ten gran influencia cultural gaélica dende o século V, e fálase a lingua manx, da familia lingüística goidélica. En 627, Edwin de Northumbria conquistou a Illa de Man xunto con gran parte de Mercia. No século IX, os pobos nórdicos comezaron a asentarse na illa. Posteriormente, os nórdicos de Escocia estableceron o Reino das Illas. O título dos reis levaría dende entón o sufixo "e das Illas". Magnus III, rei de Noruega, era tamén coñecido como "Rei de Mann e das Illas" como parte da civilización das Hébridas entre 1099 e 1103.[2] Xurdiu entón unha cultura nórdico-gaélica e a illa ficou baixo control nórdico. En 1266, a illa converteuse en parte de Escocia, formalizado no Tratado de Perth. Despois dun período no que o control da illa alternouse entre os reis de Escocia e os de Inglaterra, a illa pasou a formar parte do control feudal da Coroa Británica en 1399. O señorío revestiu na Coroa Británica en 1765, pero a illa nunca chegou a formar parte do Gran Bretaña ou o posterior Reino Unido, mantendo o seu status como unha dependencia da Coroa gobernada internamente.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A Illa de Man en manx é Ellan Vannin, onde ellan significa illa. A máis antiga forma de Man é Manu ou Mana,[3] que aparece en caso xenitivo como Vaninn, significando logo Ellan Vannin "Illa de Man".

O nome Mana/u está relacionado coa figura da mitoloxía celta coñecida como Manannán mac Lir entre os irlandeses e como Manawydan polos galeses.[4]

O nome aparece documentado na historia como Mona (Xulio César, -54), como Monapia ou Monabia (Plinio o vello, 77), Monœda (Ptolomeo, 150), Mevania ou Mænavia (Orosio, 416), e Eubonia ou Eumonia polos escritores irlandeses. En galés aparece como Manaw, e nas Sagas de islandeses é Mön.[5][6][7][8]

Malia que a Illa de Man nunca foi incorporada ó Imperio romano, foi citada polos clásicos, que a chaman de varias formas, como Monapia, en grego Mοναοιδα (Monaoida), Mοναρινα (Monarina), Menavi e Mevania.[9] Os nomes en galés antigo e irlandés antigo para a Illa de Man, Manau e Mano, coinciden co Manaw Gododdin, o nome para unha antiga rexión do norte de Gran Bretaña ó longo do Estuario de Forth.[10] O nome está probablemente conectado coa denominación galesa para a illa de Anglesey, Ynys Môn[10] e posiblemente coa raíz celta reflectida no galés mynydd, no bretón menez e no gaélico escocés monadh,[10] tódolos cales significan "montaña" e derivan da raíz protoindoeuropea *men-, "elevarse".[11] Neste caso, o nome sería unha referencia á illa aparentemente erguéndose por riba do Mar de Irlanda no horizonte.[12]

Historia[editar | editar a fonte]

Matrícula dun automóbil da illa de Man.
Artigo principal: Historia da Illa de Man.

A Illa de Man formou un posto avanzado do reino viquingo dende arredor do ano 900 d.d.C e parte do reino noruegués das Hébridas até o século XIII, momento en que pasou a ser administrada pola coroa escocesa. No século XIV foi transferida ó control inglés e á Coroa Británica en 1765.

Unha das actuais inquedanzas da illa inclúe resucitar o unha vez case extinto manx e a recente e significativa inmigración de persoas de procedencia non manesa que presta servizos no sector financeiro.

O período celta[editar | editar a fonte]

Ruínas da Catedral de San Xermán na illa San Patricio.

O asentamento dos pobos celtas remóntase cara ao 500 a.C.. A lingua manesa, pertencente á póla céltica, comezará a pasar dun dialecto a unha lingua propia só a partir do século V .

O cristianismo foi importado á Illa de Man polo predicador irlandés San Patricio, con el chegaron despois moitos misioneiros de países celtas, e de Irlanda en particular, a efectuar misións cristiás a partir do ano 500 dc, nun territorio aínda moi sometido á influencia dos druídas.

Estes misioneiros contribuíron á edificación de pequenas capelas nas que pregaban. Pero a falta de espazo obrigaba a practicar os bautismos e a predicación a ceo aberto.

Áchanse sobre a illa 35 cruces celtas (chamadas keeills), pero existían alí canto menos 174 polo que citan documentos antigos . Estas cruces foron xeralmente erixidas sobre monumentos funerarios. As numerosas igrexas e as capelas foron edificadas sobre o emprazamento de keeills.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

O soberano da Illa de Man é o Rei de Gran Bretaña en calidade de Señor de Man (actualmente a raíña Sabela II). Represéntaa na illa un Gobernador Xeral, que é elixido pola Coroa por un período de cinco anos. A illa de Man goza dun goberno, un parlamento e un sistema xudicial totalmente independente do británico. Porén, os cidadáns de Man son cidadáns británicos.

A Coroa inglesa ten a responsabilidade última da dirección da administración da illa de Man, para o cal sérvese dos membros do Goberno británico, os cales actúan -nestes asuntos- en calidade de conselleiros da Raíña.

Aínda que o sistema xurídico británico non abrangue a illa de Man, o sistema legal de Man baséase nos principios do dereito común inglés.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Mapa dos "sheadings" da illa de Man.

A Illa de Man está dividida en seis distritos administrativos, chamados "sheadings". Os seis "sheadings" son Ayre, Glenfaba, Garff, Michael, Rushen e Middle. Os "sheadings" forman a base dalgúns distritos electorais e cada un ten un "coroner". Este oficio non debe ser confundido co de "xuíz de instrución" (en inglés tamén coroner), un cargo desempeñado habitualmente polo Grande Alguacil. Unha persoa pode desempeñar o papel de "coroner" en máis dun "sheading" ao mesmo tempo.

O termo 'sheading' suponse un vocábulo nórdico para 'división naval'; cada distrito estaba responsabilizado de producir un número concreto de barcos de guerra. Tamén pode ser unha palabra de orixe celta significando 'sexta parte'.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa da Illa de Man.

O monte Snaefell (621 m), domina o centro da illa desde o seu cumio e, segundo un antigo dito popular, pódense ver sete reinos: os Reinos de Man, Escocia, Inglaterra, Irlanda, Gales, a Illa de Man e o Ceo.

Demografía[editar | editar a fonte]

De acordo co censo do 2001, a Illa de Man é fogar de 76,315 persoas, dos cales aproximadamente 25,347 residen na capital da illa, Douglas (Doolish). Isto fai que a illa teña unha densidade de poboación de 133 hab/km².

Cultura[editar | editar a fonte]

A cultura da illa de Man está fortemente influenciada polas súas orixes célticas e nórdicas. Está actualmente gozando dun renacer do idioma gaélico autóctono ( o manx ) (Gaelg). Aínda que o derradeiro falante nativo morreu en 1974, cos nenos pequenos está volvéndose a empregar o manx. Hai hoxe 27 falantes nativos e outros 650 falantes. O manx está estreitamente relacionado co Gaélico escocés e o irlandés. Unha amplamente coñecida expresión manesa é "Traa Dy Liooar", que significa "o tempo basta" e representa un esteorotípico aspecto da actitude dos maneses ante a vida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ellan é a palabra manx para "illa" e Vannin é o caso xenitivo de Mannin, e significa "de Mann".
  2. Magnus 3 Olavsson Berrføtt – Norsk biografisk leksikon. Snl.no. Consultado o 29 de xullo de 2013.
  3. Kinvig, R. H. (1975). The Isle of Man: A Social, Cultural and Political History (3ª ed.). Liverpool University Press. p. 18. ISBN 0-85323-391-8. 
  4. Kneale, Victor (2006). «Ellan Vannin (Isle of Man). Britonia». Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. Santa Barbara: ABC-CLIO. p. 676. 
  5. Moore 1903, p. 84
  6. Sacheverell 1859, pp. 119–120
  7. Waldron 1726, p. 1
  8. Kinvig, R.H. (1975). The Isle of Man. A Social, Cultural and Political History. (3ª ed.). Liverpool University Press. pp. 18–19. ISBN 0-85323-391-8. 
  9. Rivet, A.L.F. & Smith, Colin (1979). Batsford, ed. «The Place Names of Roman Britain». pp. 410–411. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Koch, John T. (2006). Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO Ltd. p. 676. ISBN 978-1-85109-440-0. 
  11. Indogermanisches Etymologisches Woerterbuch: Record number 1277 (Root / lemma: men-1)
  12. Koch, John T. (2006). Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO Ltd. p. 679. ISBN 978-1-85109-440-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Man Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]