Cimbabue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Republic of Zimbabwe (Inglés)
República de Cimbabue
Bandeira de Cimbabue Escudo de Cimbabue
Bandeira Escudo
Lema: Unity Freedom Work
Unidade, Liberdade e Traballo
Himno nacional: Ngaikomborerwe nyika yeZimbabwe
 
Zimbabwe (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Harare
1 600 000 hab (2007)
Cidade máis poboada Harare
Linguas oficiais
Inglés, Shona, Ndebele
Forma de goberno República presidencialista
Robert Mugabe
Morgan Tsvangirai
Independencia
- declarada (como Rodesia)
- recoñecida (como Zimbabwe-Rodesia)
del Reino Unido
11 de novembro de 1965
17 de abril de 1980
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 59º
390.580 km²

3.066 km km
Non ten km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 66º
12 236 805 Hab (2007)
32 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 99º
US$ 2 210 000.000
US$ 188 [1]
IDH (2007) 0,513 (151º) – Baixo
Moeda Dólar zimbabuense (ZWD)
Xentilicio Cimbabuense ou cimbauano
Fuso horario
 • en verán
UTC + 2
UTC + 2
Dominio de Internet .zw
Prefixo telefónico +263
Prefixo radiofónico Z2A-Z2Z
Código ISO 716 / ZWE / ZW
Membro de: ONU, UA
Tódolos países do mundo

Cimbabue[2] (en inglés: Zimbabwe), oficialmente República de Cimbabue (en inglés: Republic of Zimbabwe), é un país ó sur da África que anteriormente se chamaba Rodesia. Limita ó norte con Zambia e Mozambique; ó leste con Mozambique; ó sur con Suráfrica e ó oeste con Botswana. Ten tres linguas oficiais: o inglés, o shona e o ndebele.

En 1965 a minoría branca declarou o país independente do Reino Unido co nome de Rodhesia, non recoñecido polo Reino Unido, e instalou un réxime de segregación racial semellante ó do apartheid de Suráfrica.

O país entrou en guerra civil coa implantación deste réxime, que só terminou cando os brancos concordaron coa mediación dos ingleses pór fin ó réxime de segregación da poboación negra. O 17 de abril de 1980 o Reino Unido concedeu formalmente a independencia do país co nome actual, Cimbabue.

Aínda que inicialmente durante a década dos 1980 a súa administración intentou mellor o nivel de vida e a economía do país, o certo é que o seu goberno foi caracterizado polo despilfarro orzamentario, pola hiperinflación e por denuncias de incumprimentos de dereitos humanos.[3][4] Tamén se dá a fraude electoral [5] entre intimidacións varias[6], que non logran estabilizar o goberno do estado a pesar dun intento de goberno compartido.[7]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A verba Zimbabwe deriva de "Dzimba dza mabwe," que significa "grandes casas de pedra" na lingua shona.[8] O seu uso como nome do país é polo Gran Cimbabue.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Cimbabue é unha república parlamentaria. O sufraxio é universal para todos os maiores de 18 años. O presidente é, á súa vez, o xefe de Estado e de Goberno. O parlamento está formado por dúas cámaras, a máis importante ten 150 escanos, dos cales 120 son escolleitos polos cidadáns, 20 polo presidente e dez xefes tribais. Outra cámara, unha cámara alta, o Senado, foi instaurada tralos cambios constitucionais de 2005.[9]

O partido do actual Presidente Robert Mugabe, Unión Nacional Africana de Cimbabue-Fronte Patriótica (ZANU-PF), leva dominando a vida política do país desde a súa independencia, ganando sempre as eleccións.[10] As eleccións de 1990 foron nacional e internacionalmente criticadas por sospeitosas de fraude, xa que o Zimbabwe Unity Movement, o segundo partido na oposición de Edgar Tekere, só obtivo o 16% dos votos. As eleccións de 2002 celebráronse entre denuncias de manipulación de votos, intimidación e fraude.[11] As seguintes eleccións celebráronse o 20 de marzo de 2008, onde Mugabe obtivo o 90% dos votos e se gravaron irregularidades nas eleccións. [12].

Tanto a Unión Europea como Estados Unidos decretaron sancións contra o goberno do actual presidente, Robert Mugabe, pola violación dos dereitos humanos.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Cimbabue.
Mapa das provincias do Cimbabue, numeradas.

Cimbabwe divídese en oito provincias e dúas cidades con estatuto de provincia:

  1. Bulawayo (cidade)
  2. Harare (cidade)
  3. Manicaland
  4. Mashonaland Central
  5. Mashonaland Este
  6. Mashonaland Oeste
  7. Masvingo
  8. Matabeleland Norte
  9. Matabeleland Sur
  10. Midlands

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Cimbabue.

O goberno de Cimbabue enfróntase a unha ampla variedade de difíciles problemas na súa economía. Entre estes problemas inclúense unha notoria falta de divisas, hiperinflación e escaseza de provisións. A súa participación na guerra de 1998 a 2002 na República Democrática do Congo, por exemplo, significou un descenso de centos de millóns de dólares da súa economía.[13] O necesitado apoio do FMI non chegou, debido a que o goberno fracasou en alcanzar os obxectivos orzamentarios precisos para as axudas. A taxa de inflación incrementouse dun 32% por ano en 1998 a un 586% a finais de 2005, e co maior rexistro do mundo cunha taxa de inflación dunha estimación oficial en xaneiro do 2008 do 100 580.2%, mentres que o tipo de cambio baixou de 24 dólares cimbabuenses por US$ a 85.000 por US$ na mesma época. Cimbabue ten actualmente a taxa de inflación máis alta do mundo. En marzo de 2008, a inflación alcanzou o 100.000% e, unha taxa de cambio de 1 dólar USA por 30 000 000 de dólares cimbabuenses. En xullo de 2008 a inflación oficial chegou a 2 200 000% ao ano, mais estatísticas extraoficiais indicaban unha inflación real de 9 000 000% ao ano.[14] Polo tanto, a poboación local que pode tende a comprar os produtos esenciais nos países veciños de Botswana, Suráfrica e Zambia.

As exportacións agrícolas, minerais e o turismo constitúen a principal vía de entrada de divisas estranxeiras.[15] Cimbabue é o país que mantén a relación comercial máis importante con Suráfrica no continente africano.[16] A dinámica decadente da economía do estado foi atribuída, principalmente, á mala xestión, á corrupción do goberno de Mugabe e á expropiación das terras de máis de 4000 granxeiros brancos durante a controvertida redistribución da terra do ano 2000.[17][18][19] A Zimbabwe Conservation Task Force publicou un informe en xuño de 2007 que estimaba a morte dun 60% da biosfera salvaxe do país desde 2000. O informe tamén advirte que a perda de vida xunto coa deforestación salvaxe é potencialmente perigosa para a industria turística.[20]

En 2005, o goberno, motivado polo gobernador do Banco Central Gideon Gono, comezou a suxerir a posibilidade de que os granxeiros brancos volveran ao país. Aínda quedaban entre 400 e 500 no interior, mais a maior parte da terra que foi confiscada xa non era produtiva.[21] En xaneiro de 2007 o Goberno permitiu incluso a algúns granxeiros facer contratos de arrendamento a longo prazo.[22] Porén, máis adiante deu marcha atrás e ameazou con encarcerar a todos os granxeiros brancos que seguiran en Cimbabue.[23][24]

En agosto de 2006 púxose en circulación un novo dólar cimbabuense, equivalente a 1000 dos antigos. Segundo o cambio oficial, a taxa de cambio caeu dos 24 dólares antigos por dólar estadounidense en 1998 a 250 000 dólares antigos o 250 novos por dólar estadounidense[25] ou no mercado paralelo, a 120 000 000 dólares antigos por dólar estadounidense en xuño de 2007.

En xullo de 2008, o Banco Central de Cimbabue puxo en circulación un billete de 1.000 millóns de dólares cimbabuenses para axilizar o uso de diñeiro en metálico. Non obstante, este novo billete ten aproximadamente o valor dun dólar estadounidense. Polo tanto, apenas serve para comprar unha barra de pan ou catro laranxas.[26]

A economía de Cimbabwe está en situación crítica. Tradicionalmente estivo baseada na agricultura aínda que a minería é moi importante, sendo un dos principais produtores de cromo.

Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Día de Aninovo New Year’s Day
Varía cada ano Venres Santo Good Friday
Varía cada ano Luns de Pascua Easter Monday
18 de abril Día da Independencia Independence day Concedida polo Reino Unido o 18 de abril en 1980
1 de maio Día do Traballo Labour Day
25 de maio Día de África Africa’s Day O 25 de maio de 1963 fúndase a OUA
7 de agosto Día dos Heroes Heroes' Day
8 de agosto Día do Exército Defenced Forces Day
22 de decembro Festa da Unidade Unity Day
25 de decembro Día de Nadal Christmas Day
26 de decembro Boxing Day

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Zimbabwe». International Monetary Fund. Consultado o 2008-10-09. 
  2. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2004). «LINGUA GALEGA. DÚBIDAS LINGÜÍSTICAS» (PDF). p. 102. Consultado o 24 de outubro de 2013. 
  3. «Zimbabwe». Amnesty International. Arquivado dende o orixinal o 2012-05-30. Consultado o 5 de abril de 2010. 
  4. Cimbabue prohibe as actividades das organizacións de dereitos humanos Vieiros, 14 de decembro do 2004
  5. Desmond Tutu pide que ONU interveña en Cimbabue Vieiros, 29 de xuño de 2008
  6. A violencia de Cimbabue pode dexenerar nun novo xenocidio Galicia Hoxe, 25 de xuño de 2008
  7. Rompe o goberno de cohabitación en Cimbabue BBC News, 16 de outubro de 2009 (en inglés)
  8. «Zimbabwe - gran casa de pedra» (en inglés). Somali Press. Consultado o 5 de abril de 2010. 
  9. Constitución de Cimbabue, 2005 NGO Network Alliance Project (en inglés)
  10. Mugabe, Robert. (2007). Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica 2007 Ultimate Reference Suite. Chicago: Encyclopædia Britannica
  11. Zimbabwe: Election Fraud Report, Universidade de Pensilvania, 18 de abril de 2005
  12. [1]
  13. Violencia organizada e tortura en Cimbabue en 1999, 1999, Zimbabwe Human Rights NGO Forum (en inglés)
  14. «Zimbábue corta 10 zeros da moeda para combater inflação». economia.terra.com.br (en portugués). 30 de xullo de 2008. Consultado o 6 de abril de 2010. 
  15. Perfil de Cimbabwe (en inglés), Departamento de Asuntos Estranxeiros e Comercio Internacional de Canadá: “Posto que o país está ben equipado con recursos naturais como minerais, terra fértil e fauna salvaxe, posúe moitas oportunidades de actividades como a mineira, a agricultura e o turismo.”
  16. Relacións económicas entre Cimbabue e África do Sur dende o 2000, Africa News, 31 de outubro de 2007 (en inglés): "Cimbabwe é o socio comercial máis importante de Suráfrica en África"
  17. Robinson, Simon. A Tale of Two Countries, Time Magazine, 18 de febreiro de 2002 (en inglés)
  18. Cimbabue prohíbelle aos granxeiros brancos cultivar, USA Today, 24 de xuño de 2002 (en inglés)
  19. Granxeiros brancos en estado de sitio en Cimbabue, BBC News, 15 de agosto de 2002(en inglés)
  20. Nick Wadhams, A fauna e flora de Cimbabue decimada pola crise económica, Nairobi: National Geographic News, 1 de agosto de 2007 (en inglés)
  21. Meldrum, Andrew, Cimbabue encamíñase cara o desastre e invita aos granxeiros brancos e retornar, The Guardian, 21 de maio de 2005 (en inglés)
  22. Timberg, Craig, Granxeiros brancos ofrecen arrendamentos en Cimbabue, The Washington Post, 6 de xaneiro de 2007
  23. Cimbabue ameaza aos granxeiros brancos, The Washington Post, 5 de febreiro de 2007 (en inglés)
  24. Chinaka, Cris, Cimbabue ameaza aos granxeiros brancos coa evicción, Reuters, 8 de agosto de 2007 (en inglés)
  25. Reserve Bank of Zimbabwe
  26. CNN. «Zimbabwe introduces $100 billion banknotes» (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cimbabue

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]