Martinica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martinique

Martinica

Bandeira de Martinica Escudo de Martinica
Bandeira Escudo
Lema: Non posúe
 
LocationMartinique.png
 
Capital
 • Poboación
Fort-de-France
100.080 hab. (2005)
Cidade máis poboada Fort-de-France
Linguas oficiais
Francés
Forma de goberno República
François Hollande
Alfred Marie-Jeanne
Dependencia
de Francia
1635
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 184º
1.100 km²
despreciable
0 km km
350 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto xº
432.900
394 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Euro (EUR)
Xentilicio n/d
Fuso horario
 • en verán
UTC -4
non aplica
Dominio de Internet .mq
Prefixo telefónico +596
Prefixo radiofónico non ten
Código ISO 474 / MTQ / MQ
Tódolos países do mundo

A illa da Martinica (en francés Martinique) é un departamento de ultramar francés localizado ao norte de Trinidad e Tobago, en augas do Mar Caribe (como tal, constitúe unha rexión ultraperiférica da Unión Europea). Esta illa pertence ás Pequenas Antillas Francesas do leste do mar Caribe, unha das illas Windward ou de Barlovento. É montañosa e de orixe volcánico. Cristovo Colón foi o primeiro navegante en descubrir a illa o 15 de xuño de 1502 mais, excepto en 3 ocasións en que foi ocupada brevemente por outras nacións, a illa permaneceu baixo dominio francés desde a seu colonización no ano de 1635. Martinica está dominada polo Monte Pelée, o cal fixo erupción o 8 de maio de 1902 destruíndo completamente o primeiro asentamento europeo na illa (Saint Pierre) e matando a máis de 30.000 persoas.

Historia[editar | editar a fonte]

Cristóbal Colón foi o primeiro navegante europeo en chegar á illa o 15 de xuño de 1502 pero, salvo en 3 ocasións en que foi ocupada brevemente por outras nacións, a illa permaneceu baixo dominio francés desde o seu colonización no ano de 1635. Martinica está dominada polo Monte Pelée, de 1397 m de altura, o cal fixo erupción o 8 de maio de 1902 destruíndo completamente o primeiro asentamento europeo na illa (Saint Pierre) e matando a máis de 30.000 persoas. A poboación veuse recuperando e actualmente a illa é unha das máis poboadas da rexión.

Goberno[editar | editar a fonte]

O Goberno é o de Francia. O goberno da illa está encabezado por Michel Cadot, prefeito desde o 21 de xuño de 2000. A nivel local o Consello Xeneral, composto por 45 membros electos cada 6 anos, é encabezado por Claude Lise desde o 22 de marzo de 1992.

Mapa de Martinica.

Demografía[editar | editar a fonte]

A capital Fort-de-France conta con 100.080 habitantes. Outras cidades importantes son Lle Lamentin (30.028 habitantes) e Sainte Marie (19.682 habitantes). O 90 % dos habitantes son negros ou mulatos, e o 85 % son católicos.

Economía[editar | editar a fonte]

O seu Produto Interior Bruto por habitante equivale á metade do de Francia metropolitana. Por iso Martinica benefíciase dos fondos estruturais que outorga a Unión Europea ás zonas económicas menos favorecidas.

Principais intercambios comerciais:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]