Estados Federados de Micronesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federated States of Micronesia
Estados Federados de Micronesia
Bandeira dos Estados Federados de Micronesia Escudo dos Estados Federados de Micronesia
Bandeira Escudo
Lema: Peace, Unity, Liberty

(galego: «Paz, Unidade, Liberdade»)

Himno nacional: Patriots of Micronesia
 
Micronesia on the globe (small islands magnified) (Polynesia centered).svg
 
Capital
 • Poboación
Palikir
9.900 (2004)
Cidade máis poboada Moen
Linguas oficiais
Inglés (nacional); ulithiano, woleaiano, yapés, pohnpeiano, kosraeano, e chuukés (local)
Forma de goberno República federal¹ democrática
Peter M. Christian
Independencia
De Estados Unidos

10 de maio de 1979 3 de novembro de 1986

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 191º
702 km²
Despreciable
0 km km
6.112 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 176º
135.869 (2000)
194 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 186º
US$ 277 millóns
US$ 2.000
IDH n/d
Moeda Dólar ($, USD)
Xentilicio n/d
Fuso horario
 • en verán
AEST (UTC 10)
AEST (UTC 10)
Dominio de Internet .fm
Prefixo telefónico +691
Prefixo radiofónico V6A-V6Z
Código ISO 583 / FSM / FM
Membro de: n/d

¹Desde 1986 mantén un convenio de libre asociación con Estados Unidos.

Tódolos países do mundo

Os Estados Federados de Micronesia (tamén coñecido como Micronesia) están constituídos por un goberno constitucional en libre asociación cos EUA, localizados no Océano Pacífico ao nordés de Papúa Nova Guinea.

Historia[editar | editar a fonte]

Os devanceiros dos micronesios establecéronse fai 4.000 anos. Un primeiro sistema baseado en xefaturas descentralizadas finalmente evolucionou cara a un imperio relixioso e de economía máis centralizada con centro en Yap.

Nan Madol en Pohnpei, consistente nunha serie de pequenas illas artificiais unidas por unha rede de canles, é chamada a miúdo a Venecia do Pacífico. Localízase preto da illa de Pohnpei e adoitaba ser o centro cerimonial e político da dinastía Saudeleur que reuniu ás 25.000 persoas de Pohnpei desde ao redor do 500 ane ata o 1500, cando se produciu o colapso do sistema centralizado.

Os primeiros exploradores europeos foron os portugueses, en busca das illas das Especias (Indonesia), chegando logo os españois, que alcanzaron as Carolinas no século XVI, onde estableceron a súa soberanía. As illas foron vendidas a Alemaña tras o fin do imperio colonial español en 1899, e tras a Primeira Guerra Mundial Xapón fíxose cargo do control das illas.

Durante a Segunda Guerra Mundial, unha porción significativa da flota xaponesa tivo a súa base na lagoa do atol Truk (Chuuk). En febreiro de 1944, a Operación Hailstone, unha das batallas máis importantes da guerra, levou a cabo en Truk, na que moitos barcos de apoio e avións xaponeses foron destruídos.

Tras o final da Segunda Guerra Mundial, o territorio foi transferido aos Estados Unidos baixo os auspicios das Nacións Unidas en 1947, como parte do Territorio Fiduciario das Illas do Pacífico.

O 10 de maio de 1979, catro dos distritos do Territorio Fiduciario ratificaron unha nova constitución para converterse nos Estados Federados de Micronesia. Os EFM asinaron un tratado de Libre Asociación cos Estados Unidos de América, que entrou en vigor o 3 de novembro de 1986, o cal supuxo o cambio do status de Micronesia de territorio fiduciario a independente.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Os Estados Federados de Micronesia réxense pola Constitución de 1979 que entrou en vigor o 10 de maio, ademais de por o Tratado de Libre Asociación asinado con Estados Unidos en 1986 e revisado en 1999 que esixe aos Estados Federados seguir determinadas liñas de política exterior, e a cambio Estados Unidos encárgase da defensa do país e a asistencia económica.

Garántense os dereitos fundamentais e establécese un sistema de separación de poderes. O poder executivo está en mans do Presidente do Goberno, elixido pola Asemblea (poder lexislativo) composta por 14 membros elixidos mediante sufraxio universal 10 deles e un por cada un dos catro Estados que forman a Federación e entre os cales deben ser elixidos o Presidente e o Vicepresidente. Os catro Estados posúen ademais unha asemblea lexislativa propia.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Os Estados Federados de Micronesia están compostos por 607 illas, as cales divídense en catro estados: Yap, Chuuk, Pohnpei e Kosrae. A capital federal é Palikir, localizada na illa de Pohnpei.

Os catro estados da federación son:

Bandeira Estado Capital Extensión[1] Poboación[2] Densidade de Poboación
Flag of Chuuk Chuuk Weno 127 km² 53.595 420 por km²
Flag of Kosrae Kosrae Tofol 110 km² 7.686 70 por km²
Pohnpei Kolonia 346 km² 34.486 100 por km²
Flag of Yap Yap Colonia 118 km² 11.241 95 por km²

Estes estados, á súa vez, divídense en concellos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa dos Estados Federados de Micronesia

Os Estados Federados de Micronesia constan de 607 illas que se estenden ao longo do arquipélago das illas Carolinas, ao leste das Filipinas. Os catro grupos de illas que os constitúen son Yap, Chuuk (chamado Truk ata xaneiro de 1990), Pohnpei (chamado Ponape ata novembro de 1984), e Kosrae. A capital federal é Palikir, en Pohnpei. Practicamente a totalidade das illas son atois e arrecifes coralinos asentados sobre cordilleiras submarinas, e en moitos casos antigos volcáns como sucede en Chuuk, sendo o perímetro da lagoa de tal atol a urxencia de corais asentados sobre un cráter volcánico.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía dos Estados Federados de Micronesia

A actividade económica micronesia consiste sobre todo na agricultura de subsistencia e na pesca, cuxos produtos exportar principalmente a Xapón. Con excepción dos fosfatos, a actividade mineira é irrelevante. O sector turístico ten certa importancia, con 17.000 turistas en 2002, pero faltan aínda infraestruturas capaces de acoller os posibles interesados.

A principal fonte de ingresos é a axuda externa, proveniente de Estados Unidos, país co que se atopa asociado libremente, e que achegou en 2001 109 millóns de dólares, que representan ao redor do 65 por 100 dos ingresos do Estado. Outros países con achegas significativas son Australia e Nova Zelandia.

O sector público representa aínda o 45 por 100 do conxunto da actividade económica, e o proceso de liberalización iniciado en 2002 non conseguiu situar a economía nos termos pactados con Estados Unidos e o Banco Mundial.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación indíxena dos Estados Federados de Micronesia, que principalmente é de etnia Micronesia, componse de varios grupos etnolinguísticos. O Inglés é a lingua máis popular. A taxa de crecemento poboacional mantense nun 3% aínda que minorada pola crecente emigración. En Pohnpei son comúns os casos de extremo daltonismo, coñecido como acromatopsia.

Cultura[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FSM government website - Geography
  2. FSM government website - Population

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]