Líbano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
الجمهورية اللبنانية
Al-Yumhūriyya al-Lubnāniyya
République Libanaise
República do Líbano
Bandeira do Líbano Escudo do Líbano
Bandeira Escudo
Lema: kullunā li-l-watan, li-l-ulà li-l-`alam
(árabe: «todos por la patria, la gloria y la bandera»)
Himno nacional: kullunā li-l-watan, li-l-ulà li-l-`alam.
 
Lebanon (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Beirut
1 574 397 hab (2005)
Cidade máis poboada Beirut
Linguas oficiais
Árabe
Forma de goberno República
Michel Sleiman
Saad Hariri
Independencia
 • Data
De Francia
22 de novembro de 1943
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 160º
10.452 km²
1,6 %
454 km km
225 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 123º
4 200 000 (est.2008)
358 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 103º
US$ 19.490 millones
US$100
IDH (2007) 0,772 (88º) – Medio
Moeda Libra libanesa (LBP)
Xentilicio Libanés, -esa
Fuso horario CET (UTC+2)
Dominio de Internet .lb
Prefixo telefónico +961
Prefixo radiofónico ODA-ODZ
Código ISO 422 / LBN / LB
Membro de: ONU, LA

1 É cooficial o francés. Tamén se emprega o inglés e o armenio.

Tódolos países do mundo

O Líbano é un pequeno país do Oriente Medio, limitado ao norte e ao leste por Siria, a sur por Israel e a oeste polo mar Mediterráneo, a través do cal se aproxima a Chipre. A súa capital é Beirut.

Historia[editar | editar a fonte]

É un dos quince países contemporáneos que ocupan a rexión que é considerada o Berce da Humanidade. É a patria histórica dos fenicios, negociantes semíticos cuxa cultura marítima floreceu na rexión durante máis de 2 000 anos. A rexión foi un territorio do Imperio Romano e durante a Idade Media estivo inmersa nas cruzadas. Foi despois ocupada polo Imperio Otomán.

Despois do colapso do Imperio Otomán que seguiu á Primeira Guerra Mundial, a Liga das Nacións atribuiu á Francia o mandato sobre as cinco provincias que compoñen o Líbano actual.

A moderna constitución libanesa, delineada en 1926, especifica un balance no poder político entre os grupos relixiosos principais.

O país obtivo a independencia no 1943, e as tropas francesas retiráronse en 1946. A historia libanesa desde a independencia estivo marcada por períodos alternados de estabilidade política e convulsións.

Foi, ata os anos 70, o centro financeiro de Oriente Próximo, o que lle valeu o sobrenome de «a Suíza de Oriente Próximo». Esta opulencia monetaria foi rota polo terríbel enfrontamento civil entre libaneses.(1975-1980), que destruíu un equilibrio político exemplar. As loitas internas e os conflitos con Israel -que invadiu o país en 1982 - aínda perduran.

En 1982 Israel invadiu o sur de Líbano para expulsar as guerrillas da Organización para a Liberación de Palestina, OLP, dirixidas por Yaser Arafat. En maio de 1983, Israel e Líbano alcanzaron un acordo para retirar as tropas israelís. Con todo, o tratado de paz non chegou a ser ratificado e, en marzo de 1984, baixo presión siria, Líbano cancelou o acordo. Porén, Israel iniciou o seu repregamento unilateral e progresivo en 1985, deixando a chamada "zona de seguridade" (uns 850 quilómetros cadrados) en mans do cristián-libanés (e prol-israelí) Exército do Sur do Líbano, cunha presenza menor de tropas do Tsahal, co obxecto de impedir as incursións fronteirizas e os ataques da guerrilla xiíta Hesbulá. Finalmente, en maio de 2000, Israel retirou todas as súas tropas do sur do Líbano por baixo da fronteira internacional, en cumprimento da resolución 425 do Consello de Seguridade da ONU.

A principios do ano 2005, tras o asasinato do primeiro ministro libanés, Rafik Hariri, desencadeouse un amplísimo movemento cívico de protesta coñecido como a revolución do cedro, que esixiu a celebración de eleccións libres e a inmediata retirada da presenza militar siria, que mantiña 14.000 efectivos militares en chan libanés. En abril de 2005, as manifestacións lograron a retirada completa das tropas sirias e dos seus axentes de intelixencia, coa oposición de Hesbulá.

O goberno libanés non logrou facer cumprir a resolución 1559 de Consello de Seguridade da ONU que obrigaba a desarmar ás milicias armadas libanesas e tomar o control da súa fronteira sur, controlada por Hesbulá para protexer a fronteira con Israel. En xullo de 2006, tras unha incursión fronteiriza de Hesbulá que se saldou coa morte de oito soldados israelís e a captura de dous, prodúcese a crise israelo-libanesa de 2006 co bombardeo de gran parte da infraestrutura do país e unha implacábel resposta armada de Hesbulá sobre as cidades do norte de Israel.

Citando datos do goberno libanés, o dia 6 de agosto, ACNUR informou de que 550.000 desprazados foron acollidos por familias, 130.000 atópanse en refuxios improvisados, e preto de 200.000 cruzaron a fronteira con Siria.

A sede do Parlamento libanés, en Beirut.

Política[editar | editar a fonte]

O Líbano é unha república parlamentaria, rexida pola constitución do 23 de maio de 1926, que foi modificada posteriormente seis veces. O arranxo máis importante débese aos Acordos de Taef, que reorganizan o reparto do poder entre as diferentes comunidades relixiosas. A constitución estipula que o Presidente, obrigatoriamente cristián maronita, é elixido polo Parlamento (Majlis AL Nuwab ou Cámara dos Deputados) cunha maioría de dous terzos e por seis anos. Non é directamente reelixíbel salvo con modificación do artigo 49 da Constitución. Os seus poderes están reducidos, porén, a prol do Primeiro Ministro desde os Acordos de Taef. Este último debe ser musulmán sunní e é responsábel perante os deputados. O presidente da Asemblea Nacional debe ser un musulmán xií. A Asemblea Nacional conleva 128 escanos, repartidos entre cristiás e musulmás, e que son electos por sufraxio universal directo.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

O Líbano está dividido en seis gobernoratos (muhafazat, en singular muhafazah), que son os seguintes coas súa capitais respectivas :

  1. Beirut - Beirut.
  2. Monte Líbano - Baabda.
  3. Líbano Norte - Trípoli.
  4. Bekaa - Zahleh.
  5. Nabatieh - Nabatieh.
  6. Líbano Sur - Sidón.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa do Líbano.

Posuíndo un formato semellante ao dun rectángulo, o Líbano alóngase polo lado leste do mar Mediterráneo, co seu comprimento case tres veces a súa largura. De norte a sur, a largura de seu territorio tórnase máis fina.

O relevo está marcado pola cordilleira do Líbano, que corre de norte a sur, ao longo duns 135 km e que acada a súa máxima altura, 3.089 m, no Qurnat as-Sauda; no interior álzase paralela a cordilleira do Anti-Líbano, que ten o seu teito no monte Hermón, no sur, na fronteira con Siria. Entre ambos os dous cordais está situada a foxa tectónica denominada val da Bekaa, sita a 900 m sobre o nivel do mar.

Algúns dos fenómenos que actualmente atinxe o medio ambiente son a erosión do solo, desertificación, polución do aire debido ao tráfego de automóbeis en Beirut e debido á queima de residuos industriais ou a polución de augas costeiras. Algúns dos acordos internacionais que Líbano asinou inclúen o da biodiversidade, do cambio climático, desertificación, residuos tóxicos, lei do mar, protección da capa de ozono, polución marítima etc.

O rio Litani é o único gran río do Suroeste Asiático que non cruza unha fronteira internacional. Ten unha área total de 10.452 km²: 10.280 km² de terra e 170 de auga.

Ten 454 km de fronteiras:79 con Israel e 375 con Siria. Ten 210 km de costa, e alega propiedade de 12 millas náuticas

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Líbano.

Demografía[editar | editar a fonte]

Lebanon-demography.png

Cultura[editar | editar a fonte]

O Líbano ten sido, durante milenios, punto de encontro entre civilizacións diferentes. Está hoxe habitado por dezasete confesións relixiosas, cadansúa dotada dunha identitade propia. O país ofrece, polo tanto, un panorama cultural extraordinariamente rico e estratificado.

A UNESCO recoñece cinco lugares libaneses como Patrimonio Mundial da Humanidade: Anjar, Baalbek, Biblos, Tiro e o Val de Qadisha.

Entre os grandes escritores libaneses modernos cómpre lembrar a Jalil Gibran, Mikhail Nuayma, Karam Malham Karam, Hoda Barakat, Elias Khuri, Rashid Daif e Samir Kassir.

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Líbano