Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
جمهورية مصر العربية
Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah (en Árabe)

República Árabe de Exipto
Bandeira de Exipto Escudo de Exipto
Bandeira Escudo
Himno nacional: Bilady, Bilady, Bilady
 
Egypt (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
O Cairo
7 734 334 (2006)
Lingua oficial
Árabe exipcio
Forma de goberno Xunta militar
Xefe da Xunta
Primeiro ministro
Abdul Fatah al-Sisi
Ibrahim Mahlab
Independencia
Imperio Otomán
Reino Unido
República
• Xunta militar

1867
28 de febreiro de 1922
18 de xuño de 1953
11 de febreiro de 2011
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 30º
1 001 450 km²
0,632
2.689 km
2.450 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 15º
79 089 650 (2010 est.)
78,98 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2010)
 • PIB per cápita
Posto 40º
US$ 215.845 millóns
US$ 2.758
PIB (PPA)
 • Total (2010)
 • PIB per cápita
Posto 25º
US$ 496.604 millóns
US$ 6.347
IDH (2010) 0,620 (101º) – Medio
Moeda Libra (£E, EGP)
Xentilicio Exipcio, exipcia[1]
Fuso horario
 • en verán
UTC+2
UTC+3
Dominio de Internet .eg, مصر.
Prefixo telefónico ++20
Prefixo radiofónico 6AA-6BZ, SSA-SSM,
SUA-SUZ
Código ISO 818 / EGY / EG
Membro de: ONU, Liga Árabe, UA

1 Presidente de facto como comandante xefe das forzas armadas.

Tódolos países do mundo

Exipto[1] (en árabe: مصر, Miṣr), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur con Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sahara, onde só está habitado en oasis. A súa capital é a cidade do Cairo (القاهرة), unha das máis populosas de África.

É un dos países con máis poboación de África, estando a súa maior parte distribuída nas ribeiras do Nilo e do seu delta, onde se achan as zonas fértiles. Case a metade dos exipcios viven en áreas urbanas, sobre todo nos centros densamente poboados do Cairo e Alexandría.

Exipto é famoso pola súa civilización antiga e os seus monumentos, como son as pirámides e a gran esfinxe; a cidade meridional de Luxor contén un gran número de restos antigos, tales como o templo de Karnak e o Val dos Reis.

Hoxe en día, Exipto é un centro político e cultural importante do Próximo Oriente.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Exipto.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Exipto.

Exipto é unha república unitaria e presidencialista cuxo presidente, como xefe de Estado e comandante supremo das forzas armadas do país, representa ao poder executivo elixido mediante plebiscito popular para un período de seis anos. Non había límite constitucional respecto á cantidade de mandatos consecutivos dun presidente.

Exipto foi o primeiro país árabe en establecer a paz con Israel despois da sinatura dos acordos de Camp David.

Mapa de Exipto.
  • Nome oficial: República Árabe de Exipto
  • Sistema legal: baseado na Constitución de 1971.
  • Lexislación nacional: sistema unicameral (Majlis Al-Shaab ou asemblea do pobo).
  • Sistema electoral: sufraxio universal directo.
  • Xefe do Estado: o presidente, nomeado por maioría de dous terzos da asemblea e elixido por referendo.
  • O goberno nacional: consello de ministros, presidido polo primeiro ministro.
  • Principais partidos políticos: o partido Nacional Demócrata, o partido Socialista Laboral, o partido Socialista Liberal, New Wafd, o partido Nacional Progresista Unionista.

Aínda que aparentemente o poder organízase baixo un sistema multipartidista, na práctica por máis de cincuenta anos o presidente elixiuse en eleccións cun só candidato. Exipto tamén celebra eleccións parlamentarias multipartidistas de xeito regular.

En febreiro de 2005 o entón presidente Hosni Mubarak anunciou a reforma da lei para a elección presidencial, de maneira que nas eleccións de 2010 houbo varios candidatos, por primeira vez desde 1952, e limítase o mandato a sete anos con só dúas lexislaturas.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Exipto.

Exipto está dividido en 27 gobernacións ou provincias (muhafazah; en singular muhafazat).

En orde alfabética son:

Mapa das gobernaturas exipcias.
Gobernación Capital Localización Gobernación Capital Localización
Alexandría (6) Alexandría Delta Luxor (13) Luxor Alto Exipto
Asiut (18) Asiut Alto Exipto Matrú (24) Marsá Matrú Oeste
Asuán (17) Asuán Alto Exipto Mar Vermello (2) Hurgada Mar Vermello
Behera (3) Damanhur Delta Menia (10) Menia Delta
Beni Suef (19) Beni Suef Alto Exipto Menufia (9) Shibin o-Kom Delta
Caliubia (12) Banha Baixo Exipto Novo Val (14) Jarga Oeste
Dakahlia (1) Mansura Baixo Exipto Porto Saíd (20) Porto Saíd Canle
Damieta (21) Damieta Delta Quina (25) Quina Alto Exipto
O Cairo (11) O Cairo Centro Sharkia (15) Zaqaziq Baixo Exipto
Fayún (4) Fayún Alto Egpto Sinaí do Norte (26) O Arish Sinaí
Gharbia (5) Tanta Baixo Exipto Sinaí do Sur (22) O-Tor Sinaí
Guiza (8) Giza Alto Exipto Suez (16) Suez Canle
Ismailia (7) Ismailia Canle Suhag (27) Suhag Alto Exipto
Kafr el Sheij (23) Kafr el Sheij Baixo Exipto

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Exipto.

O río pricipal é o Nilo, que atravesa o país correndo do sur ó norte, desembocando no delta do Nilo sobre o Mar Mediterráneo. Un dos brazos do delta chega á milenaria cidade de Alexandría, fundada por Alexandre Magno.

Alén da capital, O Cairo, as outras cidades importantes de Exipto son Alexandría, al-Mansurah, Asuán, Asyut, El-Mahalla El-Kubra, Gizé, Hurghada, Luxor, Kom Ombo, Port Safaga, Porto Said, Sharn el Sheikh, Shubra-El-Khema, Suez e Zagazig.

Exipto inclúe partes do deserto do Sahara e do deserto Libio, onde existen algúns oasis, como o oasis de Bahariya, o de Dakhleh, o de Farafra, o de Kharga e o de Siwa.

Exipto fai fronteira con Libia polo oeste, Sudán ó sur e Israel ó nordés. O país controla a canle de Suez, que liga o Mediterráneo ao mar Vermello.

O papel importante que Exipto desempeña na xeopolítica vén da súa posición estratéxica como ponte terrestre entre África e mais Asia, e como ponte de pasaxe entre o Mediterráneo e o océano Índico.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Exipto.

Exipto ten un PIB de aproximadamente 200.000 millóns de dólares, segundo o método Paridade de Poder de Compra (PPP). A riqueza de Exipto, desde a máis remota antigüidade, baséase na agricultura, e os campos fertilizábanse co limo das crecidas anuais do Nilo. As reformas agrícolas de 1952 e 1961 e a construción da presa de Asuán, provocaron unha revolución agrícola que aumentou a produción, pero trouxo múltiples problemas: Ao abonarse con produtos químicos e non polas crecidas do río, estase afectando o equilibrio biolóxico da zona, producíndose unha salinización do chan e aparecendo novos parasitos. O cultivo de maior importancia é o algodón.

Exipto é predominantemente un país agrícola, pois ao redor do 40 por cento da forza laboral dedícase aos cultivos agrícolas ou gandeiros. A economía de Exipto socializouse tras a promulgación dunha serie de leis a comezos de 1961. O patrón da propiedade da terra foi moi alterado polo Decreto de Reforma Agraria de 1952, que limitaba as explotacións individuais a unhas 80 hectáreas, cifra revisada en 1961 a preto de 40 hectáreas, e revisada de novo a unhas 20 hectáreas en 1969.

As terras requisadas polo goberno distribuíronse entre os campesiños (fellahin), pero segue habendo grandes diferenzas económicas entre a clase media e os agricultores. Os programas gobernamentais ampliaron as zonas de cultivo mediante a rexeneración, o regadío (sobre todo desde a terminación da presa de Asuán, en 1970), e a utilización de tecnoloxía avanzada, como equipos mecanizados e fertilizante químicos.

O rendemento das terras agrícolas de Exipto está entre as máis altas do mundo. Exipto é un dos principais produtores mundiais de produtos básicos de algodón; a produción anual de fibra de algodón era dunhas 300.000 toneladas métricas a principios de 1990. O clima cálido e a abundancia de auga permiten ata tres colleitas ao ano, dando abundantes colleitas agrícolas. Nos anos 1990 o valor estimado anual de produción en millóns de toneladas métricas, como arroz (3,9), tomates (4,7), trigo (4,6), millo (5,2), cana de azucre (3,1), patacas (1,8), e laranxas (1,7). Tamén se cultiva unha ampla variedade doutras froitas e hortalizas.

A principal industria gandeira de Exipto é a cría de animais de carga. O gando a principios do decenio de 1990 incluía uns 3 millóns de cabezas de gando vacún, 3 millóns de búfalos, 4,4 millóns de ovellas, 4,8 millóns de cabras, 1,6 millóns de asnos, e 40 millóns de aves de curral.

Exipto posúe importantes xacementos de petróleo e gas, pero a industria máis explotada é o turismo, xa que as pirámides e reliquias desta civilización milenaria atraen a moitas persoas todos os anos. É unha das economías máis estables da rexión, cun PIB por habitante de 4.274 dólares (datos de OMS para 2004).

Libra exipcia.

A unidade monetaria é a libra exipcia, que se divide en 100 piastras; circula cos seguintes valores:

  • Billetes en libras: 100, 50, 20, 10, 5 e 1.
  • Billetes en piastras: 50, 25, 10 e 5.
  • Moedas en piastras: 10, 5, 1 e 1/2.

Cambio oficial:

  • 1 dólar estadounidense: 5,75 libras exipcias (2006).
  • 1 euro: 7,5 libras exipcias (2006).

Durante os últimos 40 anos, o goberno exipcio adoptou estratexias que van dunha economía de orde soviética a unha economía de mercado, con varias variantes entre ambas, predominando para rematar as tendencias socialistas moderadas intentado facer prosperar ao país. Hai un sector público forte cuxa ineficacia intenta combater o Goberno.

As industrias máis produtivas son a téxtil, a dos fertilizantes e produtos de caucho e a do cemento. Hai algo de industria pesada e varias plantas de ensamblaxe de automóbiles.

Os socios comerciais principais do país son EE.UU e algúns dos países da Unión Europea (Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido). Os cambios radicais no anterior bloque soviético, que era o mercado principal de Exipto, tiveron un gran impacto na economía, aínda que despois o país converteuse no segundo país en recibir axuda de EE.UU., tras Israel; entre 1994 e o 2004 Exipto recibiu uns 2000 millóns de USD por ano de axuda de EE.UU Exipto tiña en 1990 serios desequilibrios económicos tanto internos como externos: unha estrutura industrial organizada por Nasser de titularidade pública, sobredimensionada, obsoleta e de moi baixa produtividade. Un sector agrario rixidamente controlado polo estado con prezos intervidos e deficitarios. Para rematar, un sector exterior deficitario e baseado nas exportacións de produtos enerxéticos, as remesas de emigrantes, os ingresos da canle de Suez e o turismo, todo iso sostivera o desenvolvemento na década de 1970, pero era sensible ao novo terrorismo dos integristas islámicos.

Así mesmo, o déficit público era practicamente insostible e xerador de inflación e o país apenas podía facer fronte á situación xurdida tras a explosión da crise da débeda nos anos oitenta, que tan seriamente afectou a case todos os países en vías de desenvolvemento.

En 1991, o goberno elaborou un programa e propuxo varias medidas:

  • Privatizar 314 empresas públicas.
  • Mellorar a agricultura, que xera ao redor do 20% de Produto Nacional Bruto, cun ambicioso proxecto: a Canle de Toshka, inaugurada en xaneiro de 1997, cuxa finalidade é facer un delta alternativo e paralelo ao val do Nilo que recuperará terras do deserto.
  • Crear proxectos industriais, mineiros e turísticos así como novos asentamentos en Toshka para reducir a densidade de poboación das ribeiras do Nilo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Exipto.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Exipto.

Ver tamén os artigos sobre literatura exipcia e literatura copta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Exipcio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]