Malta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Repubblika ta' Malta (en maltés)
Republic of Malta
(en inglés)
República de Malta
Bandeira de Malta Escudo de Malta
Bandeira Escudo
Himno nacional: L-Innu Malti
 
Location Malta EU Europe.png
 
Capital
 • Poboación
A Valeta
6,315 Hab (2005)
Cidade máis poboada Birkirkara 25.000 Hab(2005)
Lingua oficial
Maltés e Inglés¹
Forma de goberno República
George Abela
Lawrence Gonzi
Independencia
 • Fecha
Del Reino Unido
21 de setembro de 1964
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 211º
316 km²
-
0 km
253 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 165º
400.214 (2006)
1.262 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 124º
US$ 7.419 millóns
US$ 18.088 (2007)
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 108º
€ 7.824 millóns
€ 19.100 (2007)
IDH (2005) 0,878 (34º) – Alto
Moeda Euro, desde o 1 de xaneiro de 2008. Antes, Lira maltesa (LM).
Xentilicio Maltés, -a
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)
CEST (UTC+2)
Dominio de Internet .mt
Prefixo telefónico +356
Prefixo radiofónico 9HA-9HZ
Código ISO 470 / MLT / MT
Membro de: UE, Commonwealth, ONU, OSCE, COE

¹ Tamén se fala Italiano

Tódolos países do mundo

Malta (Gl-Malta.ogg pronunciación ) (en maltésMalta[ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglésMalta[ˈmɔːl.tə] (AFI)En-us-Malta.ogg escoitar), oficialmente República de Malta (Gl-República de Malta.ogg pronunciación ) (en maltésRepubblika ta' Malta[rɛˈpʊbb.lɪ.kɐ ˈtɐ ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Republic of Malta) é un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras, situadas ao sur da illa italiana de Sicilia, no mar Mediterráneo. As terras máis próximas son todas italianas: Sicilia, ao norte, as illas Pelaxias ao oeste e a illa de Pantelleria ao noroeste. A súa capital é A Valeta.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Malta.

Consérvanse restos megalíticos que datan de hai 6000 anos. O seu nome antigo foi Melita (Μελίτη) derivado de mel. Foi unha colonia fenicia que co tempo permaneceu á órbita de Cartago. Na Primeira Guerra Púnica estaba en mans dos cartaxineses e foi atacada pola flota romana dirixida por Atilio Régulo, no 257 a.C., pero non foi ocupada. Na Segunda Guerra Púnica a guarnición cartaxinesa era comandada por Amilcar, fillo de Gisgó, que se rendeu ante a flota de Tiberio Sempronio Longo e desde entón pertenceu a Roma e foi incorporada dentro da provincia de Sicilia.

Logo dun breve dominio bizantino en 533 e un probable saqueo dos vándalos, Malta foi conquistada en 870 polos árabes, cuxa influencia pode ser atopada na lingua maltesa moderna, unha lingua fortemente romanizada que orixinalmente deriva do árabe vernáculo.

No 1530 os Templarios establecéronse en Malta. Consideraban a illa como a porta da cristiandade de occidente e adornárona profusamente con templos e fortalezas. Os ingleses permaneceron alí máis dun século e medio. Alcanzou a independencia no 1964 e desde 1974 é unha república, pertencendo dende o 2004 á Unión Europea.

Política[editar | editar a fonte]

O Estado de Malta é unha república cun presidente honorífico, recaendo o goberno no gabinete ministerial encabezado polo primeiro ministro. O Presidente da República nomea ao Primeiro Ministro á cabeza do partido que gañe as eleccións por un período de cinco anos. Os membros do goberno son nomeados polo Presidente da República a proposta do Primeiro Ministro de entre os membros do órgano lexislativo.

A República de Malta ten un poder lexislativo unicameral (Kamra tar-Rappreżentanti/House of Representatives) segundo a constitución de 1974. A Cámara de Representantes ten entre 65 e 69 membros elixidos cada 5 anos baixo un sistema de representación proporcional. Esta cámara escolle o Presidente da República para un período de 5 anos.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Mapa de Malta

Dende 1993, Malta foi dividida en 68 municipios ou localidades. Estas van dende as máis sinxelas formas ata o goberno local. Non hai niveles intermedios entre o goberno local e o goberno nacional. A seguinte lista amosa os municipios das dúas principais illas:


Illa de Malta Illa de Gozo

Xeografía[editar | editar a fonte]

Principais cidades de Malta.

O arquipélago Maltés sitúase no centro do Mediterráneo, a uns 90 km das costas do sur de Sicilia. Compóñeno as illas de Malta, Gozo e Comino, sendo a maior de todas a illa de Malta.

A súa extensión é de 316 km² e ten unha poboación de 382.525 habitantes (ano 2000) dos cales 352.835 residían na illa de Malta, o que dá unha alta densidade de poboación (1210 hab./km²) para un país tan pequeno.

Malta non ten grandes montañas nin ríos, a illa é unha serie de campos e terrazas en pequenos outeiro. Os cantís, baías, calas son propias das illas, sobre todo de Malta. Así mesmo, existen grande cantidade de praias de area fina, sobre todo na illa de Gozo.

A principal cidade pola súa poboación e a súa importancia cultural e política é a capital do Estado, A Valeta (100.700 hab. na aglomeración urbana), séguelle Rabat (13000 hab).

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Malta.


Días festivos[editar | editar a fonte]

Días festivos en Malta
Día Festividade
1 de xaneiro Aninovo
10 de febreiro Santo Paul Shipwreck
19 de marzo San Xosé
31 de marzo Día da Liberdade
marzo/abril (data variable) Venres Santo
1 de maio Día do traballo
7 de xuño Sette Giugno
29 de xuño Festividade de San Pedro e San Paulo
15 de agosto Día da Asunción de Santa María
8 de Setembro Día da Victoria
21 de setembro Día da Independencia
8 de decembro Inmaculada Concepción
13 de decembro Día da República
25 de decembro Nadal

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Malta

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]