República Centroafricana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
République Centrafricaine
Ködörösêse tî Bêafrîka
República Centroafricana
Bandeira da República Centroafricana Escudo da República Centroafricana
Bandeira Escudo
Lema: "Unité, Dignité, Travail"
("Unidade, Dignidade, Traballo", en francés)
Himno nacional: La Renaissance (Francés)
E Zingo (Sango)
 
Central African Republic (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Bangui
684.190 hab. (2005)
Cidade máis poboada Bangui
Linguas oficiais
Francés e sango
Forma de goberno República
Michel Djotodia
Faustin-Archange Touadéra
Independencia
de Francia

13 de agosto de 1960
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 43º
622.984 km²
1%
5.203 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 124º
4.216.666 (2007 est.)
6.77 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 152º
US$3.254 millóns
US$758
IDH (2010) 0,310 (159º) – Baixo
Moeda Franco centroafricano (ISO 4217)
Xentilicio Centroafricano, -a
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+1
Dominio de Internet .cf
Prefixo telefónico +236
Prefixo radiofónico TLA-TLZ
Código ISO 140 / CAF / CF
Tódolos países do mundo

A República Centroafricana (en francés: République centrafricaine) é un país situado no centro de África. Limita co Chad ao norte, con Camerún ao oeste, coa República do Congo e a República Democrática do Congo ao sur, e con Sudán ao leste.

Historia e política[editar | editar a fonte]

Os franceses colonizaron a rexión a fins do século XIX. Durante a Segunda Guerra Mundial, a colonia uniuse ás forzas aliadas.

Foi colonia francesa até 1960, cando obtivo a independencia. O seu primeiro presidente (David Dacko) organizou un autogolpe de estado e instaurou unha ditadura. En 1966 o xeneral Jean-Bédel Bokassa fixo un golpe de Estado e autonomeouse presidente vitalicio e Mariscal da República. O 4 de decembro de 1976 Bokassa autoproclamouse Emperador e fundou o Imperio Centroafricano. En 1979, durante unha viaxe ó estranxeiro, Bokassa foi deposto e volveu á República.

En 1981 David Dacko volveu gaña-las eleccións, pero logo foi derrocado polo golpe militar do xeneral André Kolingba. En 1987 Bokassa volveu ó país e foi condenado a morte, o ano seguinte, o presidente Kolingba conmutou a sentenza por cadea perpetua.

O 2 de xullo de 1991 comezou un novo proceso constituínte para dar paso ó posterior multipartidismo. O 15 de marzo do 2003, François Bozizé chegou ó goberno grazas a un golpe de Estado.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

A República centroafricana está composta de 14 prefecturas e 2 prefecturas económicas. As 14 prefecturas son Bamingui-Bangoran, Base-Koteto, Alta-Koteto, Alta-Sangha, Alto-Mbomou, Kemo-Gribingui, Lobaye, Mbomou, Nana-Mambere, Ombella-Mpoko, Ouaka, Ouham, Ouham-Penda e Vakaga. As dúas prefecturas económicas son Gribingui e Sangha. Bangui ten o estatuto de concello.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A República centroafricana é un país enclavado. O Monte Ngaoui, cos seus 1.420 m, é o punto máis alto. O subsolo contén diamantes, uranio e ouro. O petróleo e maila enerxía hidroeléctrica son outros recursos importantes.

O país sofre de inundacións e de deforestación.

Economía[editar | editar a fonte]

O ingreso por habitante era de 310 dólares no 2000. A agricultura representa o 55% do PIB. Os principais cultivos son as bananas, o millo, o café, o algodón e o tabaco.

Demografía[editar | editar a fonte]

O país conta con máis de oitenta etnias falando cadansúa lingua diferente.

Evolución da demografía entre 1961 e 2003. Poboación en milleiros de habitantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]