Xentilicio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O xentilicio é un adxectivo relativo sobre todo ó lugar de nacemento, e en menor medida á liñaxe ou raza á que alguén pertence (estes serían etnónimos).

En Galicia existe tradicionalmente unha tendencia ó uso de xentilicios hipocorísticos para entidades menores, non derivados do nome do lugar e si de características e alcumes, normalmente despectivos. Na actualidade, a linguaxe xornalística está a crear e inventalos para moitas pequenas poboacións galegas, con moi desigual calidade.

Os principais sufixos para a formación léxica de xentilicios son:

  • -ense (m. e f.): LUCENSE, CANADENSE, ALLARICENSE (moi habitual)
  • -és / esa: LUGUÉS(A), SANTIAGUÉS(A), CHINÉS (A), DINAMARQUÉS(A), FIN(LAND)ÉS(A), WALONÉS(A) (o máis común)
  • -ano / -ana: VATICANO/A, VENEZOLANO/A, CANADIANO/A, ANGOLANO/A, MOZAMBICANO/A (en cultismos)
  • -án / -á: COMPOSTELÁN / COMPOSTELÁ (en patrimoniais occidentais)
  • -ao / -á: RIBEIRAO/RIBEIRÁ (en patrimoniais orientais)
  • -án / -á: ALEMÁ(N) {en patrimoniais centrais)
  • -eno / -ena: CHILENO/A
  • -eño / -eña: MADRILEÑO/A, ALBACETEÑO/A, SANTIAGUEÑO/A, PANAMEÑO/A (insólito)
  • -iano / -iana: IRANIANO, PAKISTANIANO, ISRAELIANO (terminación culta para os xentilicios non históricos ou habituais na lingua galega)
  • -ino / -ina: ALACANTINO/A, BARCELONINO/A, BILBAÍNO/A, SANTIAGUINO/A, ARXENTINO/A
  • -ón / -oa: BRETÓN/OA, WALÓN/OA (insólito)
  • -ático / -ática: ASIÁTICO/A (insólito)
  • -ita (m. e f.): VIETNAMITA (insólito)
  • -al (m. e f.): PROVENZAL (insólito)
  • -ol / -ola: ESPAÑOL(A), MONGOL(A) (insólito)
  • -o / -a: POLACO/A, CHECO/A, ESLOVENO/A, CANARIO/A (posiblemente por derivación regresiva de lugares rematados en -IA(S) átono); URUGUAIO/A; SUÍZO/A, SUECO/A, SARDO/A, CORSO/A
  • -ún(o) / -una: EUSKALDÚN(A), BATASUNO/A (de orixe vasca, non é propia da lingua galega, introducido por Medios de Comunicación incorrectamente.)
  • -arra (m. e f.): DONOSTIARRA (de orixe vasca, non é propio da lingua galega. "Donostiarra" é a única palabra aceptada por motivos tradicionais recentes. Non se dí "bilbotarra, irundarra, eibotarra...", existen as terminacións propias de orixe latina.)
  • -ar (m. e f.): BALEAR, INSULAR
  • -eiro / -eira: SANTIAGUEIRO/A, BRASILEIRO/A, PAMPEIRO/A (adaptación de castelanismos sudamericanos)
  • -asco(n) / -asc(on)a: VASCO/A, MONEGASCO/A, GASCÓN(A) (de orixe francomeridional)

De todos os xeitos, cómpre reiterar que a tradición marca popularmente o uso de xentilicios non derivados: gavacho, chamaco, che, paio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]