Mauritania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
الجمهورية الإسلامية الموريتانية
Al-Yumhūriyya al-Islāmiyya al-Mawrītāniyya
République Islamique de Mauritanie
República Islámica de Mauritania
Bandeira de Mauritania Escudo de Mauritania
Bandeira Escudo
Lema: "Honneur, Fraternité, Justice"
(Francés: “Honor, Fraternidade, Xustiza”)¹
Himno nacional: Himno Nacional de Mauritania
 
Mauritania (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Nouakchott
881.000 (1999)
Cidade máis poboada Nouakchott
Linguas oficiais
Árabe, Francés, Pulaar, Wolof, Soninké
Forma de goberno República semipresidencialista bajo una dictadura militar
Mohamed Uld Abdelaziz
Mulay Uld Mohamed Laghdaf
Independencia
 • Data
De Francia
28 de novembro de 1960
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 29º
1.030.700 km²

n/d km
754 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 130º
3.177.388 (2006 est.)
3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 141º
US$ 9.270 millóns
US$ 2.535
IDH (2007) 0,550 (137º) – Medio
Moeda Ouguiya
Xentilicio Mauritano, -a
Fuso horario UTC
Dominio de Internet .mr
Prefixo telefónico +222
Prefixo radiofónico 5TA-5TZ
Código ISO 478 / MRT / MR
Membro de: Liga Árabe, UMA, ONU, UA
Tódolos países do mundo

Mauritania é un país da África Occidental. Limita ao norte co Sáhara Occidental, con Alxeria ao nordeste, o sur e o leste con Mali, ao sur con Senegal e ao oeste co Océano Atlántico. É un dos países máis próximos a Cabo Verde. A súa capital é Nouakchott.

Historia[editar | editar a fonte]

Os restos de material lítico mostran o poboamento de Mauritania durante o Paleolítico Inferior. Fican tamén algúns restos de pinturas rupestres, aínda que pobres en comparación cos do Tassili, e que corresponden aos pobos gandeiros do Neolítico. A partir do terceiro milenio, a desecación do Sáhara forza as poboacións a emigrar cara ao sur, para a conca do río Senegal e máis ao sur aínda. O baleiro é paulatinamente cuberto por poboacións bérberes vindas desde o norte, sobre todo desde os últimos séculos do primeiro milenio antes do cambio de Era, mercé a introdución desde oriente do camelo.

Nos primeiros séculos da era cristiá, porén, o dominio sobre o territorio corresponde ao reino de Ghana, de poboación negra. Este dominio dos ghaneses mantense até o século X, controlando o comercio de ouro, sal e escravos cara o norte do Maghreb. No século XI, poboación bérberes, con centro en Tarsina, emprenden unha revolución relixioso-militar, que levará ao dominio do Sudán occidental, e a creación da seita islámica dos almorábides, que se expandirá logo para o norte magrebí e até o Al-Andalus. En 1143 este estado afúndese ante a aparición dunha nova seita: os almohades, que continúan o dominio bérber. A partir da segunda metade do século XIII, os hassaniya, árabes, impoñen o seu dominio, creando o sistema de estamentos, que sen grandes variación perdurou até as portas do século XXI. O estrato superior monopolizando as xefaturas, os xeques, corresponde aos tales hassaniya; no estrato intermedio colócanse os zenagga, bérberes vasalos dos anteriores; no estrato inferior están os escravos negros. O sistema económico segue a ser o dos séculos anteriores: comercio de escravos, ouro - estes enviados ao norte polas rutas transaharianas - e sal.

Desde a segunda metade do século XV, os contactos cos europeos aumentan desde que os portugueses fundan factorías na costa. Agora boa parte do comercio de escravos desvíase para eses enclaves litorais.

A partir do final da era napoleónica, os franceses emprenden a penetración no río Senegal, no sur do Mauritania. En 1912 o país fica baixo o seu protectorado, e desde 1920 é formalmente unha colonia dentro da África Occidental Francesa, que é dirixida desde a cidade de Saint Louis, Senegal. Logo dunha fase de autonomía a fins da década de 1950, o 28 de novembro de 1960, Mauritania logra a súa total independencia, organizándose como unha República Islámica.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Mauritania está dividida en 13 wilayas. Cada wilaya está, a súa vez, subdividida en mughataaou distritos (52 en total).

Mauritania rexións # Wilaya Capital
Mauritania regions numbered.png
1 Adrar Atar
2 Assaba Kiffa
3 Brakna Aleg
4 Dakhlet Nouadhibou Nouadhibou
5 Gorgol Kaedi
6 Guidimagha Selibaby
7 Hodh Ech Chargui Néma
8 Hodh El Gharbi Aiun el-Atrouss
9 Inchiri Akjoujt
10 Nouakchott Nouakchott
11 Tagant Tidjikdja
12 Tirit Zemmour Zouerate
13 Trarza Rosso

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mauritania ten fronteiras con Alxeria, o Sáhara Occidental (controlado por Marrocos desde o Tratado de Madrid), Mali e máis o Senegal. Trazadas polos colonizadores franceses, explícanse así a dereitura das liñas.

O país divídese en catro rexións naturais. Ao longo do litoral atlántico estendese unha grande área areosa que corresponde ao deserto do Sáhara. A rexión central está salpicada de chairas escarpadas. No leste aparecen as grandes cubetas dunares. O río Senegal escavou un longo val na fronteira meridional: é a cuarta rexión. Un segundo curso fluvial importante é o Karakoro.

O clima é extremadamente árido, o que explica a débil densidade de poboación.

Economía[editar | editar a fonte]

Descrición grafica dos 28 principais produtos de exportación do país.
Artigo principal: Economía de Mauritania.

Mauritania posúe certas cantidades de reservas de petróleo e de gas localizadas nas súas augas territoriais. Ademais conta con áreas de ouro e de diamantes. Cóntase con tales reservas para tentar relanzar economicamente o país.

A minería do ferro é importante, de modo que se coida que a mina a ceo aberto de Zouerate é a maior mina férrica activa do mundo. Ligado á súa explotación figura o ferrocarril de Snim, que posúe a Sociedade Nacional Mineira, con un tren considerado como o máis longo da Terra (2,400 km e 254 vagóns), que transporta o mineral desde a mina até a costa.

Outra importante actividade é a pesqueira, ligada á explotación dun mar territorial mauritano, que nesta altura está considerado como o máis produtivo do mundo. O centro pesqueiro está na cidade de Nuadhibu (ou Nouadhibou en escrita á francesa), situada no litoral norte do país.

Demografía[editar | editar a fonte]

Consonte estimacións do ano 2007, a poboación mauritana alcanzaba os 3.270.065 de habitantes, mentres a esperanza de vida era tan só de 53,12 anos (estimacións de 2006). Desde un punto de vista étnico, a poboación estaba composta de árabes nun 30% (o termo árabe refírese na súa maior parte a descendentes de bérberes), e un 30% de negros; mentres que eran cualificados como individuos de orixe mixta (árabe-negro) un 40%. O contraste de persoas é unha característica saliente da poboación de Mauritania: baste lembrar que a escravitude foi legalmente abolida aínda en 1981, mais segundo datos de SOS Esclaves en 2007 había 600.000 escravos no país. Recentes leis castigan a pose de escravos .

Un 99,84% dos habitantes profesa a relixión islámica, na súa maior parte baixo a confesión sunnita.

A lingua oficial é o dialecto árabe denominado hassaniya. Ademais o francés está estendido abondo. Son usadas tamén diversas linguas africanas, especialmente o wolof, pular e soninke. Aínda que faltan datos máis precisos, sobreviven aínda falantes dunha variante bérber, o zenaga, que presenta numerosas peculiaridades a respecto doutros falares bérberes.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura da Mauritania.