Educación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Educación (do latín educare, "guiar", e educere, "extraer") pode definirse como:

  • Proceso bidireccional polo que se transmiten coñecementos, valores, xeitos e formas de actuar. Prodúcese a través da palabra, a imaxe etc., estando presente en todas as accións, sentimentos e actitudes humanas, e sendo a imitación moitas veces un fenomenal instrumento educativo.
  • Proceso de inculcación e asimilación cultural, moral e de conduta. Así, a través da educación, as novas xeracións asimilan e aprenden os coñecementos, normas de conduta, xeitos de ser e formas de ver o mundo de xeracións anteriores, creando ademais outros novos.
  • Proceso de socialización dos individuos dunha sociedade.

Tamén se chama educación ó resultado deste proceso, que se materializa na serie de habilidades, coñecementos, actitudes e valores adquiridos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Botóns Portal galego de educación.
  • Educa.gl O día a día da educación en Galicia.