Comunismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Política
Poderes
Executivo | Lexislativo | Xudicial
Formas de goberno
Monarquía | República | Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Conceptos
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Procesos
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
División administrativa
Cantón | Comunidade autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Cargos e postos
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Disciplinas
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía política | Historia política | Metapolítica | Política internacional | Teoría política | Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Actitudes
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neoimperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposición | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidismo | Bipartidismo | Unipartidismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

Aínda que comunmente asociado co marxismo (as máis das veces na súa interpretación leninista) o termo comunismo é moito mais antigo e coñeceu diversos significados. Na primeira metade do século XVIII, os socialistas utópicos (principalmente os seguidores de Robert Owen e Charles Fourier) fundaron comunidades onde a propriedade era común.

Robert Owen falou por primeira vez de comunismo en 1827, referíndose a socialistas e comunistas. Segundo el, estes consideraban o capital común máis benéfico có capital privado. As palabras socialismo e comunismo foron empregadas como sinónimos durante todo o século XIX. A definición do termo comunismo é dada despois da Revolución rusa, no inicio do século XX, pois Vladimir Lenin entendía que o termo socialismo xa estaba desgastado e deturpado. Segundo a súa teoría, o comunismo só sería atinxido despois dunha fase de transición polo socialismo.

O concepto de comunismo pode ser entendido de varios xeitos, que cambiaron e se diversificaron ao longo da historia:

  • É unha concepción do mundo baseado nos traballos de Karl Marx e Friedrich Engels. Utiliza a análise histórica das transicións nas sociedades humanas, para postular a transición da actual sociedade capitalista cara a outra socialista, e eventualmente cara a outra comunista, e o seu principal obxectivo é o establecemento dunha sociedade sen clases.
  • Á sociedade produto destas transicións tamén se lle chama comunismo.
  • Ao Movemento político derivado da ideoloxía comunista chámaselle comunismo, e xurdiu desde mediados do século XIX e fíxose importante desde principios do século XX.
  • Durante a Guerra Fría, e a raíz dela, empezouse a chamar erroneamente comunista a aquela persoa que vivise nalgún dos países socialistas baixo a influencia da URSS, e se lle deu a estes países a denominación de comunistas malia ser unicamente socialistas.
  • Existen doutrinas teóricas non marxistas erroneamente denominadas comunistas.

É a partir da publicación do Manifesto comunista por Marx e Engels que o termo tomou o seu significado actual:

Doutrina político-económica que se basea na máxima de "de cada un segundo a súa capacidade, a cada un segundo as súas necesidades". O comunismo defende unha sociedade sen clases e sen Estado, á que se chegará mediante unha etapa de estado socialista.

Bases ideolóxicas[editar | editar a fonte]

A fouce e o martelo, símbolos comunistas

A teoría que dá base á construción do comunismo ten como punto de partida a análise feita por Marx da sociedade capitalista. Segundo el, a propiedade privada dos medios de produción, característica fundamental do capitalismo, só existe coa apropiación da plusvalía pola clase dominante, ou sexa, a explotación do home polo home é fundamental ao capitalismo.

O comunismo defende a conquista do poder polo proletariado (clase traballadora), a abolición da propiedade privada dos medios de produción, e polo tanto a desaparición das clases como categorías socioeconómicas, o cal, finalmente, conlevaría a extinción do Estado como ferramenta que materializa o poder de dominación dunha clase sobre outra.

Para chegar a tal sociedade, Marx propón unha fase de transición (o socialismo), coa toma do poder polo proletariado (ditadura do proletariado) para abolir a propiedade privada dos medios de produción e a consecuente orientación da economía de forma planeada co obxectivo de suprir todas as necesidades da sociedade e os seus individuos. Marx entende que, coas necesidades supridas, deixan de existir as clases sociais e, polo tanto, non existe a necesidade do Estado.

Os teóricos máis importantes do comunismo foron, no século XIX, Karl Marx e Friedrich Engels, e no século XX, Vladimir Illich Ulianov "Lenin" Iósif "Stalin" e Mao Tse Tung.

No século XX foron moitos os Estados do mundo que decidiron tomar a vía socialista como camiño cara ao comunismo, sendo o primeiro estado socialista do mundo a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), nada da Revolución de Outubro de 1917, guiada nos seus primeiros anos por Lenin, á cal lle seguiron outros, coma China; e outros nos que se realizou un intento de socialismo, coma Vietnam, Cuba, Laos, Sri Lanka, Corea do Norte e a extinta Rep. Pop. do Iemen. Paulatinamente, debido á loita ideolóxica e política que tivo lugar no seo dos seus respectivos Partidos Comunistas (e a posterior "victoria" da liña capitalista) todos estes Estados foron cambiando o seu modelo socioeconómico polo capitalismo, polo que hoxe en día non existe ningún Estado socialista (a pesar de que dende a óptica burguesa, como se pode albiscar en estruturas coma os medios de comunicación ou a educación, se continúa considerando socialistas a Estados como Cuba ou Corea do Norte).

Despois da Revolución Proletaria, instáurase un Estado socialista, que ten como forma de dominación de clase a ditadura do proletariado, na que o proletariado, por medio do Estado, exerce unha ditadura (é dicir, posúe o poder) sobre a burguesía e as demais "fraccións de clase" (a pequena burguesía, a aristocracia obreira etc.). Ao contrario disto sucedía no capitalismo, no que a burguesía exercía unha ditadura sobre o proletatiado. Polo tanto, no capitalismo habería democracia para a burguesía e no socialismo para o proletariado. No socialismo, os medios de produción pertencen ao proletariado, ao contrario do que encontrabamos no capitalismo.

En todo Estado socialista, mentres existan as clases, ten que haber un Partido Comunista. Ao contrario do que se adoita pensar, o PC non é "unha organización independente do pobo", senón que é a cristalización da relación entre os comunistas e o resto do pobo; é unha relación social. No momento no que non existan as clases, o PC deixará de ser necesario. No socialismo, por tanto, aínda existen as clases. Pero o obxectivo de este é facer que desaparezan, é alcanzar a sociedade sen clases, a sociedade libre de toda explotación e toda opresión, o comunismo.

A sociedade comunista ten a súa base na propiedade común (isto é, de toda a sociedade) dos bens de produción e segue o principio que Marx plantexou como aforismo: "De cada cal segundo as súas capacidades, a cada cal, segundo as súas necesidades". É dicir, cada persoa, individualmente, aportará o que lle sexa posible, o que lle permitan as súas capacidades; e cada persoa, individualmente, apropiarase dos bens producidos en función do que necesite, das súas necesidades.

O comunismo defínese como superación histórica do capitalismo, e apóiase filosófica e cientificamente no materialismo dialéctico e no materialismo histórico, guías filosóficas do coñecemento elevadas a rango de ciencia por Karl Marx e Friedrich Engels. Sen embargo, non podemos considerar o materialismo dialéctico como unha ciencia, senón máis ven como unha cosmovisión ("weltanschauung" en alemán), como unha concepción que abarca todo e nos permite coñecer a realidade.

Adoptou a bandeira vermella cunha fouce e un martelo cruzados (símbolo da unión da clase obreira e o campesiñado), e dende a súa orixe tivo carácter internacionalista.

O Manifesto Comunista[editar | editar a fonte]

Manifesto Comunista
Vexa o artigo principal: Manifesto do Partido Comunista
Unha pantasma percorre Europa, a pantasma do comunismo
Karl Marx e Friedrich Engels, "O manifesto do partido comunista"

Así comezaban en 1848 Karl Marx e Friedrich Engels o Manifesto do Partido Comunista. Este documento sentou as bases da teoría marxista ou marxismo e aportou unha identidade e un ideario básico ao comunismo.

Teorías e correntes do Comunismo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do Comunismo.

Utópicos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Socialismo utópico.

As ideas comunistas desenvolvéronse a partir dos escritos dos chamados socialistas utópicos, como Robert Owen, Charles Fourier e Saint-Simon.

Robert Owen foi o primeiro autor en considerar que o valor dunha mercadoría debe ser medido polo traballo a ela incorporado, e non polo valor en diñeiro que lle é atribuído. Charles Fourier foi o primeiro en defender a abolición do capitalismo e s súa substitución por unha sociedade baseada no comunismo. E o conde de Saint-Simon defendeu que a nova sociedade debería ser planeada para atender o benestar dos pobres. Todos estes autores, entretanto, propuñan a mudanza social a través da creación de comunidades rurais autosuficientes por voluntarios. Estes autores non consideraron que a sociedade estaría dividida en clases sociais con intereses antagónicos.

O socialismo científico[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Marxismo.

Karl Marx foi o responsable da análise económica e histórica máis detallada da evolución das relacións económicas entre as clases sociais. Marx procurou demostrar a dinámica económica que levou a sociedade, partindo do comunismo primitivo, até a concentración cada vez máis acentuada do capital e o aparición da clase obreira. Esta, ao mesmo tempo sería filla do capitalismo, e a fonte de súa futura ruína. Marx se diferenciou dos seus precursores por explicar a evolución da sociedade en termos puramente económicos, e referirse á acumulación do capital a través da plusvalía de forma máis clara que seus antecesores.

Marx consideraba, ao contrario que moitos dos seus contemporáneos e de moitos críticos actuais, o comunismo un "movemento real" e non un "ideal" ou "modelo de sociedade" producido por intelectuais. Este movemento real, para Marx, manifestábase no movemento obreiro. Inicialmente el propuxo que a clase obreira fixese un proceso de estatización dos medios de produción ao derrubar o poder da burguesía, para despois suprimir totalmente o Estado. Após a experiencia da Comuna de París, el revisa esta posición e pasa a defender a abolición do Estado e o "autogoberno dos produtores asociados". No entanto, tamén diferentemente dos outros autores, Marx acreditaba que a sociedade era rexida por leis económicas que eran alleas á vontade humana. Para el, tanto as mudanzas pasadas, como a Revolución socialista que poría fin ao capitalismo, eran necesidades históricas que fatalmente acontecerían.

Libertarios[editar | editar a fonte]

Bakunin.
Artigo principal: Comunismo libertario.

En 1840, Pierre-Joseph Proudhon publica seu libro Que é a Propriedade?, onde, baseándose en informacións históricas, xurídicas e económicas, procura demostrar que toda a propiedade ten na súa raíz un acto de roubo. Proudhon ataca o concepto de renda, o cal comprende como o dereito de esixir algo a troco de nada. E por primeira vez, identifica unha parcela da poboación como produtores de riqueza (os traballadores) e outra como os usurpadores desa riqueza (os propietarios). Conclúe que a propriedade é imposible, e só pode existir como unha ficción xurídica imposta pola forza, a través do Estado. Proudhon conclúe que os cidadáns só estarán libres da imposición da propriedade nunha sociedade onde o Estado non exista, e se declara anarquista.

Diferente dos seus precursores[1], Proudhon desprezou a relixión e procurou basear a súa análise económica só en feitos e lóxica. Acredita que a mudanza a través da violencia representaría tan só unha mudanza de goberno, sen modificar as relacións sociais. Estas, por tanto terían que ser reformadas gradualmente, polos propios cidadáns. Alén diso, identificou parte do mecanismo polo cal as contradicións do capitalismo se intensificaban. En Sistema de Contradicións Económicas ou Filosofía da Miseria (1846), Proudhon afirma que despois de ter provocado o consumo de mercadorías pola abundancia de produtos, a sociedade estimula a escaseza polo baixo nivel dos salarios, unha idea que se popularizaría co nome de "crise de superprodución-subconsumo".

Após ter trabado contacto con Proudhon e descrito a súa obra de forma lisonxeira en A Sagrada Familia (1845), Marx pasa a criticalo en Miseria da Filosofía (1847). O embate se intensifica na AIT contra Bakunin, outro anarquista, e leva á asociación á súa fin. O principal punto de discordancia era que, para Proudhon e Bakunin, a Revolución só sería posible coa abolición inmediata do Estado. Xa Marx acreditaba que o Estado podería ser instrumental no proceso revolucionario. Os anarquistas tamén rexeitaban a autoridade, e Marx non. Após a fin da AIT, os adeptos de Proudhon e Bakunin pasan a se chamar comunistas libertarios para se diferenciar dos marxistas, que permanecen usando a denominación de comunistas. A partir daí, esas dúas correntes do comunismo afástanse e seguiron traxectorias independentes.

Pos-marxismo[editar | editar a fonte]

Revisionismo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Socialdemocracia.

O movemento comunista, a partir do comezo do século XX, pasou a se dividir en diversas correntes. Inicialmente, o surximento do chamado revisionismo, tamén chamado reformismo, proposto por Bernstein, que consideraba que o aburguesamento da clase obreira tornaba nula a posibilidade dunha revolución socialista e que o socialismo debería adaptarse a esta realidade loitando non polo socialismo, senón pola reforma do capitalismo en bases puramente éticas. Inicialmente rexeitada polo movemento socialista, que entón recibía o nome xeral de socialdemocracia, o reformismo acabou consolidándose como práctica política xeral dos partidos socialistas de masas despois da Primeira Guerra Mundial, cando o asentimento dos partidos socialistas de Alemaña, Francia e Italia en votar a favor dos créditos de guerra nos seus parlamentos revelou a súa aceptación xeral da legalidade burguesa e a súa recusa do "derrotismo revolucionario" (isto é, a busca da revolución socialista mesmo en detrimento dos intereses do Estado Nacional) practicada polos bolxeviques de Lenin.

Marxismo-leninismo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Leninismo.

Na esteira da Revolución Rusa, crearase unha división entre a Extrema Esquerda do movemento socialista, liderada por Lenin, que promovería o retorno da expresión "comunismo", adoptada por Marx para definirse a si mesma, distinguíndose das correntes socialistas reformistas, que retiveron o nome de socialdemocracia. A concepción bolxevique ou leninista (nas súas diversas correntes) que comprendía que o comunismo fose precedido por un período de transición chamado socialismo, no cal habería a estatización dos medios de produción, permanecería existindo a lei do valor e o uso do diñeiro, entre outras características do capitalismo. Este período de transición desembocaría, polo menos teoricamente, na extinción gradual do Estado e das demais características do capitalismo, constituíndo así o comunismo. As obras que desenvolven esta tese son os escritos de Lenin após a revolución rusa, o libro de Iosif Stalin "Problemas Económicos na Unión Soviética" e en varios escritos posteriores dos seguidores desta corrente, tanto en Rusia como no resto do mundo.

Consellismo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Comunismo de consellos.

Os comunistas, no entanto, víronse diante dunha nova división: por un lado, os comunistas de partido - os adeptos das teses de Lenin de que o partido de vangarda sería un instrumento necesario para a revolución comunista - e, por, outro, os comunistas de consellos, que consideraban os consellos obreiros ou "sovietes" como a forma de organización revolucionaria dos traballadores. A concepción consellista, retomaba a Marx e concibía o comunismo como un modo de produción que substituía o capitalismo, abolindo o Estado, a lei do valor etc., inmediatamente, a través da autoxestión dos consellos obreiros. Aí, esta corrente cuestionaba a idea dun período de transición, colocándoo como contra-revolucionario e produto dun proxecto semi-burgués no interior do movemento obreiro. As principais obras que expresan este punto de vista son: "Principios Fundamentais do Modo de Produción e Distribución Comunista", do Grupo Comunista Internacionalista de Holanda e "Os Consellos Obreiros" de Anton Pannekoek, e varias obras posteriores que desenvolveron estas teses até os días de hoxe, asumindo o nome contemporáneo de autoxestión.

Escisións posteriores[editar | editar a fonte]

Esta división viría seguida por varias outras divisións, principalmente dentro da corrente hexemónica, o marxismo-leninismo, o que deu lugar a diversas tendencias, algunhas continuadoras do legado marxista, como o maoísmo, e outras que negaban o marxismo con teorías capitalistas, como o trotskismo ou o hoxhismo, entre outras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Precursores de Proudhon: Max Stirner, William Godwin, entre outros.
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Comunismo
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de comunismo
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Comunismo