Fai a túa doazón agora

Un chamamento do fundador da Wikipedia, Jimmy Wales.

A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada e dá servizo a 500 millóns de persoas diferentes cada mes: miles de millóns de visitas.

Os negocios están ben. A publicidade non é mala. Pero iso non ten cabida aquí. Non na Wikipedia.

A Wikipedia é algo especial. É como unha biblioteca ou un parque público. É como un templo para a mente. É o lugar ao que todos podemos ir para pensar, aprender e compartir os nosos coñecementos cos demais.

Cando fundei a Wikipedia, puiden crear unha empresa comercial con cadros publicitarios, pero decidín facer algo diferente. Traballamos arreo durante estes anos para mantérmonos fiables e rigorosos. Centrámonos na nosa misión e deixamos o resto aos outros.

Se todas as persoas que len isto doasen $5, a recadación só duraría un día. Pero non todos poden ou van doar. Iso está ben. Cada ano, a cantidade suficiente de xente decide doar.

Este ano, considera facer unha doazón de $5, $20, $50 ou aquela cantidade que ti poidas para protexer e manter a Wikipedia.

Grazas,

Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia

Ao realizar unha doazón, aceptas compartir a túa información persoal coa Fundación Wikimedia, a organización sen fins de lucro que aloxa a Wikipedia e outros proxectos, e cos seus provedores de servizos conforme á nosa política de protección de datos dos doantes. A Fundación Wikimedia e os seus provedores de servizos están localizados nos Estados Unidos de América e outros países cuxas leis de protección de datos poden non ser equivalentes ás do teu. Non vendemos nin comerciamos coa túa información. Se queres obter máis información le a nosa política de protección de datos dos doantes.