Mongolia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mongolia
Монгол улс
Mongol uls
Monggol ulus.svg
Mongγol ulus
Bandeira de Mongolia Escudo de Mongolia
Bandeira Escudo
Himno nacional: "Монгол улсын төрийн дуулал"
Himno nacional de Mongolia
 
Mongolia (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Ulán Bátor
1.318.100
Cidade máis poboada Ulán Bátor
Linguas oficiais
Mongol
Forma de goberno República
Tsakhiagiin Elbegdorj
Norovyn Altankhuyag
Fundación
 • Imperio mongol
 • Independencia da Dinastía Quing
Formado en 1206
11 de xullo de 1921
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 19º
1.564.115,75 km²
0,43%
8.220 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 140º
2.921.287 (2013 est.)
1,84 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 148º
6.016 mill. de US$
2.322 US$
IDH n/d
Moeda Tugrik (MN$, MNT)
Xentilicio Mongol
Fuso horario
 • en verán
UTC +7
UTC +8
Dominio de Internet .mn
Prefixo telefónico +976
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 496 / MNG / MN
Membro de: ONU
Tódolos países do mundo
Este artigo amosa escritos mongois. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

A República de Mongolia é un país de Asia, encravado entre Rusia e mais China. A súa capital é Ulán Bátor (Ulaanbaatar), a lingua oficial é o khalkha e a moeda o tugrik. Posúe unha extensión de 1.565.000 km² e unha poboación estimada no 2006 de 2.832.224 habitantes. Fai parte da rexión de Mongolia.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XIII, Xenxis Khan unifica as tribos mongois e crea un imperio, obra seguida polos seus sucesores Ögödei, Güyük, Mönkh e Khubilai. Este imperio comeza a recuar no 1386, coa perda da China. No século XV, baixo o reino de Altan Khan, os Mongois convértense ao budismo tibetano. Un século máis tarde, caen baixo a dominación dos Manchús, que conquistan tamén China. O seu país foi transformado en dúas provincias chinesas, a Mongolia interior e a Mongolia exterior. A independencia de Mongolia exterior foi declarada no 1921 á calor dunha revolución liderada por Sukhbaatar; mais tivo goberno independente ata 1924, cando se declarou a República popular mongol co sostén da URSS.

Durante a Segunda Guerra Mundial, os aliados soviéticos defenden Mongolia fronte ao Xapón. O 20 de outubro de 1945, por referendo, os mongois votan pola independencia de China (97,8 % de si; 98,4 % de participación).

A República popular mongol foi recoñecida á vez pola República de China e maila República Popular China. O país achégase porén aos soviéticos no 1958 e ten numerosas bases soviéticas durante a Guerra fría. Mongolia entra na ONU no 1961.

En 1990, o partido comunista relaxa o seu control sobre o goberno. No 1992, a República Popular é substituída por un estado mixto, entre sistema parlamentario e sistema presidencial.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A máis grande parte do país está constituída por estepas. Porén, o Deserto do Gobi recobre unha parte do sur do país, mentres que ao norte e ao oeste, atópanse as rexións montañosas de bosques frondosos.

O clima presenta unha acusada oscilación térmica estacional, con moita calor en verán e extremadamente frío no inverno, con temperaturas baixando ata os -30 °C.

Política[editar | editar a fonte]

O partido dominante en Mongolia é o Partido revolucionario do pobo mongol formado polos antigos comunistas mongois despois da Guerra fría. O principal partido de oposición é o Partido democrático que controlou unha coalición no poder entre o 1996 e 2000. Esta coalición non logrou nin manter a súa cohesión, nin arranxar os problemas económicos do país, polo que foi moi fortemente sancionada polos electores no 2000, que deron a vitoria ao PRPM cunha esmagante maioría. Durante as eleccións lexislativas do 2004, o PRPM e o Partido democrático obtiveron un número igual de cadeiras. A fin de que o desenvolvemento da Mongolia non sexa trabado por crises políticas, decidiron elaborar un programa común e formar un goberno de unión nacional.

Este estado ten un executivo bicéfalo, á cabeza do Estado hai un Presidente elixido e á cabeza do goberno un Primeiro ministro. O Parlamento chámase o Gran Hural, unha cámara composta de 76 asentos.

Nas eleccións de 22 de maio de 2005, o antigo Primeiro ministro Nambaryn Enkhbayar, candidato do PRPM, foi elixido presidente de República co 53,4 % dos sufraxios. O seu principal adversario, Mandsaikhanin Enkhsaikhan, candidato do Partido demócrata, obtivo o 20 %. Enkhbayar comezou o seu mandato á fin do mes de xuño do 2005 e substitúe ao presidente Natsagiyn Bagabandi, tamén do PRPM.

División territorial[editar | editar a fonte]

Mapa de Mongolia por provincias.
Artigo principal: Provincias de Mongolia.

Mongolia está dividida en 21 provincias (aimags), que son á súa vez divididas en 329 distritos (sumas).[1] A capital, Ulaanbaatar non pertence a ningunha provincia. As aimags son:

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Linguas[editar | editar a fonte]

A lingua oficial de Mongolia é o mongol, que fala arredor do 95% da poboación. En Mongolia escríbese desde 1946 oficialmente co alfabeto cirílico porén tradicionalmente escribiuse usando o alfabeto mongol como aínda se escribe o mongol na China. En Mongolia intentouse reintroducir en 1994 pero finalmente non se realizou polas dificultades que tiñan amplos sectores da poboación en comprendelo[2], aínda que se introduce devagar no sistema educativo.[3].

Fálanse tamén dialectos doutras linguas mongólicas, no oeste do oirat e no norte do buriato. No oeste fálanse dúas linguas túrquicas, o casaco e o tuvano. A principal lingua da comunidade xorda é a lingua de signos mongol.

O ruso é a lingua estranxeira máis coñecida, foi obrigatorio no ensino secundario ata 1990 e de novo desde 2007, considerándose que Mongolia é o país onde o ruso está máis difundido fóra dos países que formaron parte da Unión Soviética[4]. A segunda lingua estranxeira é o inglés, que gradualmente ve aumentar a súa difusión. O coreano gañou popularidade polos milleiros de emigrantes en Corea do Sur.[5]

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Mongolia.

A economía mongol está esencialmente centrada no petróleo, o carbón e o cobre. Atopase tamén un débil tecido de pequenas industrias do molibdeno, do tungsteno, e minas de fosfato. Despois de anos de economía de estado, o país ten encamiñado unha difícil transición cara a o economía de mercado. A maior parte das empresas sitúanse na cidade: fóra delas, a maior parte dos Mongois son nómades.

Mongolia entrou na Organización Mundial do Comercio no 1997. Exporta cachemir e dá alimentos a Rusia, a China, ao Xapón e a outros países.

Cultura[editar | editar a fonte]

O canto difónico é propio da zona. Require do cantor que xere dúas notas á vez, unha máis alta ca outra.

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]

Mapa.  
Imaxe satélite con Mongolia cuberta de neve.  
Imaxe satélite.  
Diagrama climático de Ulán Bátor.  

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Givaandondogiin Purevsambuu (2006). Mongolia. Montsame News Agency. p. 46. ISBN 978-99929-0-627-9. 
  2. Ulrich Ammon, Norbert Dittmar, Klaus J. Mattheier, Peter Trudgill (2006). Walter de Gruyter & Co., ed. Sociolinguistics/Soziolinguistik: An Internationdkznal Handbook of the Science of Language and Society. Berlín. ISBN 978-3-11-018418-1. 
  3. «Mongolia: Essential information». guardian.co.uk (Londres). 22 de novembro de 2006. Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  4. NEWSru, ed. (15 de marzo de 2007). «В школах Монголии вводят русский язык как обязательный». Arquivado dende o orixinal o 2011-08-22. Consultado o 12 de marzo de 2010. 
  5. Han, Jae-hyuck (2006-05-05). Office of the President, Republic of Korea, ed. «Today in Mongolia: Everyone can speak a few words of Korean». Consultado o 2007-08-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mongolia