Indonesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Republik Indonesia

República de Indonesia
Bandeira de Indonesia Emblema de Indonesia
Bandeira Emblema
Lema: Bhinneka Tunggal Ika
(Xavanés: Unidade na diversidade)
Himno nacional: Indonesia Raya
 
Indonesia (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Iacarta
10 187 595
Cidade máis poboada Iacarta
Linguas oficiais
Indonesio
Forma de goberno República unitaria
Joko Widodo
Jusuf Kalla
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
dos Países Baixos
17 de agosto de 1945
27 de decembro de 1949
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 15º
1 904 569 km²
4,85
2.830 km
54.716 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 4º
237 424 363 (2011)
124,66 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total ([[2012]])
 • PIB per cápita
Posto 16º
US$ 878.198 millóns
US$ 3.592
PIB (PPA)
 • Total ([[2012]])
 • PIB per cápita
Posto 15º
US$ 1 208 000 millóns
US$ 4.977
IDH (2012) 0,629 (121º) – Medio
Moeda Rupiah (Rp, IDR)
Xentilicio Indonesio, indonesia
Fuso horario Varios (de UTC+7 a UTC+9)
Dominio de Internet .id
Prefixo telefónico +62
Prefixo radiofónico JZA-JZZ, PKA-POZ
Código ISO ID / IDN / 360
Membro de: ONU, APEC, ASEAN
Tódolos países do mundo

Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular do sueste asiático, ocupando boa parte do territorio do máis grande arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa da Nova Guinea, posuíndo un total dun 237 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis grande do mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.

Pese a ser un arquipélago, ten fronteiras terrestres con Malaisia na illa de Borneo, con Timor Leste na illa de Timor, e con Papúa Nova Guinea, na illa de Nova Guinea. O país está bañado polos océanos Pacífico e Índico. Algunhas das illas do arquipélago son Xava (a máis densamente poboada), Borneo, Sumatra, Célebes, Timor ou Nova Guinea.

O arquipélago indonesio ten sido unha rexión importante para o comercio dende o século VII, dende que o reino de Srivijaya comezou a comerciar coa China e coa India. Gradualmente, os gobernantes locais adoptaron a cultura, relixión e o modelo político dos indios, e no século I d. C. apareceron varios reinos hindús e budistas na rexión. A historia indonesia foi influenciada polas potencias foráneas que buscaron explotar os seus recursos naturais. Despois de que os comerciantes musulmáns introduciran o Islam, e durante a era dos descubrimentos, as potencias europeas comezaron a disputarse o monopolio do comercio de especias nas Molucas. Tras tres séculos e medio de colonialismo neerlandés, Indonesia obtivo a súa independencia pouco despois da Segunda Guerra Mundial.

Dende aquela a historia de Indonesia foi turbulenta, enfrontándose a desastres naturais, corrupcións, o separatismo, o proceso de democratización e períodos de cambios económicos. A traveso das súas numerosas illas, o pobo indonesio está conformado por distintos grupos étnicos, lingüísticos e relixiosos. Os xavaneses son o grupo étnico máis grande e politicamente o dominante. Indonesia desenvolveu unha identidade compartida definida por un idioma nacional, pola diversidade étnica, o pluralismo relixioso dentro dunha poboación de maioría musulmá e unha historia de colonialismo constante e a súa loita contra el. O lema nacional de Indonesia, "Bhinneka Tunggal Ika" ("Unidade na diversidade"), articula a diversidade que conforma á nación. Non obstante, as tensións sectarias e o separatismo conduciron a violentos enfrontamentos que minaron a estabilidade política e económica do país. A pesar da súa gran poboación e as rexións densamente poboadas, en Indonesia atópanse vastas terras inhabitadas que o fan un dos países do mundo con maior biodiversidade, integrándose á lista dos países megadiversos.[1]

Pese a ter moitos recursos naturais, a pobreza é unha característica que define á Indonesia contemporánea.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A verba "Indonesia" deriva dp latín Indus, que significa "India" e do grego νῆσος nesos, que significa "illa".[2] O nome data do século XVIII, precedendo á formación da Indonesia independente.[3] En 1850, George Earl, un etnólogo inglés, propuxo os termos Indunesians, ou tamén Malayunesians, para referirse aos habitantes do "arquipélago indio" ou do "arquipélago malaio".[4] Na mesma publicación, un estudante de Earls, James Richardson Logan, utiliza a palabra "Indonesia" como sinónimo para "arquipélago indio".[5][6] Mais os académicos neerlandeses que escribían publicacións nas Indias Orientais non utilizaban a verba "Indonesia", utilizaron termos como Maleische Archipel ("Arquipélago Malaio"); Nederlandsch Oost Indië (Indias Orientais Neerlandesas); de Oost (o Leste); ou incluso Insulinde.[7][8]

Desde 1900, o nome "Indonesia" tornouse máis común nos círculos académicos de fóra dos Países Baixos, e grupos nacionalistas indonesios adoptárono para a súa expresión política. Adolf Bastian, da Universidade de Berlín, popularizou o nome a través do seu libro Indonesien oder die Islas des Malayischen Archipels, 1884–1894. O primeiro erudito indonesio en utilizar o nome foi Suwardi Suryaningrat (Ki Hajar Dewantara), cando en 1913 estableceu unha imprenta nos Países Baixos co nome Indonesisch Pers-mesa'.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Provincias de Indonesia.
Provincias de Indonesia.

Indonesia está dividida en 33 provincias e distritos: Aceh, Bali, Bantam, Bangka-Belitung, Bengkulu, Célebes Central, Célebes Setentrional, Célebes Meridional, Célebes Suroriental, Celebes Occidental, Iacarta, Gorontalo, Jambi, Yogyakarta, Xava Central, Xava Oriental, Xava Occidental, Kalimantan Central, Kalimantan Oriental, Kalimantan Meridional, Kalimantan Occidental, Lampung, Maluku (ou Molucas), Maluku Setentrional, Nusatenggara Oriental, Nusatenggara Occidental, Riau, Riau arquipélago, Sumatra Setentrional, Sumatra Meridional, Sumatra Occidental, a provincia de Papúa, Papúa Occidental e Timor Occidental .

Cinco das provincias teñen un carácter especial e cada provincia ten a súa propia lexislatura e gobernador. As provincias subdivídense en rexencias (kabupaten) e cidades (kota), que á súa vez se subdividen en subdistritos (kecamatan) e pobos (desa ou kelurahan). Trala implementación de medidas de autonomía rexional en 2001, as rexencias e as cidades convertéronse nas unidades administrativas claves, responsables de proporcionar a maioría dos servizos gobernamentais.



Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Indonesia

Con 1 919 440 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 120,5 hab/km² sitúao no 98 no mundo.

As 18.108 illas de Indonesia, das cales unhas 6.000 están habitadas, están esparexidas cerca do ecuador, dándolle ao país un clima tropical. As illas máis poboadas son Xava, Sumatra, Borneo (compartida con Malaisia e Brunei) e Célebes. Indonesia fai fronteira con Malaisia na illa de Borneo (indonesio: Kalimantan), Papua Nova Guinea na illa de Nova Guinea e Timor Oriental na illa de Timor. Ademais da capital Iacarta, as cidades principais inclúen Surabaya, Bandung, Medan, Palembang e Semarang.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Indonesia.

Indonesia sufriu de grandes problemas económicos a finais dos anos noventa, pero a economía reestabilizouse recentemente.

O país conta con extensos recursos naturais como petróleo, gas natural, cobre e ouro. A súa agricultura produce principalmente arroz, , café, especias e goma. Tamén son moi importantes as madeiras tropicais, das que Indonesia é un gran produtor e exportador. Desgraciadamente, gran parte da talla non está controlada, coas consecuencias que iso carrexa.

A industria de bens de consumo é tamén moi importante, producindo a gran escala produtos para exportación. Destacan o sector téxtil e o da electrónica.

Os maiores socios comerciais de Indonesia son Xapón, os Estados Unidos e nacións veciñas como Singapur, Malaisia e Australia.

Demografía[editar | editar a fonte]

No ano 2007, Indonesia tiña unha poboación de 245 452 739 habitantes. A esperanza de vida é de 70 anos. O 87,9% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 2,38.

As dúas cidades máis grandes de Indonesia están en Xava: Iacarta, cunha poboación de 8 222 515 habitantes (censo de 1990), é a capital e o principal centro comercial. Outras cidades importantes de Xava son Surabaya (2 473 272 hab.), Bandung (2 056 915) e Semarang (1 249 230).

En Sumatra, atópase a cidade de Medan, a capital da provincia de Sumatra setentrional, cunha poboación (1990) de 1 730 052 habitantes, e Palembang, no sur, con 1 140 918 habitantes. Ujung Pandang (antiga Makasar), en Célebes, conta con 944.372 habitantes e Banjarmasin, en Borneo, con 480.737 habitantes.

A illa de Xava cun área de soamente 132.000 km², está habitada por 114 millóns de persoas o cal representa unha densidade de poboación de 864 persoas por quilómetro cadrado e convértea nun dos lugares máis densamente poboados do mundo. Se Xava fose un país independente, sería o segundo país máis denso do mundo, logo de Bangladesh.

Cultura[editar | editar a fonte]

Korwar de Irian Jaya

A cultura de Indonesia resultou da longa interacción entre as formas culturais indíxenas e as influencias estranxeiras. Indonesia localízase no centro do antigas rutas comerciais entre Extremo Oriente, Asia Meridional e o Oriente Medio, o que resultou en que moitas das prácticas culturais foran fortemente influenciadas por múltiples relixións, hinduísmo, budismo, confucianismo, Islam e cristianismo. O resultado é unha complexa mestura moi diferente das culturas indíxenas orixinais. Así danzas xavanesas conteñen aspectos da cultura e mitoloxía hinduísta.

Tamén son coñecidos os espectáculos de teatro de sombras wayang kulit de Xava, onde se representan diversos eventos mitolóxicos.

Relixión[editar | editar a fonte]

Aproximadamente un 80% da poboación indonesia profesa a relixión islámica, o que converte a Indonesia na maior nación musulmá do mundo. O 20% restante divídese entre católicos, protestantes, budistas e hinduístas. En números marxinais, sobre todo en zonas remotas de Borneo e a Papúa Indonesia, existen crenzas animistas.

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Publicado por "Like Minded Megadiverse Countries" (LMMC) (ed.). «Member Countries» (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 
  2. Tomascik, T.; Mah, J.A., Nontji, A., Moosa, M.K. (1996). Periplus Editions Ltd., ed. The Ecology of the Indonesian Seas. Volume 1. Hong Kong. ISBN 962-593-078-7. 
  3. Irfan Anshory (2004). «Asal Usut Nama Indonesia». Rikiran Rakyat.com (en indonesio). Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2008. Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 
  4. Earl, George S. W. (1850). «On The Leading Characteristics of the Papuan, Australian and Malay-Polynesian Nations». Periódico do Arquipélago Indio e Asia Oriental (en inglés) (Indonesia): 119. 
  5. Logan, James Richardson (1850). «The Ethnology of the Indian Archipelago: Embracing Enquiries into the Continental Relations of the Indo-Pacific Islanders». Periódico do Arquipélago Indio e Asia Oriental (en inglés) (Indonesia) 4: 252–347. 
  6. Earl, George S. W. (1850). «On The Leading Characteristics of the Papuan, Australian and Malay-Polynesian Nations». Journal of the Indian Archipelago and Eastern Asia (en inglés): 254, 277–278. 
  7. Este termo foi introducido en 1860 na novela Max Havelaar, escrita por Multatuli, a cal contén varias críticas contra o colonialismo neerlandés.
  8. M. van der Kroef, Justus (1951). «The Term Indonesia: Its Origin and Usage». Periódico da Sociedade Americana Oriental (en inglés) 71 (3): 166–171. doi:10.2307/595186. Consultado o 21/12/2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Indonesia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]