Atentado na sede de Charlie Hebdo
Coordenadas: 48°51′33″N 2°22′13″E / 48.859246°N 2.370258°E
O atentado na sede de Charlie Hebdo ocorreu o 7 de xaneiro de 2015, arredor das 10:30 (UTC). Dous homes encarapuchados e armados con rifles Kalashnikov, unha escopeta e un lanzagranadas entraron na sede do xornal satírico francés Charlie Hebdo en París, que recibira a atención internacional polas súas regulares representacións satíricas de Mahoma.[1][2][3][4][5] O ataque rematou coa morte de 12 persoas, incluíndo o editor Stéphane "Charb" Charbonnier, oito empregados de Charlie Hebdo e dous oficiais da Policía Nacional,[6] mentres 11 persoas resultaron feridas.[7][8][9]
Os homes armados entraron no edificio e comezaron a disparar coas armas automáticas, ó tempo que berraban "Allahu Akbar", en árabe "Deus é grande".[10] Producíronse máis 50 disparos durante o ataque.[11]
Varias persoas foron detidas pola súa conexión co ataque, namentres a captura dos dous principais sospeitosos segue o seu curso.[6] Un terceiro sospeitoso foi identificado pola policía e entregouse el mesmo, non hai cargos contra el.[6] Os asaltantes foron descritos pola policía como "armados e perigosos", e o nivel de ameaza en Illa de Francia e Picardía foi elevado ó máximo posible.[6] O 9 de xaneiro, os asaltantes foron identificados pola policía nunha área industrial de Sena e Marne, onde tomaron un refén.[12] A conexión entre o atentado de Charlie Hebdo e outro ataque en Montrouge por un cuarto sospeitoso foi confirmada. Estoutro asaltante tomou reféns preto de Porte de Vincennes.[13] Forzas da policía foron conducidas até Dammartin e Porte de Vincennes de xeito simultáneo, e conseguiron acabar con tódolos asaltantes. No proceso, algúns reféns foron feridos ou mortos.[14]François Hollande confirmou que catro persoas foron asasinadas no secuestro do supermercado de Vincennes.[15]
Este incidente é o acto de terrorismo máis mortal en Francia dende o tren bomba de Vitry-Le-François en 1961, levado a cabo pola organización paramilitar OAS que se opoñía á independencia de Alxeria, e que se saldou con 28 persoas mortas.[16]
Os traballadores restantes de Charlie Hebdo anunciaron que continuarán coa publicación, imprimíndose a edición da vindeira semana como de costume,[17] pero cunha tirada meirande, con máis dun millón de exemplares.[18] A tirada finalmente chegou ós cinco millóns, despois de ser ampliada.[Cómpre referencia]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ «12 dead in 'terrorist' attack at Paris paper». Yahoo News. 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ Ben Doherty. «Tony Abbott condemns 'barbaric' Charlie Hebdo attack in Paris». the Guardian.
- ↑ Mejia, Paula (7 de xaneiro de 2015). «Four Victims of Charlie Hebdo Attack Identified». newsweek.com. Consultado o 8 de xaneiro de 2015.
- ↑ «BBC News – Charlie Hebdo: Major manhunt for Paris gunmen». BBC News. Consultado o 8 de xaneiro 2015.
- ↑ «Charlie Hebdo attack: Paris police name three suspects in manhunt as Kouachi brothers and surrendered 18-year-old 'accomplice'». The Independent.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Police converge on area north-east of Paris in hunt for Charlie Hebdo killers, The Guardian. Consultado o 8 de xaneiro de 2015.
- ↑ Kim Willsher (7 de xaneiro de 2015). «Satirical French magazine Charlie Hebdo attacked by gunmen». The Guardian. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ «Gun attack on French magazine Charlie Hebdo kills 11». BBC News. 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ «Charlie Hebdo attack: 12 dead in Paris, manhunt on». CNN. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ «Les deux hommes criaient "Allah akbar" en tirant». L'essentiel Online.
- ↑ «Charlie Hebdo attack – latest». BBC News. 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ «Charlie Hebdo: major operation north-east of Paris in hunt for suspects – live updates». The Guardian. 9 de xaneiro de 2015.
- ↑ «EN DIRECT. Porte de Vincennes : 5 personnes retenues en otage dans une épicerie casher». leparisien.fr. 9 de xaneiro de 2015.
- ↑ «EN DIRECT – Les frères Kouachi et le tireur de Montrouge abattus simultanément». Le Figaro.
- ↑ theguardian.com [1]
- ↑ Pech, Marie-Estelle (7 de xaneiro de 2015). «L'attentat le plus meurtrier depuis Vitry-Le-François en 1961». Le Figaro. Consultado o 7 de xaneiro 2015.
- ↑ «Charlie Hebdo will come out next week, despite bloodbath». The Times of India. 8 de xaneiro de 2015.
- ↑ Martinson, Jane; Sweney, Mark (8 de xaneiro de 2015). «Charlie Hebdo staff vow to print 1 m copies as French media support grows». The Guardian. Londres. Consultado o 8 de xaneiro de 2015.