Ano (astronomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Retrato do papa Gregorio XIII, quen estableceu o calendario gregoriano.

Un ano é o espazo de tempo que a Terra tarda en dar unha volta completa arredor do Sol. Tómase como referencia a orientación Sol-Terra en relación con outros corpos celestes distantes.

Características[editar | editar a fonte]

No Calendario gregoriano está dividido en 12 meses, e abrangue 52 semanas (e 1 ou 2 días) nos seus 365 días (ou 366 nos anos bisestos). Realmente, os anos teñen unha duración de 365 días e seis horas aproximadamente. Cada 4 anos realizase un axuste no calendario e adiciónase un día ao ano, sendo que este ano se denomina bisesto. A regra concreta é que un ano é bisesto se é múltiplo de 4, mais non o é se for múltiplo de 100, e tamén é bisesto se é múltiplo de 400.

Tamén se usa o termo para designar o período orbital de calquera planeta. Existen varios tipos de ano, coma por exemplo o tropical ou o sideral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Unidades de tempo
femtosegundo | picosegundo | nanosegundo | microsegundo | milisegundo | segundo
minuto | hora | día | semana | mes | ano | lustro | década | século | milenio | cron | eón