Fisión nuclear

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Fisión nuclear.

Na fisión nuclear, un átomo dun elemento é dividido producindo dous átomos de menores dimensións de elementos diferentes.

A fisión de 1 quilogramo de uranio 235 libera unha media de 2,5 neutróns por cada núcleo dividido. Á súa vez, estes neutróns van causar axiña a fisión de máis átomos, que liberarán máis neutróns e así sucesivamente, iniciando unha auto-sustentada serie de fisións nucleares, á cal que se lle dá o nome de reacción en cadea, que resulta na liberación continua de enerxía.

Cando se calcula a masa total dos produtos da escisión nuclear, verifícase que é menor que a masa orixinal do átomo antes da escisión. A teoría da relatividade de Albert Einstein dá a explicación para esta masa perdida: Einstein demostrou que masa e enerxía son dúas equivalentes. Polo tanto, a masa perdida durante a escisión reaparece baixo a forma de enerxía. Einstein resumía esta equivalencia na famosa ecuación:

E = mc^2\,\!

Onde E é a enerxía, m a masa e c a velocidade da luz. Dado que c é moi grande (300.000 km/s), ocorre igual con E, que é realmente moi grande, mesmo cando se perde unha moi pequena porción da masa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]