Sikhismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

O sikhismo é unha relixión de orixe hindú que se desenvolveu no contexto do conflito entre o hinduísmo e o islam. Os seguidores do sikhismo chámanse sikhs.

O termo sikh significa en punjabi discípulo forte e tenaz. A doutrina básica do sikhismo consiste na crenza dun único deus e as ensinanzas dos Dez Gurús do sikhismo, recollidas no libro sagrado dos sikhs, o Guru Granth Sahib. O sikhismo combina o monoteísmo estrito, de orixe musulmá coas tradicións hindús.

O número de sikhs no mundo estímase nuns 23 millóns, o cal fai do sikhismo a quinta relixión mundial. Uns 19 millóns viven na India, e a maior parte destes no estado de Panyab. Hai comunidades sikhs nos Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Malasia e Singapur.

Khanda, o emblema sikh[editar | editar a fonte]

O Khanda, o símbolo sikh formado por tres armas.

Este símbolo está formado por tres armas, o khanda, situado entre dúas espadas curvas chamadas kirpans e un chakkar, arma con forma de disco. Cada arma ten un significado diferente:

  • Khanda: espada recta que simboliza o coñecemento de Deus.
  • Kirpans: espadas curvas que representan a soberanía política e espiritual.
  • Chakkar: arma en forma de disco que simboliza a unidade de Deus.